Saltar ao contido

Desfiladeiro dos Gaitanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaDesfiladeiro dos Gaitanes
Imaxe
TipoLugar de importancia comunitaria
espazo natural protexido
paraxe natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAndalucía, España e Provincia de Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°54′57″N 4°46′21″O / 36.9158, -4.7725
Características
Superficie2.179,63778 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 20939 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1989 Editar o valor en Wikidata
Desfiladeiro dos Gaitanes.

O desfiladeiro dos Gaitanes é un canón escavado polo río Guadalhorce na provincia de Málaga, en Andalucía, entre os termos municipais de Ardales, Antequera e Álora. Ten acceso desde o norte polos encoros do Guadalhorce, e desde o sur pola aldea de El Chorro. Nos tramos máis angostos, tan só ten 10 metros de anchura e alcanza máis de 400 metros de altura.

A construción dunha canle de auga desde os encoros do norte ata El Chorro, para aproveitar aquí o desnivel nunha central hidroeléctrica, levou aparellado un camiño de mantemento da devandita canle, coñecido como Caminito del Rey porque a obra foi inaugurada polo rei Afonso XIII o 21 de maio de 1921. Este camiño de máis de 3 quilómetros de lonxitude ten unha parte vertixinosa, de barras de aceiro e plataformas de formigón cravadas na parede vertical e unha ponte sobre o mesmo desfiladeiro sobre a canle de auga. O camiño rehabilitado abriuse ao público o 28 de marzo de 2015.

Ata a chegada do AVE, o desfiladeiro era o único acceso ferroviario a Málaga capital desde o interior de España, cun largo túnel escavado na parede leste do desfiladeiro. Na actualidade existe outro túnel de 1 quilómetro, máis ao leste, baixo a serra de Huma, para o acceso ferroviario do AVE.

A paraxe foi obxecto dalgunhas rodaxes cinematográficas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]