Dinastía Iamkhad
A dinastía iamkhad, foi unha antiga familia real amorrea fundada en c. -1810[1] por Sumu-Epud de Iamkhad que tivo a súa capital na cidade de Alepo en Siria[2]. Aínda que orixinalmente era unha dinastía local, a familia estendeu a súa influencia a través das accións do seu enérxico gobernante Iarim-Lim I, que a converteu na familia máis influente do Levante por medios tanto diplomáticos como militares. No seu punto álxido a dinastía controlaba a maior parte do norte de Siria e a provincia da moderna Turquía de Hatay cunha rama menor gobernando a cidade de Alalakh (Terra de Mukish).
A dinastía foi expulsada durante unha breve ocupación hitita de Alepo a principios do século -XVI pero recuperou o trono e expandiu o reino de novo antes de ser expulsados de Alepo polos mitanni en c. -1525. Idrimi, un membro da dinastía, foi quen de conquistar Alalakh legándoa aos seus descendentes ata que o último deles foi destronado polo rei hitita Suppiluliuma I en c. -1344.
A poboación de Iamkhad era predominantemente amorita e tivo unha típica cultura siria da Idade do Bronce. Iamkhad tamén foi habitado por unha substancial poboación hurrita que se asentou no reino, engadindo a influencia da súa cultura. Iamkhad controlou unha ampla rede comercial xa que era o paso entre o altoplano iraniano no leste e o mar Exeo no oeste. No rei adorábanse as tradicionais divindades semíticas do noroeste e a súa capital Halab foi considerada santa entre outras cidades sirias debido ao culto de Hadad, que foi recoñecido como a principal divindade do norte de Siria[3].
Historia
[editar | editar a fonte]Pouco de Halab foi escavado polos arqueólogos, pois nunca foi abandonada durante a súa longa historia e a cidade moderna está situada sobre o mesmo lugar que ocupaba a cidade antiga[4]. Por tanto, moito do coñecemento sobre Iamkhad vén das taboíñas descubertas en Alalakh e Mari[5].
Con toda probabilidade Iamkhad era un nome tribal[6][7][8]. A dinastía entrou nos rexistros históricos cando se mencionou ao seu fundador Sumu-Epuh como un inimigo nas inscricións de Iahdun-Lim de Mari[9]. Sumu-Epuh enfrontouse a inimigos perigosos, o máis importante deles Shamshiadad I de Asiria e morreu nunha das batallas[10]. O seu sucesor Iarim-Lim I foi quen de derrotar a todos os seus inimigos converténdose en gran rei, durante o seu reinado aliouse con Hammurabi de Babilonia, e a dinastía converteuse na familia máis influente do Levante, cos exércitos de Iamkhad combatendo en lugares tan afastados como Diniktum, no sur de Mesopotamia, preto das fronteiras de Elam[11][12]. Os matrimonios dinásticos xogaron un papel na política da dinastía e incluíron a membros de familias reais de moitos reinos como Ebla e Mari, cuxo rei Zimri-Lim estaba casado con Shibtu, a filla de Iarim-Lim I[13][14].
Hammurabi I (re. c. -1764), fillo de Iarim-Lim I, gobernou un reino próspero. A hexemonía da dinastía mantívose sen rival e conseguiu anexionar Karkemish como vasalo[15]. O seu sucesor Abba-El I colocou ao seu irmán máis novo Iarim-Lim no trono de Alalakh en c. -1735, creando así unha rama menor da dinastía baixo a hexemonía do gran rei en Alepo[16].
En Alepo
[editar | editar a fonte]A liña de grandes reis en Alepo continuou mantendo a hexemonía sobre os outros reinos sirios. Abba-El I foi sucedido polo seu fillo Iarim-Lim II, cuxo reinado non está ben documentado, e os seus sucesores Niqmi-Epuh e Irkabtum combateron cos principados hurritas e garantiron o dominio do reino no norte[17][18]. O curto reinado de Hammurabi II estivo seguido polo de Iarim-Lim III, que derrotou a Qatna, vello rival da dinastía, pero o perigo veu do norte ao lanzar o rei hitita Hattusili I unha serie de campañas destrutivas contra os aliados do reino comezando por Alalakh, que caeu en c. -1650[19]. A guerra continuou durante moitos anos até acabar co saqueo de Alepo e a captura de Hammurabi III en c. -1600[20] por Mursili I, o sucesor de Hattusili[21][22].
Tras o asasinato de Mursili, Sarra-El, un príncipe e posíbel fillo de Iarim-Lim III, recuperou Alepo e gobernou un reino moito máis pequeno que de novo incluía Alalakh[23][24]. Foi sucedido no trono polo seu fillo Abba-El II, e posteriormente polo seu neto Ilim-Ilimma I, que foi o último membro da dinastía en gobernar Alepo como rei, tras ser asasinado en c. -1525[25][26], o que puxo fin ao reino de Iamkhad[27].
En Alalakh
[editar | editar a fonte]Dúas ramas menores gobernaron Alalakh. A primeira delas foi fundada por Iarim-Lim, fillo de Hammurabi I, en c. -1735. Tivo un reinado especialmente longo do mesmo xeito que o seu sucesor Ammitakum, que comezou o seu reinado a principios do reinado de Niqmi-Epuh e morreu pouco antes do saqueo de Alalakh[28]. Ammitakum reafirmou a súa autonomía de Iamkhad sen declarar un reino independente, e nomeou o seu fillo o príncipe Hammurabi o seu sucesor en presenza de Iarim-Lim III, que non tomou parte en dita decisión[29]. Estes actos probabelmente xogaron un papel na decisión de Alepo de non enviar reforzos para protexer Alalakh dos hititas, que a saquearon e acabaron coa primeira rama gobernante en c. -1650[30].
A segunda rama estableceuna Idrimi, fillo de Ilim-Ilimma I, que conseguiu conquistar Alalakh sete anos despois da súa fuxida de Alepo, que caeu en mans do rei mitanni Parsatatar[31]. Idrimi gobernou Alalakh e a súa área, que se chamou reino de Mukish, como un vasalo de Mittani, e existen rexistros de que atacou os hititas[32]. Sucedeuno o seu fillo Addu-nirari; e a este á súa vez o seu segundo fillo Niqmepa, que controlou Alepo como un vasalo de Mitani[33][34]. Sucedeuno Ilim-Ilimma II, que legou o reino ao seu fillo Itur-Addu, último rei da dinastía[35]. Itur-Addu aliouse con Nuhašša e Niya para facer fronte aos exércitos do rei hitita Suppiluliuma I, que derrotou a Itur-Addu e anexionou tanto Alepo como Alalakh en c. -1344[36][37].
Membros
[editar | editar a fonte]Reis de Alepo
[editar | editar a fonte]Os datos son estimados e proporcionados segundo unha cronoloxía media[38].
Rei | Reinado | Título | Relación co rei anterior |
---|---|---|---|
Sumu-Epu | c. -1810 a -1780 | rei | |
Iarim-Lim I | c. -1780 a -1764 | Gran rei | fillo [39]. |
Hamurabi I | c. -1764 a -1750 | Gran rei | fillo [40]. |
Aba-El I | c. -1750 a -1720 | Gran rei | fillo [41]. |
Iarim-Lim II | c. -1720 a -1700 | Gran rei | fillo [42]. |
Nicmi-Epu | c. -1700 a -1675 | Gran rei | fillo [43]. |
Ircabtum | c. -1675 - mediados do século -XVII | Gran rei | fillo [44]. |
Hamurabi II | Mediados do século -XVII | Gran rei | Posibelmente irmán [45]. |
Iarim-Lim III | Mediados do século -XVII a c. -1625 | Gran rei | Irmán de Ircabtum [46]. |
Hamurabi III | c. -1625 a -1600 | rei | fillo [47]. |
Sarra-El | Principios do século -XVI | rei | Posibelmente fillo de Iarim-Lim III [48]. |
Aba-El II | Mediados do século -XVI | rei | fillo [48]. |
Ilim-Ilima I | Mediados do século -XVI a c. -1525 | rei | Posibelmente fillo [49]. |
Reis en Alalakh
[editar | editar a fonte]- Iarim-Lim: de c. -1735 a principios do século -XVII.
- Ammitakum: século -XVII.
- Idrimi: de c. -1518 a -1480.
- Addu-nirari: século -XV.
- Niqmepa: mediados do século -XV.
- Ilim-Ilimma II.
- Itur-Addu: c. ? -1344.
Outros membros
[editar | editar a fonte]- Sumunna-Abi: esposa de Sumu-Epuh e nai de Iarim-Lim I[50].
- Gashera: esposa de Iarim-Lim I e nai de Hammurabi I[51].
- Shibtu: filla de Iarim-Lim I e raíña consorte de Zimri-Lim de Mari.
- Tatteya: filla de Hammurabi I[52].
- Nakkusse: fillo de Hammurabi I, ostentou altos cargos na corte do seu irmán Iarim-Lim de Alalakh[53].
- Hammurabi: fillo de Ammitakum de Alalakh, a súa sucesión ao trono é dubidosa.
- Abba-El: fillo de Niqmi-Epuh[54].
- Bintikidiya: unha princesa mencionada nunha taboíña de Alalakh, de filiación descoñecida[24].
Árbore xenealóxica
[editar | editar a fonte]Rei de Alepo - Rei de Alalakh - Raíña - Príncipe - Princesa - Liña descontinua: relación incerta.
Sumu-Epuh re. desde -1810 a -1780 | Sumunna-Abi | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iarim-Lim I re. desde -1780 a -1764 | Gashera | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Hammurabi I re. desde -1764 a -1750 | Shibtu | Zimri-Lim | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tatteya | Nakkusse | Iarim-Lim de Alalakh re. desde -1735 a -? | Abba-El I re. desde -1750 a -1720 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ammitakum | Iarim-Lim II re. desde -1720 a -1700 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Hammurabi | Niqmi-Epuh re. desde -1700 a -1675 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Abba-El | Irkabtum re. desde -1675 a mediados do século -XVII | Hammurabi II re. mediados do século -XVII | Yarim-Lim III re. desde mediados do século -XVII a -1625 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sarra-El re. mediados do século -XVI | Hammurabi III re. desde -1625 a -1600 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Abba-El II re. mediados do século -XVI | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ilim-Ilimma I re. desde mediados do século -XVI a -1525 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Idrimi re. desde -1518 a -1480 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Niqmepa | Addu-nirari | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ilim-Ilimma II | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Itur-Addu | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Facoltà di teologia Pontificia università della Santa Croce (Vaticano Città del). Dissertationes.
- ↑ Sicker 2000, p. 4.
- ↑ Dalley 2002, p. 44.
- ↑ Pioske 2015, p. 188.
- ↑ Grabbe 2007, p. 58.
- ↑ Gordon Douglas Young. Ugarit in Retrospect. p. 7.
- ↑ Hawkins 2000, p. 388.
- ↑ Potts 2012, p. 781.
- ↑ Douglas Frayne. Old Babylonian Period (2003-1595 BC). p. 780.
- ↑ Trevor Bryce. The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia.
- ↑ William J. Hamblin. Warfare in the Ancient Near East to 1600 BC.
- ↑ Jack M. Sasson. The Military Establishments at Mari.
- ↑ Maurizio Forte. Virtual archaeology: re-creating ancient worlds.
- ↑ Hennie J. Marsman. Women in Ugarit and Israel: Their Social and Religious Position in the Context of the Ancient Near East.
- ↑ William J. Hamblin. Warfare in the Ancient Near East to 1600 BC.
- ↑ M. L. West. The East Face of Helicon.
- ↑ Jimmy Jack McBee Roberts. The Bible and the Ancient Near East: Collected Essays.
- ↑ Akadémiai Kiadó. Acta Antiqua Academiae Scientiarum Hungaricae.
- ↑ Iorwerth Eiddon Stephen Edwards. The Cambridge Ancient History.
- ↑ Dominique Collon. Ancient Near Eastern Art.
- ↑ Trevor Bryce. The Kingdom of the Hittites.
- ↑ Trevor Bryce. Ancient Syria: A Three Thousand Year History.
- ↑ Trevor Bryce. The Kingdom of the Hittites.
- ↑ 24,0 24,1 Michael C. Astour. Orientalia: Vol. 38.
- ↑ Trevor Bryce. The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia.
- ↑ Michael C. Astour. Hittite history and absolute chronology of the Bronze Age.
- ↑ Thomas Nelson. The Chronological Study Bible.
- ↑ wilfred van soldt. Akkadica, Volumes 111-120.
- ↑ L. Kakosy. Oikumene.
- ↑ Noelle Watson; Paul Schellinger. Southern Europe: International Dictionary of Historic Places.
- ↑ Tremper Longman. Fictional Akkadian Autobiography: A Generic and Comparative Study.
- ↑ Dominique Collon. Ancient Near Eastern Art.
- ↑ Eva Von Dassow. State and Society in the Late Bronze Age: Alalaḫ Under the Mittani Empire.
- ↑ Trevor Bryce. The Kingdom of the Hittites.
- ↑ Frank A. Spina; Alberto Ravinell Whitney Green. The Quest for the Kingdom of God: Studies in Honor of George E. Mendenhall.
- ↑ Eva Von Dassow. State and Society in the Late Bronze Age: Alalaḫ Under the Mittani Empire.
- ↑ Trevor Bryce. The Routledge Handbook of the Peoples and Places of Ancient Western Asia.
- ↑ Hamblin 2006, p. 253.
- ↑ Liverani 2013, p. 234.
- ↑ Frayne 1990, p. 783.
- ↑ Teissier 1996, p. 28.
- ↑ Frayne 1990, p. 788.
- ↑ Frayne 1990, p. 792.
- ↑ Teissier 1996, p. 26.
- ↑ Soldt 2000, p. 106.
- ↑ Frayne 1990, p. 795.
- ↑ Soldt 2000, p. 107.
- ↑ 48,0 48,1 Astour 1989, p. 382.
- ↑ Astour 1989, p. 19.
- ↑ The Oxford Handbook of Cuneiform Culture.
- ↑ Daniel E. Fleming. Democracy's Ancient Ancestors: Mari and Early Collective Governance.
- ↑ Wilfred van Soldt. Akkadica, Volumes 111-120.
- ↑ Nadav Naʼaman. Canaan in the Second Millennium B.C.E.
- ↑ Michael C. Astour. Hittite history and absolute chronology of the Bronze Age.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]
|
|