Desoxicitidina trifosfato
Desoxicitidina trifosfato | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 2056-98-6 |
PubChem | 65091 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H16N3O13P3 |
Masa molecular | 467,156923 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A desoxicitidina trifosfato ou trifosfato de desoxicitidina, abreviado como dCTP, é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxicitidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.
A dCTP intervén na síntese do ADN. O dCTP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dCMP.
A dCTP orixínase por fosforilación do dCDP cun fosfato cedido polo ATP en reacción catalizada por unha quinase [1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0