Saltar ao contido

Deserto de Tabernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaDeserto de Tabernas
Imaxe
Tipodeserto
atracción turística Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Almería, España e Tabernas, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°00′N 2°27′O / 37, -2.45
Características
Altitude413 m Editar o valor en Wikidata
Superficie11.448,49 ha Editar o valor en Wikidata
Medicións
Climacold semi-arid climate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
PremiosTreasure of European Film Culture (en) Traducir (9 de xuño de 2020) Editar o valor en Wikidata
Grajilla, fauna propia.

O deserto de Tabernas é un deserto localizado na provincia de Almería, en Andalucía, España, a uns 30 km ao norte da capital, nos termos municipais de Tabernas, Gádor, Santa Cruz, Alboloduy e Gérgal da provincia de Almería e protexido como Paraxe Natural nunha extensión de 280 km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa situación entre a Serra de los Filabres ao norte e Serra Alhamilla ao sueste a aislan das correntes húmidas do próximo mar Mediterráneo, nunha zona de poucas choivas como é Levante español da Península Ibérica, deixan unhas precipitacións de só 243 mm. Xunto coas altas temperaturas medias ao longo de todo o ano (17 °C) e un dos maiores niveis de horas de sol posibles (3000 h), conforman o clima seco que dá lugar a este verdadeiro deserto. Todas estas características ven, ademais, agravadas polo efecto Foehn.

As poucas choivas adoitan ser torrenciais, co que o pobre chan de margas e areniscas sedimentarias que posúe moi pouca vexetación non consegue reter humidade, senón que ao contrario sofre maior erosión formando as características paisaxes de malpaís.

Os canles secos que de cando en vez teñen torrentes chámanse ramblas en todo o Levante español e no seu interior é onde se adoita refuxiar a escasa vexetación e fauna: cirrio común, Ourizo cacho, grajilla, ganga, roquero solitario, alcaraván, camachuelo trompetero, curuxeira.

O deserto no cine

[editar | editar a fonte]
Decorados para filmes western no deserto.

A época dos Spaghetti Westerns

[editar | editar a fonte]

O deserto de Tabernas, pola súa similitude cos desertos de Norteamérica, foi utilizado desde os anos 50 aos 80 para rodar moitas películas do denominado Spaghetti Western, coproducións hispano-italianas de western, con títulos como Por un puñado de dólares (1964), A morte tiña un prezo (1965) ou O bo, o feo e o malo (1966), con directores como Sergio Leone, músicas de Ennio Morricone e actores como Clint Eastwood.

No cine actual

[editar | editar a fonte]

Máis recentemente ten sido escenario de filmes como 800 Balas (2002) de Álex de la Iglesia ou Exodus (2013) de Ridley Scott. Tamén se rodaron aquí escenas de series como Game of Thrones ou Black Mirror.[1]

  1. "Los escenarios almerienses de ‘Juego de Tronos’". Disfruta Almería (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]