Diacríticos dos silabarios xaponeses
Aparencia
Diacríticos |
---|
Chámase diacrítico un signo gráfico aposto a un grafema dos silabarios hiragana ou katakana para transcribir un fonema modificado do que transcribe ese grafema. O xaponés utiliza dous diacríticos:
- O primeiro (◌゙) é un signo composto de dous pequenos trazos, que permite transformar unha consoante xorda en consoante sonora en principio de sílaba – coa excepción do h que se cambia en b – e que ten moitas denominacións:
- O segundo (◌゚) é un pequeno anel, que permite transformar h en p, e que ten dous nomes:
- handakuten (半濁点, «punto semisonoro»),
- e máis familiarmente maru (丸, «anel»).
Modificacións dos hiragana
[editar | editar a fonte]Só se cita o ataque silábico.
- K + ゛ = G
- S + ゛ = Z
- SH + ゛ = J
- T + ゛ = D
- CH + ゛ = J (DJ)
- TS + ゛ = Z (DZ)
- H + ゛ = B
- H + ゜ = P
Modificacións dos katakana
[editar | editar a fonte]As modificacións dos katakana son as mesmas cás dos hiragana. Transcríbese so a maiores o son [v] (nos préstamos) por:
- U + ゛ = V