Qinghai
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Capital | Xining (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.930.000 (2010) (8,51 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Wutun (pt) Kangjia (en) Tibetano Amdo (pt) Tibetano khams (pt) Lingua kazakh Língua bonã (pt) Eastern Yugur (en) Tsat (en) Língua salar (pt) Língua monguor (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 696.700 km² | ||||
Punto máis alto | Bukadaban Feng (pt) (6.860 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1928 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Liu Ning (en) (2018–2020) Wu Xiaojun (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Q106088413 , | ||||
PIB nominal | 300.590.000.000 ¥ (2020) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CN-QH e CN-63 | ||||
Sitio web | qh.gov.cn | ||||
Qinghai (chinés tradicional e simplificado: 青海; pinyin: Qīnghǎi; Wade–Giles: Ch'ing1-hai3) é unha provincia interior da República Popular da China, situada entre o centro e o oeste do país. O seu nome provén do lago Qinghai, o máis extenso do país, con 4.635 km², cuxo nome significa mar azul en lingua chinesa.
Trátase dunha das provincias chinesas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores. Esta baixa poboación da provincia explícase polo clima extremo, con invernos moi fríos e veráns moi quentes, xa que xeograficamente a provincia é unha prolongación natural da meseta do Tíbet.
En Qinghai nacen tres dos ríos máis caudalosos e longos do planeta: os ríos Mekong, Yangtzé e Huang He. Tamén é o lugar de nacemento de Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, que recibiu en 1989 o Premio Nobel da Paz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Qinghai |