Diana Nogueira
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1975 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Diana Nogueira González, nada en Vigo en 1975, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Anatomía Patolóxica ata que a súa vida trocou radicalmente a raíz de presentarse a Miss España en 1999. Non gañou o concurso, pero foi a elixida para representar a España en Miss Universo xa que Miss España era menor de idade, e conseguiu quedar como segunda dama de honor de Miss Universo 1999.[1]
Ao volver do certame contratárona para copresentar durante unha tempada o programa musical Luar para a TVG. En xullo de 2001, substituíu, xunto a Yolanda Vázquez, a Paloma Ferre na condución do programa Historias de hoy. Presentou o programa de actuacións musicais Gran Verbena en TVG na tempada 2003-04.
Formou parte do equipo de actores da serie da TVG Libro de familia.
Premio Alfredo Iglesias en Teo, 2023[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diana Nogueira Pictures and Photos". www.gettyimages.com (en inglés). Consultado o 20-3-2018.
- ↑ "Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-01-11.