Diego López Ballesteros
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1804 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
Morte | 29 de marzo de 1869 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
![]() | |
1 de marzo de 1864 – 16 de setembro de 1864 ← Alejandro de Castro Casal – Manuel Seijas Lozano (pt) ![]() | |
![]() | |
2 de decembro de 1862 – 16 de setembro de 1863 ← Alejandro Mon – Antonio de los Ríos Rosas → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Moderado ![]() |
Familia | |
Pai | Luís López Ballesteros ![]() |
Diego López Ballesteros Pérez de Santamaría, nado no Pazo da Golpilleira (Vilagarcía de Arousa) o 1 de novembro de 1804 e finado no mesmo concello o 29 de marzo de 1869,[1][2] foi un político español, ministro durante o reinado de Isabel II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do ministro de Fernando VII, Luis López Ballesteros, estudou dereito e foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra en 1837, 1839, 1840, 1843, 1844, 1846, 1850, 1851, 1857, 1858, 1863 e 1865, e foi nomeado Director Xeral de Renda e Arbitrios de Amortización.
Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados de España entre 1859 e 1862 e presidente entre decembro de 1862 e agosto de 1863, exerceu tamén o cargo de ministro de Ultramar coa presidencia de Alejandro Mon Menéndez entre marzo e setembro de 1864.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Pontevedra, 30-3-1869, p. 3.
- ↑ El Pensamiento Español, 31-3-1869, p. 4.
- ↑ "López Ballesteros, ministro de ultramar", Faro de Vigo, 22-6-2014.