Digital Garbage
Digital Garbage | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Mudhoney | ||||
Publicado | 19 de setembro de 2018 | |||
Duración | 34:39 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Sub Pop Records | |||
Produtor | Johnny Sangster | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Digital Garbage é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Mudhoney, publicado o 19 de setembro de 2018 a través do selo Sub Pop Records,[1] sendo o seu sétimo álbum editado por esta discográfica.[2]
Recepción
[editar | editar a fonte]Digital Garbage tivo recensións xeralmente positivas da maioría dos críticos musicais. En Metacritic asignan unha puntuación de "media ponderada" de 100 ás críticas e valoracións dos principais críticos, e o álbum recibiu unha puntuación de 75, baseada en 17 recensións.[3] Mark Deming de AllMusic afirmou que "Digital Garbage non é o gran álbum de protesta de Mudhoney, pero como reacción a un tempo caótico e divisivo, é poderosamente elocuente ao seu xeito sucio, e demostra que aínda poden soar como nada máis que eles mesmos sen estar atados ao pasado. Vén pola rabia de Digital Garbage e quédate polo rock. Ambos séntense intensos e purificadores".[4]
AllMusic escolleuno como un dos seus discos de rock favoritos de 2018,[4] e Mojo situouno no 55 da súa lista dos 75 mellores álbums de 2018.[5]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Mark Arm, Steve Turner, Dan Peters e Guy Maddison.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Nerve Attack" | 2:45 | |||||||
2. | "Paranoid Core" | 2:31 | |||||||
3. | "Please Mister Gunman" | 3:30 | |||||||
4. | "Kill Yourself Live" | 4:48 | |||||||
5. | "Night and Fog" | 4:04 | |||||||
6. | "21st Century Pharisees" | 2:35 | |||||||
7. | "Hey Neanderfuck" | 2:40 | |||||||
8. | "Prosperity Gospel" | 3:48 | |||||||
9. | "Messiah's Lament" | 3:04 | |||||||
10. | "Next Mass Extinction" | 3:25 | |||||||
11. | "Oh Yeah" | 1:29 | |||||||
34:39 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Records, Sub Pop. "Mudhoney - Digital Garbage". Sub Pop Mega Mart (en inglés). Consultado o 2020-08-22.
- ↑ "Mudhoney | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-08-22.
- ↑ "Digital Garbage by Mudhoney" (en inglés). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ 4,0 4,1 "Digital Garbage - Mudhoney". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ "Mojo: 75 Best Albums of 2018". www.yearendlists.com (en inglés). 2018-11-17. Consultado o 2024-04-01.