Saltar ao contido

Diacríticos do alfabeto árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diacríticos

Tal e como se escribe normalmente, o alfabeto árabe pódese dicir que non emprega diacríticos, fóra dos puntos subscritos ou sobrescritos obrigatorios para distinguir as letras ambiguas.

Para facilitar a lectura, porén, e nun marco didáctico ou relixioso, aparecen numerosos signos auxiliares para volver o texto menos ambiguo: ao non notar o árabe as vogais, por exemplo, nin as xeminacións ou mesmo as asimilacións, non lle é posíbel a un lector novel ler en voz alta un texto sen a axuda destes signos, ou sen un bo coñecemento da lingua.

Nota: as palabras árabes están transcritas segundo as convencións habituais.

Diacríticos obrigatorios

[editar | editar a fonte]

Os únicos diacríticos históricos do alfabeto árabe, é dicir, os que serven para diferenciar varias letras de igual trazado, son o punto e a hamza.

ثجخ

Aconséllase consultar tamén Historia do alfabeto árabe para comprender esta parte.

Sábese que os primeiros modelos do alfabeto árabe abundan en ambigüidades, cousa que amosa a imaxe inferior.

Vese que nove fonemas (os signos inferiores nas celas en cor violeta, verde ou amarela) son de trazado idéntico ou pouco menos. No século VII, por imitación do modelo nabateo ou siríaco, as letras ambiguas ou ambivalentes distinguíronse cun, dous ou tres (segundo fose o número de ambigüidades a desfacer) puntos subscritos, inscritos ou sobrescritos, nos casos en que máis de dúas letras posuísen un trazado demasiado próximo ou para inventar novas letras a partir de letras simples. Así, o punto funciona dobremente:

  • Distingue grafemas homógrafos.
  • Amplía o número de grafemas posíbeis.

Hoxe en día, dezaseis letras non se distinguen máis que pola presenza ou non de puntos, así como pola súa posición ou o seu número, chegado o caso:

  • ع e غ.
  • ب‎ ‎ ت e ث.
  • ج‎ ‎ ح e خ.
  • د ‎‎ذ ‎‎ر e ز.
  • س e ش‎‎.
  • ط e ظ.

En grafía ligada, o número de ambigüidades desfeitas é aínda meirande, ao neutralizarse algunhas diferenzas de trazado; a forma fundamental ﯩ, en efecto, pode recibir cinco combinacións de puntos:

b t n y

As mesmas letras, en grafía illada, xa non son tan semellantes (na mesma orde):

ب

ت ث ن ي
b t n y

Igualmente, malia non ser idéntica a súa posición sobre a liña en grafía, ف f e ق q distínguense tamén polos puntos en grafía ligada:

ف ق

f q

Hamza e ʾalif waṣla

[editar | editar a fonte]
ٱ ئ ؤ إ أ

A hamza é unha letra, ء, que, en certas condicións, se escribe como un diacrítico. Nota o fonema /ʔ/ («ataque glotal»). A súa colocación é relativamente complexa. O waṣla é outro diacrítico, utilizado principalmente nas edicións do Corán. Sitúase enriba dun ʾalif e nota a presenza dunha hamza inestábel elidida: así, o ʾalif, soporte dunha vogal e dunha hamza, non se pronuncia. O artigo escrita da hamza trata estas cuestións en detalle.

Diacríticos que serven para facilitar a lectura

[editar | editar a fonte]

Signos de vocalización

[editar | editar a fonte]

Estes signos anexos que permiten notar as vogais disque foron inventados por Abu al-Aswad al-Douali, gramático do século VII. O modelo está case claro: trátase de letras do alfabeto transformadas en signos subscritos. Foi no século VIII cando se fixou a notación actual.

Vogais simples

[editar | editar a fonte]
ــَــُــِ

As vogais (que poden ser breves ou longas) xeralmente non se escriben, agás por veces nos textos sagrados e didácticos, en cuxo caso se fala de «textos vocalizados».

As breves son diacríticos (cuxos ـُ [u] provén seguramente da letra و [w]) situados enriba ou embaixo da consoante que as precede na sílaba, mentres que as longas nótanse co diacrítico da breve equivalente seguida dunha consoante de prolongamento:

  • ا ʾalif ou ى ʾalif maqṣūra (só en fin de palabra) para o alongamento de /a/. Así, o que se escribe lese ā.
  • ي yāʾ para o de /i/: iy = ī.
  • و wāw para o de /u/: uw = ū.

Como ningunha sílaba árabe comeza por unha vogal (contrariamente ás aparencias; hai en efecto unha consoante ao inicio dun nome como Alí, en árabe ʿAlī, ou dunha palabra como ʾalif), non hai de maneira independente.

Na táboa seguinte as vogais presentaranse soas e despois situadas para máis claridade enriba ou embaixo da letra د dāl.

Vogais simples Con consoante Nome Trans. Valor
دَ
fatḥa a [a]
دِ kasra i [i]
دُ ḍamma u [u]
ﹷا دَا fatḥa ʾalif ā [aː]
ﹷى دَى fatḥa ʾalif maqṣūra ā / aỳ [aː]
ﹻي دِي
kasra yāʾ ī / iy [iː]
ﹹو دُو ḍamma wāw ū / uw [uː]

Nota: non esquecer que o ة tāʾ marbūṭa non é unha vogal senón unha consoante /t/ ou /h/ a miúdo muda pero sempre precedida do son /a/.

Ditongos ay e aw

[editar | editar a fonte]

Nótanse simplemente coa vogal breve seguida polas consoantes y ou w. A escritura trátaos como ī e ū, é dicir, que non os nota de xeito diferente ás outras secuencias vogal + consoante. Igualmente, poderíase clasificar entre os ditongos os que comezan por īy e ūw; con todo, non son máis que vogais seguidas por unha consoante. Como antes, os ditongos preséntanse na táboa prededidos de d e as letras non están ligadas.

Ditongos Nome Trans. Valor
دَي fatḥa yāʾ ay / ai / aï [ai]
دَو fatḥa wāw aw / au [au]

Vogais casuais e tanwīn

[editar | editar a fonte]
ــًــٌــٍ

Por efecto da flexión nominal, os nomes poden recibir tres desinencias diferentes, -a, -i, e -u (que han ser transcritas preferentemente poñéndoas en superíndice: -a etc). estas non se escriben nun texto non vocalizado, no caso contrario empréganse os signos habituais. É raro pronuncialos na conversación corrente: de feito, ao non ser escritas nin pronunciadas habitualmente, estas vogais flexivas soan sobre todo ao árabe clásico.

Se a palabra é indefinida (sen artigo nin complemento do nome), toma (agás excepcións) as desinencias -an, -in, -un, chamadas tanwīn. Estas nótanse mediante diacríticos especiais que substitúen a vogal así como a letra -n esperada en fin de palabra; segundo que o texto sexa vocalizado ou non, a notación cambia:

  • tanwīn -an (tanwīn ʾal-fatḥa): ــًــ ; un ʾalif sitúase a continuación do tanwīn, agás se apalabra termina en ة tāʾ marbūṭa /a(t)/ (sufixo de feminino), ou nunha hamza, أ /aʔ/ ou اء, /aːʔ/; nun texto non vocalizado, só o ʾalif se escribe, se é posíbel, senón, nada indica a presenza dun tanwīn:
    • رَجُلاً raǧulan, «home (caso directo)» ; non vocalizado : رجلا (notar a ligadura lām ʾalif que, de feito, leva o tanwīn), جِدًّا ǧiddan, «enormemente»; non vocalizado: جدا.
    • عَادَةً ʿādatan, «habitualmente» (notar o emprego do tāʾ marbūṭa pronunciado aquí /t/ ante vogal casual); non vocalizado : عادة (non hai ʾalif despois de ة).
  • tanwīn -in (tanwīn ʾaḍ-ḍamma): ــٍــ ; non se escribe en textos non vocalizados:
    • رَجُلٍ raǧulin, «home (caso indirecto)» ; non vocalizado: رجل.
  • tanwīn -in (tanwīn ʾal-kasra): ــٌــ (existe unha segunda grafía, que se parece a «”» subscrito); non se escribe nos textos non vocalizados:
    • رَجُلٌ raǧulun, «home (caso suxeito)»: non vocalizado: دجل (o caso suxeito e o caso indirecto non se dan distinguido).

Na práctica, a vogal e o /n/ dos tanwīn non se pronuncian (agás en expresións adverbiais fixadas en -an, como شُكْراً šukran, «grazas», escrito máis frecuentemente شكرا). Estas desinencias pertencen tamén á lingua literaria do árabe clásico.

ʾAlif Madda

[editar | editar a fonte]
آ

A fin de evitar a sucesión de dous ʾalif nunha mesma palabra, úsase un diacrítico chamado madda que substitúe un dos dous ʾalif e se sitúa sobre o restante: آ. Este encontro só se atopa de feito nos casos nos que un ʾalif soporte dunha hamza precede un [a] longo (é dicir unha fatḥa seguida dun ʾalif), ou sexa ʾā. A madda substitúe pois:

  • unha eventual hamza inicial.
  • a fatḥa.
  • o ʾalif de prolongamento.

Así, non se escribirá أَاخَذَ ʾāḫaḏa, «el berrou» senón آخَذَ; igualmente nunha palabra: non قَرَأَا qaraʾā, «eles leron (en dual)», senón قَرَآ.

ʾAlif sobrescrito

[editar | editar a fonte]
ــٰ

algunhas palabras levan foneticamente a pegada dun antigo ʾalif de prolongamento que desapareceu da grafía; porén ás veces aparece exrito de forma sobrescrita, en substitución dunha eventual fatḥa e do seu ʾalif de prolongamento; é o caso de certos demostrativos:

  • هذا ou هٰذَا hāḏā «este».
  • هذه ou هٰذِهِ hāḏihi «esta».
  • هٰؤُلاَءِ hāʾulāʾi «estas».
  • ذلك ou ذٰلِكَ ḏālika «aquel».

Outras palabras poden tamén aparecer escritas co ʾalif sobrescrito:

  • لكن ou لٰكِن lākin, «pero».
  • رحمن ou رَحْمٰن raḥmān, «misericordioso».

O termo máis célebre que leva ʾalif sobrescrito é o que designa o Deus único do ʾIslām, chamado «O Deus», é dicir, segundo a etimoloxía popular (cousa que non se resiste ás análises) أَل ʾal («o / a») + إِلٰه ʾilāh («divindade»); como este último nome empeza por unha hamza inestábel, a forma contractaأَللّٰه ʾ Al-lāh, máis comunmente escrito اللّٰه e transcrito ʾAllāh (existe por outra banda un sitio en Unicode que permite escribir o nome de ʾAllāh nun só carácter: trátase de U+FDF2, Ligadura Allâh na súa forma illada, ou sexa ﷲ.

Signos de silabación

[editar | editar a fonte]

De igual modo que para os signos de vocalización, os signos de silabación non se escriben obrigatoriamente. Permiten, porén, unha gran precisión e úsanse ás veces cando o texto non está vocalizado.

ـْـ

Unha sílaba árabe pode ser aberta (remata en vogal) ou pechada (nunha ou dúas consoantes):

  • aberta: C[onsoante]V[ogal].
  • pechada: CVC(C). a vogal en cuestión é normalmente breve.

Cando a sílaba é pechada, pódese indicar que a consoante que a pecha non leva vogal ningunha poñendo enriba un signo chamado sukūn, de forma «°», para eliminar a ambigüidade, sobre todo cando o texto cando o texto non está vocalizado: cómpre lembrar que un texto estándar só se compón dunha secuencia de consoantes; así, a palabra qalb, «corazón», escríbese qlb. Os sukūn permiten saber onde non poñer unha vogal: qlb (قلب) podería en efecto lerse /qVlVbV/, pero escrito cun sukūn sobre o l e sobre o b, só se pode interpretar na forma /qVlb/ (para sabermos cal é esa vogal, cómpre que coñezamos a palabra); escríbese, pois, قلْبْ (sen ligaduras: قلْبْ). De feito, nun texto vocalizado o sukūn non parece necesario, xa que o lugar das vogais é seguro: قَلْبْ é algo redundante.

En teoría poderíase facer o mesmo para a escrita das vogais longas e dos ditongos, xa que estes se notan cunha vogal seguida dunha consoante: así mūsīqā, «música», escríbese de maneira non vocalizada mwsyqā (موسيقى cun ʾalif maqṣūra en fin de palabra); para evitar unha lectura /mVwVsVyVqā/, é posíbel indicar que w e y pechan a súa sílaba respectiva: موْسيْقى. A palabra, completamente vocalizada, escríbese مُوْسِيْقَى. O mesmo no caso dos ditongos: a palabra zawǧ, «marido», pode escribirse simplemente zwǧ : زوج, con sukūn: زوْج, con sukūn e vogal: زَوْ.

Na práctica, o sukūn non se coloca sobre as letras que serven para indicar o alongamento da vogal que precede (e a súa presenza podería conducir a erros de lectura: tense tendencia a considerar que un sukūn sobre un y ou un w indica un ditongo e non unha vogal longa): mūsīqā será escrito máis sinxelamente مُوسِيقَى. Igualmente, case nunca se escribe en final de palabra cando a derradeira sílaba é pechada: nun texto totalmente vocalizado, ningún nome, por exemplo, podería levar en final outro diacrítico que un tanwīn : قلْبْ é, pois, unha grafía imposíbel. Deberíamos ter, pois, قلْبٌ, por exemplo, mesmo se na práctica os tanwīn non se pronuncian.

É o estilo que se ten seguido neste documento.

O sukūn non debe ser confundido co círculo superior.

ـّـ

Este signo, cuxa forma é unha simplificación de ش (inicial de palabra), serve para aforrar unha consoante xeminada, é dicir, cando dúas consoantes idénticas se seguen: é o caso dunha sílaba pechada terminada nunha consoante X que precede outra sílaba que empeza por esa consoante X. Emprázase a šadda sobre unha das consoantes, mentres que a outra non se escribe: así, a mesma palabra šadda escríbese شَدَّة no canto de شَدْدَة ; xa non é preciso, pois, empregar un sukūn.

A šadda debería atoparse entre os casos de asimilación da consoante /l/ do artigo ante consoante solar: así, «a lúa» escríbese أَلْقَمَر ʾal-qamar, mentres que «o sol» podería notarse أَلشَّمْس ʾaš-šams (escríbese en realidade ʾalššams; o detalle desta convención gráfica descríbese máis abaixo). En realidade, a šadda omítese as máis das veces nesta asimilación moi frecuente. Os detalles desta cuestión trátanse no artigo principal (sección «asimilacións»).

Notar a localización dos signos de vocalización:

  • fatḥa a e ḍamma u escríbense por riba da šadda mentres que kasra i faino ben baixo a consoante que a leva, ben baixo a šadda (desde hai uns anos, por razóns de simplificación tipográfica): cómpre, pois, non confundir ﳲ e ﳴ.
  • os tanwīn -an e -un seguen os mesmos principios (por riba da šadda), pero o tanwīn /in/ só se sitúa baixo a súa letra (e non baixo a šadda).

Diacríticos que serven para ampliar o número de caracteres

[editar | editar a fonte]

Como o alfabeto árabe non serve exclusivamente para notar a lingua árabe, debeuse proceder en numerosas linguas a axustes necesarios para que representase con maior ou menos precisión, fonemas que non foran previstos. Para isto, recorreuse moitas veces a diacríticos que permitiron ampliar o número de grafemas posíbeis.

Ver Adaptacións do alfabeto árabe para un artigo completo sobre esta cuestión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]