Diplodus cadenati
Diplodus cadenati | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar de 38 cm pescado na costa almeriense | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Diplodus cadenati é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes e familia dos espáridos,[2][3][4] unha das 23 integradas actualmente (2020) no xénero Diplodus.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1974 polos ictiólogos de la Paz, Bauchot e Daget, como unha subespecie de Diplodus sargus, pero foi admitida como especie plena polo World Register of Marine Species,[2] aínda que moitos autores seguen a considerala unha subespecie de D. sargus.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie costeira, subtropical, asociada a arrecifes e zonas rochosas. Distribúese desde o norte do Senegal até o golfo de Biscaia, incuídas as illas da Macaronesia, entre as coordenadas 48° 15° e 18º 5° O.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Ten unha aparencia similar á de todos os membros do xénero, co corpo ovalado, comprimido lateralmente, e boca terminal, coas dúas clases de dentes, incisivos e molariformes.
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 45,0 cm, aínda que a maioría dos espécimes non pasan dos 25,0 cm.[7]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Forma cardumes, e habita en fondos rochosos até profundidades de aproximadamente 150 m; as crías encóntranse a miúdo sobre pradeiras mariñas de Zostera sp. Aliméntase sobre todo de moluscos e pequenos crustáceos, aínda que tamén come algas e corais.[8]
É un hermafrodita con protandria parcial.[9] É dicir, as gónadas masculinas maduran antes que as femininas, polo que algúns machos coa idade transfórmanse en femias.[10]
A súa lonxevidade máxima rexistrada foi de 12 anos.[9][10]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Diplodus sargus ssp. cadenati está estendido ao longo da costa occidental africana, sendo común en partes da súa área de dispersión. É obxecto de explotación pesqueira, pero non hai probas de sobrepesca na actualidade. Ademais, atópase en áreas mariñas protexidas en partes da súa área e, polo polo que a UICN cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Carpenter, K. E.; Russell, B. & Pollard, D. (2014): Diplodus sargus ssp. cadenati na Lista vermella da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 no WoRMS
- ↑ 3,0 3,1 Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 en FishBase.
- ↑ Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 no GBIF.
- ↑ Diplodus Rafinesque, 1810 no WoRMS]. Consultada o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ Sinónimos de Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 en FishBase.
- ↑ Bauchot, M.-L.; J.-C. Hureau & J. C. Miguel (1981): "Sparidae". En W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott (eds.) FAO species identification sheets for fishery purposes. Eastern Central Atlantic. (Fishing Areas 34, 47 (in part). volume 4. Roma: FAO. (Ver Volume 4 en PDF).
- ↑ Bauchot, M.-L. & J.-C. Hureau (1990): "Sparidae". En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2, pp. 790-812. Lisboa: JNICT / París: SEI / Paría: UNESCO.
- ↑ 9,0 9,1 Pajuelo, J. G. & J. M. Lorenzo (2002): "Growth and age estimation of Diplodus sargus cadenati (Sparidae) off the Canary Islands". Fisheries Research 59: 93-100.
- ↑ 10,0 10,1 Pajuelo, J. G. & J. M. Lorenzo (2004): "Basic characteristics of the population dynamic and state of exploitation of Moroccan white seabream Diplodus sargus cadenati (Sparidae) in the Canarian archipelago". J. Appl. Ichthyol. 20 (1):15-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Summerer, M., Hanel, R. & Sturmbauer, C. (2001): "Mitochondrial phylogeny and biogeographic affinities of sea bream of the genus Diplodus (Sparidae)". Journal of Fish Biology 59: 1639–1652.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357-374.