División de Honra B de Rugby 2003-2004
A tempada 2003-2004 da División de Honra B foi a sexta edición da segunda competición de liga do rugby en España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o ADUS, Arquitectura, Ciencias, Oviedo e BUC participantes na edición anterior; o CAU Valencia e Cisneros descendidos da División de Honra; e o Independiente e Ordizia ascendidos da Primeira Nacional.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. Ciencias | 27 | 18 | 13 | 1 | 4 | 585 | 278 |
2º. | C.D. Arquitectura | 24 | 18 | 11 | 2 | 5 | 443 | 382 |
3º. | Ordizia R.E. | 23 | 18 | 11 | 1 | 6 | 487 | 321 |
4º. | Oviedo R.C. | 20 | 18 | 10 | 0 | 8 | 312 | 370 |
5º. | A.D.U.S. | 19 | 18 | 9 | 1 | 8 | 368 | 344 |
6º. | C.A.R. | 15 | 18 | 7 | 1 | 10 | 333 | 426 |
7º. | B.U.C. | 14 | 18 | 7 | 0 | 11 | 350 | 393 |
8º. | C.R. Cisneros | 14 | 18 | 7 | 0 | 11 | 396 | 417 |
9º. | Independiente R.C. | 14 | 18 | 7 | 0 | 11 | 289 | 461 |
10º. | C.A.U. Valencia | 10 | 18 | 5 | 0 | 13 | 276 | 447 |
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). |
|
O campión da categoría foi o Club de Rugby Ciencias.
Na promoción o CAU Valencia superou ó CRAT coruñés acadando así a permanencia, mentres que o Independiente renunciou a disputala contra o UCAM de Murcia, perdendo a categoría.