Dialecto guipuscoano

O guipuscoano (gipuzkera en éuscaro) é un dialecto do éuscaro, tamén coñecido como dialecto central, que se fala na parte central de Guipúscoa así como no val de Sakana (Navarra).
Extensión
[editar | editar a fonte]O guipuscoano non se fala en toda Guipúscoa. Na conca do río Deba, desde Salinas de Léniz ata Elgoibar, fálase biscaíño, e en Oiartzun e na conca do río Bidasoa fálase alto-navarro. Con todo, a fronteira entre o guipuscoano e o alto-navarro está cambiando en favor dos trazos guipuscoanos, seguramente a consecuencia do prestixio que tivo durante moito tempo e a influencia dos medios de comunicación en Guipúscoa.
Variantes do guipuscoano
[editar | editar a fonte]O guipuscoano actual ten catro variantes principais:
- Variante de Beterri (desde a zona de Tolosa ata Donostia).
- Variante do Goyerri.
- Variante da zona de Urola (desde Zarauz a Mutriku).
- Gipuzcoano de Navarra (Burunda, Echarri-Aranaz).
Importancia
[editar | editar a fonte]O guipuscoano foi un dos principais dialectos históricos do éuscaro, e foi lingua literaria desde o século XVIII en diante.
Hoxe en día o guipuscoano, do mesmo xeito que os demais dialectos do éuscaro, e en xeral o éuscaro que falan os guipuscoanos, está cambiando co éuscaro batúa, debido á forza que teñen os medios de comunicación e a literatura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Éuscaro batua
- Dialecto alavés
- Dialecto biscaíño
- Dialecto alto-navarro
- Dialecto labortano
- Dialecto baixo-navarro
- Dialecto suletino
- Dialecto roncalés