Saltar ao contido

Lago Qinghai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Qinghai
(bo) མཚོ་སྔོན་པོ་ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipolago endorreico
lago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaQinghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°N 100°L / 37, 100
Afluentes
Características
Altitude3.266 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade21 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións38 (altura) m × 67,3 (ancho) km × 108,1 (lonxitude) km
Superficie4.400 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica29.660 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data28 de febreiro de 2017
Identificador6186
Medicións
Volume físico71.600.000.000 m³ Editar o valor en Wikidata

Páxina webqhh.qinghai.gov.cn Editar o valor en Wikidata

O lago Qinghai ou Ch'inghai (chinés tradicional e simplificado: 青海胡; pinyin: Qīnghǎi hú; Wade-Giles: Ch'ing1-hai3 hu2), tamén coñecido como Tso Ngönpo (tibetano: མཚོ་སྔོན་པོ་) ou Köke nayur (escrita mongol: ᠬᠦᠬᠡᠨᠦᠦᠷ; cirílico: хөх нуур), é o maior lago da China. Situado nunha conca endorreica na provincia de Qinghai, á que dá o seu nome, está clasificado como lago salgado alcalino. O lago flutuou bastante en tamaño, reducíndose moito no século XX, mais aumentando a partir de 2004. Ten unha superficie de 4317 km³,[1] unha profundidade media de 21 m e unha profundidade máxima en 2008 de 25,5 m.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O lago Qinghai sitúase a un cen quilómetros de Xining nunha bacía da chaira tibetana, a 3205 m sobre o nivel do mar.[2] Ao lago chegan vinte e tres ríos e regatos, a maioría deles estacionarios. Cinco correntes permanentes proporcionan o 80% do fluxo total.[3] A afluencia relativamente baixo e as taxas altas de evaporación volveron o Qinghai salino e alcalino; ten aproximadamente 14 partes por millar de sal e un pH de 9,3.[4]

Na punta da península situada na parte occidental do lago están as illas dos Cormoráns e dos Ovos, coñecidas como illas dos Paxaros.

O lago Qinghai illouse do río Amarelo hai aproximadamente 150 000 anos.[4] Incrementou a súa salinidade e basicidade dende principios do Holoceno.[4]

Na mitoloxía chinesa

[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía chinesa, o lago Qinghai foi creado para o rei dragón Ao Run, quen andaba na procura do inexistente mar do oeste. Conmovido polo seu pranto, o emperador de xade invocou unha poderosa tormenta que deu orixe ao lago.[5]

  1. "Area of Qinghai Lake Has Increased Continuously". China Council for International Cooperation on Environment and Development. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  2. Buffetrille 1994, p. 2; Gruschke 2001, páx. 90ss.
  3. Rhode, David; Haizhou, Ma; Madsen, David B.; Brantingham, P. Jeffrey; Steven L. Forman; Olsen, John W. (2009). "Paleoenvironmental and archaeological investigations at Qinghai Lake, western China: Geomorphic and chronometric evidence of lake level history" (PDF). Quaternary International 218 (1–2): 3. doi:10.1016/j.quaint.2009.03.004. Consultado o 18 de marzo de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Zhang & al. 2015.
  5. "西海龙王叫什么名字,西海在哪里? — 未解之谜网". www.49363.com. Consultado o 2024-02-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]