Diário Liberdade
Diário Liberdade | |
---|---|
Tipo | Xornal dixital |
Fundación | 8 de febreiro de 2010 |
Lingua | Portugués, Galego normativo (RAG) e Galego reintegrado (AGAL) |
Localidade | Ferrol, Galicia |
Na rede | |
gz.diarioliberdade.org/index.php Diário Liberdade | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Diário Liberdade é un xornal electrónico de liña editorial anticapitalista realizado en Galiza e de ámbito lusófono. Conta con colaboradores galegos, portugueses e brasileiros. As súas linguas de publicación son o portugués e o galego, este último na súa normativa oficial e na proposta pola AGAL.
Historia e liña editorial
[editar | editar a fonte]Publicado o 8 de febreiro de 2010, promóveo a Associaçom Cultural Diário Liberdade, con sede en Ferrol, e non ten fins lucrativos. Os obxectivos do Diário Liberdade son a "dinamización e participación activa dos sectores máis desfavorecidos da sociedade na difusión da información que producen e/ou lles di a respecto"[1]. Tamén a defensa da pluralidade informativa e a independencia dos poderes económicos e empresariais están entre os seus obxectivos.
O Diário Liberdade inclúe todo o abano ideolóxico da esquerda tradicionalmente denominada revolucionaria, excluíndo a abertamente reformista: aí recollen as diferentes familias do comunismo e dos chamados novos movementos sociais (feminismo, ecoloxismo, antimilitarismo etc. ). Tamén asomen unha posición independentista galega.
A liña editorial do Diário Liberdade ten unha posición reintegracionista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quem somos Arquivado 10 de decembro de 2010 en Wayback Machine., web do xornal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do Diário Liberdade Arquivado 21 de marzo de 2011 en Wayback Machine.
- Conta oficial de Twitter