Saltar ao contido

Mutriku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMutriku
Imaxe

Alcumelapazorrixak Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°18′26″N 2°23′06″O / 43.30722, -2.385
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasDebabarrena Editar o valor en Wikidata
CapitalMutriku (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.313 (2023) Editar o valor en Wikidata (191,87 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie27,69 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude49 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1209 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJose Angel Lizardi Agirregomezkorta (en) Traducir (2011–2015) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20830 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE20056 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmutriku.eus Editar o valor en Wikidata

Mutriku (en castelán Motrico) é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. Áchase na costa do mar Cantábrico facendo límite con Biscaia, no noroeste da provincia guipuscoana. Pertence á comarca de Debabarrena cunha poboación de 4.973 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2008.

Mutriku tamén se atopa no noroeste da comarca á que pertence, aínda que non está estritamente na conca do Deba, que está nunha pequena conca independente. Esténdese dende a desembocadura do Deba até a do Aretibai, ficando o núcleo urbano equidistante entre estes puntos. As súas costas son cantís onde se abren dúas pequenas baías, unha é onde está o núcleo urbano e o peirao, e a outra a que comparte con Ondarroa, e está formada pola desembocadura do Artibai, onde se localiza a maior das súas praias, a de Saturrarán.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Motrico é a forma na que tradicionalmente se transcribiu o nome do municipio, dende o século XIII até 1980 era o nome polo que era coñecido. Mais en lingua vasca empregábase a forma Mutriku, que obtivo carta de oficialidade en 1980 cando foi adoptada polo Concello, sendo actualmente a forma habitual de denominar este concello.

Sobre a orixe do topónimo, realmente é incerta. En primeiro lugar non se sabe se o topónimo naceu coa fundación da vila en 1209 ou se é anterior. Dado que en documentos do século XIII figura transcrito baixo o nome de Mortrico, Motrico e sobre todo villa Nueba de Motrico, pode deducirse que existía o topónimo con anterioridade.

Tradicionalmente identificouse Mutriku coa localización da antiga poboación prerromana de Tritium Tuboricum, poboación citada polo xeógrafo grego Claudio Tolomeo no territorio da antiga tribo dos várdulos. A identificación Mutriku-Tritium Tuboricum é certamente problemática, xa que se realizou sempre máis pola suposta semellanza dos nomes que por outro tipo de factores. De feito, o xeógrafo describía Tritium Tuboricum no interior do país várdulo, non na costa; e a pasaxe que alude ao seu asentamento nas beiras do Deba é dubidoso. Algúns autores vascos consideran que a antiga Tritium Tuboricum puido ser a poboación de Astigarribia, situada algúns quilómetros cara ao interior seguindo o curso do río Deba. Astigarribia é actualmente un barrio rural de Mutriku, pero foi unha poboación anterior á fundación da vila (a súa igrexa considérase unha das máis antigas de Guipúscoa) e encontráronse vestixios de presenza romana en Astigarribia.

Sobre a posible derivación do nome Motrico a partir do de Tritium Tuboricum tampouco hai unanimidade. O lingüista alemán Gerhard Bähr (que nacera no País Vasco), pensaba que Tritium Tuboricum era un topónimo de orixe celta e propoñía unha evolución Tuboricum->But(o)ricu-> Mutriku, para explicar a orixe do nome. Koldo Mitxelena consideraba que esta explicación era foneticamente satisfactoria, pero non estaba moi convencido da etimoloxía proposta por Bähr. Outros historiadores e cronistas clásicos como Esteban de Garibay pensaban que Mutriku era a antiga Tritium Tuboricum, pero facían derivar o nome da poboación dun Mons tritium latino ('monte de trigo') segundo algúns. Garibay sostiña que o topónimo se compoñía de Monte e Trico, Garibay xustificaba este nome polo feito de que na entrada do porto desta vila había unha pena puntiaguda que era coñecida como Trico(a) (palabra que quería dicir ourizo en éuscaro). Na actualidade ourizo dise triku en éuscaro batua e trikuharri (literalmente pedra de ourizo), é o nome que reciben os dolmens en éuscaro.

Os xentilicios son motriqués/motriquesa, do castelán, e mutrikuarra, do éuscaro.

Localización e accesos

[editar | editar a fonte]

No límite noroeste da provincia e da comarca, facendo fronteira con Biscaia, Mutriku esténdese sobre o mar en altos acantilados que deixan, na baixada de marea, zonas de baño e pesca nas que se abre algún pequeno areal. As praias situadas na desembocadura dos ríos Deba e Artibai e lonxe do centro urbano son a de Deba, a de Ondarbeltz, de area negra e con algunha rocha, e a do Artibai, de fina area marela. Tamén se pode apreciar a rasa mareal que vén dende Zumaia. O núcleo urbano áchase nunha pequena baía equidistante entre as dúas desembocaduras. Nesta baía atópase o porto e sobre el, subindo pola ladeira, os edificios que conservan o carácter medieval.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

A súa situación, apartada das vías principais de comunicación da zona, fai que quede relativamente illado. Está situado a 3 km de Deba, por onde pasa a estrada nacional N-634, a autoestrada A-8 e o ferrocarril de vía estreita de Euskotren que o enlazan coa cabeza comarcal, Éibar, da que dista 23 km, e coas capitais de Guipúscoa (Donostia), que fica a 46 km, e coa de Biscaia (Bilbao) a 70 km.

A estrada provincial GI-638 atravesa o municipio ligándoo coa nacional N-634 en Deba e coa BI-3222 en Ondarroa. É a vía principal de comunicación, aínda que hai outra estrada local que chega até Mendaro pasando polo alto do Calvario.

Mutriku limita cos seguintes municipios, ao suroeste con Markina (Biscaia), ao sur Mendaro, ao leste con Deba e ao oeste con Berriatua e Ondarroa (Biscaia).

Composición

[editar | editar a fonte]

Ademais do núcleo urbano que se sitúa sobre o porto onde vive entre un 85 e un 90% da poboación, o concello de Mutriku está composto polos seguintes barrios rurais. Os datos de poboación son do 2007.

As covas de Jentiletxea II, Langatxo e Iruroin son testemuñas da ocupación destas terras en períodos prehistóricos que se remontan ao Paleolítico superior.

A vila de Mutriku fúndase en 1209 polo rei castelán Afonso VIII que lle outorgou carta de poboamento e a posibilidade de amurallar a urbe (hai algún resto das murallas).

O casco medieval desenvolveuse e construíronse importantes palacios e casa torre pertencentes ás familias aristocráticas e algunhas outras cuxas riquezas viñan do comercio marítimo ou de servir como mariños na Armada. En 1553 un incendio destruíu gran parte da vila salvándose algunhas casas de pedra e perdéndose todas as de madeira.

No século XIX, sendo alcalde Cosme Damián Churruca, Mutriku coñece unha revolución urbana na que se abren dúas prazas situadas aos extremos do núcleo urbano. Unha delas constrúese no lugar onde estaba a antiga igrexa que, debido ao seu estado ruinoso, se demole. A outra, no outro extremo, fórmase coa construción da nova igrexa de estilo neoclásico conformando a praza co concello.

O século XX trouxo a ampliación do porto e as súas instalacións, e o XXI outra nova ampliación co ánimo de potenciar a pesca e o turismo. É de destacar que esta nova ampliación comporta unha central eléctrica mareomotriz.

Hidrografía e orografía

[editar | editar a fonte]
Vista xeral da praia de Saturraran.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O río Deba é o límite do municipio polo leste, algúns pequenos regatos que nacen no municipio chegan a el como o Olatzgoiko erreka, o Añoerreka, Jarrolatza erreka e o Txokorrekua. Polo límite oeste ocorre o mesmo co Artibai aínda que neste caso o río que fai de límite municipal é o regato de Mijoaerreka que desemboca na praia de Saturraran na baía da desembocadura do Artibai. O Saturraran forma unha pequena conca que recolle as augas provenientes de Olatz e os montes dos arredores cos ríos Errekabeltz, Armentxako erreka, Ziñoaetxeberriko erreka, Artzainerreka, Aldaberreka, Bidekoaerreka, Ondaberroerreka e Kurpitako erreka. Entre estas dúas concas, a do Deba e a do Saturraran, hai outra pequena conca que a forma un pequeno río que baixa do Calvario e recorre a valgada onde se asenta o núcleo urbano e arredores, estes son: Errekaundi, Idurreko erreka, Leizarreko erreka, Maldomin erreka, Xoxuarterreka e Lasaoko erreka.

Orografía

[editar | editar a fonte]

A orografía de Mutriku está marcada polo monte Arno (608 m) que se alza sobre o municipio. É unha mole de rocha calcaria cuberta de aciñeiras cantábricas autóctonas e de coníferas das explotacións forestais. O relevo é moi accidentado con fortes pendentes nos estreitos e pequenos vales. A costa, acantilada, continuación da rasa mareal guipuscoana.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Mutriku está ligada ao mar. A pesca foi o seu principal motor directa ou indirectamente, subministrando a materia prima para as fábricas conserveiras.

O sector primario, representado pola pesca e en clara crise. Da frota pesqueira de baixura soamente quedan un par de barcos. A agricultura, que se desenvolve nos barrios rurais, é de subsistencia e os seus excedentes véndense nos mercados da comarca. A gandería é escasa e pouco significativa. A explotación forestal céntrase nos bosques de pinus insignis e outras coníferas.

O sector secundario, claramente en desenvolvemento. A industria conserveira, historicamente a principal do municipio, deixou paso a toda clase de talleres de transformación metálica que entroncan coa importante industria da comarca. Isto foi posible pola adecuación de terreos chans, na parte de Saturraran, para a creación de polígonos industriais. As principais empresas do municipio son actualmente a conserveira Yurrita e Hijos S.A.,[1] Metec Motric S.A.,[2] que fabrica instrumental médico e o taller protexido de Katealegaia.[3]

O sector servizos, ten especial relevancia neste sector o turismo. O interese turístico de Mutriku é manifesto e vén sendo segunda residencia para moitos eibarreses. Ten varias instalacións de camping e unha boa dotación de estabelecementos hostaleiros. Comparte recursos coa veciña Deba. Os servizos están centralizados na comarca e o comercio é o axeitado para as necesidades dos veciños.

Nosa Señora da Asunción.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa da Nosa Señora da Asunción, neoclásica, cunha ampla escalinata de acceso. No seu interior hai un Cristo atribuído ao Greco.
  • Palacio Galdona, barroco, con impresionante fachada con escudo de armas esquineiro e un gran beirado tallado.
  • Casa de Churruca, mandada construír polo Xeneral Gaztañeta en 1731.
  • Palacio Zabiel, do século XVI. Impresionante beirado e escudo.
  • Casa natal de Churruca, edificio dezaoitesco cun escudo de armas dos Churruca onde naceu Cosme Damián Churruca.
  • Loja Zaharra, edificio do século XVIII, antiga lonxa de pescadores. Hoxe casa social da mariña.
  • Torre Berriatua, anterior a 1553, edificio de pedra arenita amarela. Destacan as tallas de ventás e portas.
  • Palacio Montalivet, mandado construír polo arquitecto Ibero no século XVIII.
  • casa Olazarra-Mizquia , con fachada de cachotería que data do século XVII. Ten un grande escudo de armas.
  • Igrexa de San Andrés de Astigarribia que foi considerada unha das máis antigas da provincia de Guipúscoa por ter elementos considerados prerrománicos como unha ventá en arco de ferradura. Estudos posteriores revelaron que estes elementos son do século XI.
  • Museo Bentalekua, habilitado na antiga lonxa de peixe. Móstrase nel o método tradicional de "venta por bola" como tamén apeiros relacionados coa pesca.

En Mutriku celébranse as seguintes festas:

  • Berdel Eguna (día do chincho), o 4 de abril.
  • Magdalenas, 21-25 de xullo.
  • Calvario, 14-16 de setembro.

Motrico, puerto rico, se entra con una mula y se sale con un borrico.

  1. [1]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  3. [2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]