Die fetten Jahre sind vorbei
Die fetten Jahre sind vorbei | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Die fetten Jahre sind vorbei |
Director | Hans Weingartner |
Produtor | Antonin Svoboda Hans Weingartner |
Guión | Katharina Held Hans Weingartner |
Intérpretes | Daniel Brühl Julia Jentsch Stipe Erceg Burghart Klaussner |
Música | Andreas Wodraschke |
Fotografía | Daniela Knapp Matthias Schellenberg |
Montaxe | Dirk Oetelshoven Andreas Wodraschke |
Distribuidora | Celluloid Dreams |
Estrea | 2004 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Alemaña Austria |
Xénero | Drama |
Recadación | $8 152 859 |
Na rede | |
Die fetten Jahre sind vorbei é un filme alemán de 2004 escrito e dirixido polo austríaco Hans Weingartner e protagonizada por Daniel Brühl. Narra os eventos sucedidos a tres activistas anticapitalistas (aparentemente anarquistas): Jule (Julia Jentsch), Peter (Stipe Erceg), Jan (Daniel Brühl).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jan, Peter e Jule están desfrutando da súa rebelde xuventude. Únelles a súa paixón por cambiar o estado do mundo. Convértense nos "The edukators", cuxas accións non violentas tratan de avisar ós ricos locais de que os seus días de abundancia están a piques de rematar. As complicacións aparecen cando Jule se namora dos dous mozos. Ademais, unha das súas incursións nocturnas nunha casa dun home de negocios complícase, e o que se converte nun rapto non intencionado remata por poñelos cara a cara coa lei.
Banda sonora
[editar | editar a fonte]A CD da banda sonora do filme é unha compilación publicada por Mute Records e composta por temas de grupos como Depeche Mode, Placebo, Nada Surf, Franz Ferdinand, Phoenix, Simian e One Inch Punch entre outros, como tamén temas de grupos alemáns como The Notwist, Tocotronic e Slut.
A versión de Jeff Buckley do "Hallelujah" de Leonard Cohen aparece no filme, pero non se inclúe dentro da banda sonora comercializada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)