Descrición do Reino de Galicia
Descrición do Reino de Galicia | |
---|---|
Autor/a | Licenciado Molina |
Data de pub. | 1550 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.[1]
Temática
[editar | editar a fonte]Trátase dunha descrición exhaustiva do reino, redactada en castelán, onde se fala dos corpos de santos ou reliquias, ríos, poboacións, portos e monumentos que atesoura o reino. Tamén fala das orixes e feitos de armas máis destacados das liñaxes galegas imperantes na época.
É considerado o primeiro libro galego moderno, tanto pola súa temática, unha reivindicación de Galicia levantada nun momento de auxe da galegofobia; como por ser iniciativa dun editor non relixioso, Agustín de Paz[2], nun tempo en que só a igrexa promovía libros.[3]
Estrutura e estilo
[editar | editar a fonte]Está estruturada en cinco partes e presentada en verso e en cadansúa páxina un comentario en prosa que amplía o texto versificado. É importante pola súa antigüidade e por ser un dos primeiros textos en que nesta época se reivindica a defensa e dignidade de Galiza fronte ao desprezo e o proceso de periferización en que se ía inserindo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina web da Editorial Toxosoutos
- ↑ "Agustín de Paz". Real Academia de la Historia. Consultado o 2022-08-30.
- ↑ Barro, Pepe (2018). Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza. Xerais. p. 55-56.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Descrición do Reino de Galicia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. da Real Academia Galega sobre esta obra e a edición dela que figura no seu arquivo.