División Administrativa da República Popular da China
Debido á magnitude da súa superficie e da súa poboación, e á presenza de numerosas minorías étnicas, a organización territorial ou división político-administrativa da China comprende varios niveis desde tempos antigos.
A vixente Constitución da República Popular da China prevé, de jure, tres niveis de goberno, aínda que actualmente, na práctica (de facto), hai cinco niveis: a provincia, a prefectura, o xián (ou condado), o municipio e a cidade.
Desde o século XVII, na China, os límites provinciais mantivéronse en gran medida invariábeis. Os principais cambios desde entón foron a reorganización das provincias no noroeste despois da creación da República Popular da China e a formación de rexións autónomas, que tiveron como idea inspiradora as políticas étnicas implantadas na antiga Unión Soviética.
As provincias cumpren unha función cultural importante na China, dado que a xente tende a identificarse coa súa provincia natal.
Niveis de organización territorial
[editar | editar a fonte]A Constitución da República Popular da China prevé oficialmente que o país se organiza en tres niveis:
- Nivel provincial: o país divídese en 23 provincias, 5 rexións autónomas, 4 municipios baixo xurisdición central, ou municipalidades,[1] e 2 rexións administrativas especiais.
- Nivel distrital: as provincias e rexións autónomas divídense en prefecturas autónomas, prefecturas, distritos, distritos autónomos e cidades.
- Nivel cantonal: os distritos e distritos autónomos repártense en cantóns, cantóns de minorías étnicas e poboados.
Porén, na aplicación real, inclíronse dous niveis máis: a prefectura, nas provincias, e o polo, nos municipios. (Hai un sexto nivel, a oficina pública de distrito, por debaixo dos condados, pero está sendo abolida).
Cadro das divisións administrativas
[editar | editar a fonte]A República Popular da China divídese administrativamente da seguinte maneira:
- 22 Provincias.
- 5 Rexións autónomas: Tíbet, Xinjiang, Mongolia Interior, Guangxí e Ningxiá.
- 4 Municipalidades: Pequín (Beijing), Chongquing (Chongqing), Xanghai (Shanghai) e Tianxín (Tianjin).
- 2 Rexións admin istrativas especiais: Hong Kong e Macau.
Cada unha destas administracións, subdivídese en prefecturas, e estas en condados (algúns dos cales é autónomo).
Provincias
[editar | editar a fonte]Nome | Chinés tradicional | Pinyin | Chinés simplificado | Capital | Superficie (km²) | Poboación |
---|---|---|---|---|---|---|
Anhui | 安徽 | Ānhuī | 皖 wǎn | Hefei | 139.057 | 61 706 238 |
Fujian | 福建 | Fújiàn | 闽 mǐn | Fuzhou | 123.603 | 35 801 740 |
Gansu | 甘肃 | Gānsù | 甘 gān, 陇 lǒng | Lanzhou | 464 186 | 26 184 538 |
Guangdong | 广东 | Guǎngdōng | 粤 yuè | Cantón | 177 933 | 79 383 035 |
Guizhou | 贵州 | Guìzhōu | 黔 qián, 贵 guì | Guiyang | 176 505 | 36 407 728 |
Hainan | 海南 | Hǎinán | 海 hǎi, 琼 qióng | Haikou | 34 353 | 8 112 834 |
Hebei | 河北 | Héběi | 冀 jì | Shijiazhuang | 187 991 | 69 602 378 |
Heilongjiang | 黑龙江 | Hēilóngjiāng | 黑 hēi | Harbin | 432 477 | 36 704 334 |
Henan | 河南 | Hénán | 豫 yù | Zhengzhou | 166 499 | 93 652 065 |
Hubei | 湖北 | Húběi | 鄂 è | Wuhan | 185 125 | 61 692 449 |
Hunan | 湖南 | Húnán | 湘 xiāng | Changsha | 211 836 | 64 406 395 |
Jiangsu | 江苏 | Jiāngsū | 苏 sū | Nanjing | 97 607 | 75 176 989 |
Jiangxi | 江西 | Jiāngxī | 赣 gàn | Nanchang | 167 430 | 41 398 079 |
Jilin | 吉林 | Jílín | 吉 jí | Changchun | 192 105 | 27 502 884 |
Liaoning | 辽宁 | Liáoníng | 辽 liáo | Shenyang | 147 785 | 42 600 752 |
Qinghai | 青海 | Qīnghǎi | 青 qīng | Xining | 716 693 | 5 001 307 |
Shaanxi | 陕西 | Shǎnxī | 陕 shǎn, 秦 qín | Xi'an | 205 693 | 36 641 032 |
Shandong | 山东 | Shāndōng | 鲁 lǔ | Jinan | 156 867 | 92 809 165 |
Shanxi | 山西 | Shānxī | 晋 jìn | Taiyuan | 157 023 | 34 415 373 |
Sichuan | 四川 | Sìchuān | 川 chuān, 蜀 shǔ | Chengdu | 491 146 | 83 725 263 |
Yunnan | 云南 | Yúnnán | 滇 diān, 云 yún | Kunming | 393 734 | 44 948 507 |
Zhejiang | 浙江 | Zhèjiāng | 浙 zhè | Hangzhou | 103 900 | 47 964 394 |
Rexións autónomas
[editar | editar a fonte]Nome | Chinés tradicional | Pinyin | Chinés simplificado | Capital | Superficie (km²) | Poboación |
---|---|---|---|---|---|---|
Guangxi | 广西 | Guǎngxī | 桂 guì | Nanning | 241 410 | 44 553 455 |
Mongolia Interior | 内蒙古 | Nèi Měnggǔ | 蒙 měng | Hohhot | 1 218 698 | 24 259 735 |
Ningxia | 宁夏 | Níngxià | 宁 níng | Yinchuan | 55 461 | 5 900 848 |
Xinjiang | 新疆 | Xīnjiāng | 新 xīn | Ürümqi | 1 774 034 | 19 988 711 |
Tíbet | 西藏 | Xīzàng | 藏 zàng | Lhasa | 1 268 947 | 2 810 767 |
Municipalidades
[editar | editar a fonte]Nome adaptado ao galego | Nome transliterado | Nome chinés tradicional | Pinyin | Nome chinés simplificado | Capital | Superficie (km²) | Poboación |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Pequín | Beijing | 北京 | Běijīng | 京 jīng | 16 808 | 14 933 274 | |
Chongquín | Chongqing | 重庆 | Chóngqìng | 渝 yú | 82 403 | 31 610 196 | |
Xanghai | Shanghai | 上海 | Shànghǎi | 沪 hù | 6 341 | 17 805 281 | |
Tianxín | Tianjin | 天津 | Tiānjīn | 津 jīn | 11 632 | 10 315 894 |
Rexións Administrativas especiais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ China.org.cn. "División administrativa e cidades".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: China |