Diplodus
Diplodus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diplodus cervinus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Sparus annularis Linnaeus, 1758 = Diplodus annularis (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Diplodus é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos perciformes e familia dos espáridos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz,[1] na súa obra: Indice d'ittiologia siciliana; ossia, catalogo metodico dei nomi latini, italiani, e siciliani dei pesci, che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale e seguito da un appendice che contiene la descrizione de alcuni nuovi pesci siciliani. Messina: G. del Nobolo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Diplodus está formado pola unión dos elementos do latín científico dipl- e -odus.[2]
O primeiro elemento deriva do grego antigo διπλόος diplóos, "duplo", "duplicado", "dobrado",[3] e, o segundo, tamén do grego antgigo ὀδούς odoús, "dente".[4] Literalmente: "os de dentes duplicados", en referencia aos dous tipos de dentes que posúen estes peixes, incisivos e molares.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome que lle impuxo Rafinesque, e que é o actualmenté válido, o xénero tamén se coñeceu polos seguintes sinónimos:[1]
- Puntazzo Bleeker, 1876
- Sargus Cuvier, 1816
- Sargus Klein, 1775
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade (2020), segundo o World Register of Marine Species, recoñécense as especies:[1]
- Diplodus annularis (Linnaeus, 1758)
- Diplodus argenteus (Valenciennes, 1830)
- Diplodus ascensionis (Valenciennes, 1830)
- Diplodus bellottii (Steindachner, 1882)
- Diplodus bermudensis Caldwell, 1965
- Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974
- Diplodus capensis (Smith, 1844)
- Diplodus caudimacula (Poey, 1860)
- Diplodus cervinus (Lowe, 1838)
- Diplodus fasciatus (Valenciennes, 1830)
- Diplodus helenae (Sauvage, 1879)
- Diplodus holbrookii (Bean, 1878)
- Diplodus hottentotus (Smith, 1844)
- Diplodus kotschyi (Steindachner, 1876)
- Diplodus levantinus Fricke, Golani & Appelbaum-Golani, 2016
- Diplodus lineatus (Valenciennes, 1830)
- Diplodus noct (Valenciennes, 1830)
- Diplodus omanensis Bauchot & Bianchi, 1984
- Diplodus prayensis Cadenat, 1964
- Diplodus puntazzo (Walbaum, 1792)
- Diplodus sargus (Linnaeus, 1758)
- Diplodus striatus (Bliss, 1883)
- Diplodus vulgaris (Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)
Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica só recoñece as seguintes:[5]
- Diplodus annularis (Linnaeus, 1758)
- Diplodus argenteus (Valenciennes in Cuvier & Valenciennes, 1830)
- Diplodus bellottii (Steindachner, 1882)
- Diplodus bermudensis Caldwell, 1965
- Diplodus cervinus (Lowe, 1838)
- Diplodus fasciatus (Valenciennes in Cuvier & Valenciennes, 1830)
- Diplodus holbrookii (Bean, 1878)
- Diplodus noct (Valenciennes, 1830)
- Diplodus prayensis Cadenat, 1964
- Diplodus puntazzo (Cetti, 1777)
- Diplodus sargus (Linnaeus, 1758)
- Diplodus vulgaris (Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)
En Galicia
[editar | editar a fonte]No litoral galego están presentes as seguintes especies:[6]
Unha nova especie galega
[editar | editar a fonte]Moi poucas veces chega ás lonxas galegas (e do resto do noroeste español) un espécime fresco de sargo bicudo (Diplodus puntazzo). Pero en agosto de 2022 chegou á de Burela un, que foi identificado como o sargo común (Diplodus sargus) aínda que, por suposto, se sabía que non o era e que, máis tarde, confirmou un biólogo especializado en especies mariñas raras á empresa comercializadora que o comprou. Supoñen os que o estudaron que chegou tan ao norte debido ao quecemento global, que eleva a temopreatura do mar; polo seu tamaño e porque pesaba 1,5 kg deduciron que debía levar xa tempo na Mariña lucense, obnde foi pescado o 22 de agosto deste ano. O comprador doouno para a investigación.[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Diplodus cervinus cervinus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Diplodus Rafinesque, 1810 no WoRMS. Consultada o 21 de xaneiro de 2020.
- ↑ Diplodus no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ dipl- no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ -odus no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Diplodus Rafinesque, 1810 no ITIS.
- ↑ Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, pp. 152-159.
- ↑ La Voz de Galicia, Redacción (24 de agosto de 2022). "Capturan en A Mariña un sargo picudo que vive en el Mediterráneo y en África". La Voz de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diplodus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Diplodus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Villanueva, X. L. e Vázquez, Xavier (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.