Saltar ao contido

Determinante (matemáticas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A área do paralelogramo é o valor absoluto do determinante da matriz formada polos vectores que represenetan os lados do paralelogramo.

En matemáticas, o determinante é unha ferramenta moi potente en numerosos dominios (estudo de endomorfismos, busca de valores propios, cálculo diferencial). É así como se define o determinante dun sistema de ecuacións, o determinante dun endomorfismo, ou o determinante dun sistema de vectores. Foi introducido inicialmente na álxebra para resolver o problema de determinar o número de solucións dun sistema de ecuacións lineais.

Coma en moitas outras operacións, o determinante pode ser definido por unha colección de propiedades axiomas que se resumen coa expresión «forma n - lineal alternada». Esta definición permite facer un estudo teórico completo e ampliar aínda máis os seus campos de aplicación. Mais o determinante tamén pode concibir como unha xeneralización no espazo de dimensión n da noción de superficie ou de volume orientados. Este aspecto, a miúdo esquecido, é un enfoque práctico e luminoso das propiedades do determinante.

O determinante dos vectores X e X' é a superficie azul.

Matematicamente en forma de matriz:

A expresión xeométrica equivalente:

onde é o ángulo formado polos vectores e .

O determinante dunha matriz 3 × 3 é

Por exemplo:

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Os determinantes tamén se poden definir por algunhas das súas propiedades. É dicir, o determinante é a función única definida nas matrices n × n que ten as catro propiedades seguintes:

  1. O determinante da matriz identidade é 1.
  2. O troco de dúas filas multiplica o determinante por −1.
  3. Ao multiplicar unha fila por un número multiplica o determinante por ese número.
  4. Engadir un múltiplo dunha fila a outra fila non modifica o determinante.