Saltar ao contido

División de Honra de Rugby 1970-1971

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 1970-1971
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1970-1971 Editar o valor en Wikidata

A tempada 1970-1971 da Liga Nacional de rugby foi a cuarta edición da máxima categoría do rugby en España. A liga contou con 8 equipos. O calendario da competición estivo formado por 14 xornadas. Nel enfrontáronse entre si tódolos equipos a dúas voltas. O Canoe NC saíu campión por vez primeira na súa historia.

Novos participantes

[editar | editar a fonte]

Nesta II Liga Nacional de rugby participaron os mesmos seis equipos da primeira edición, e dous novos participantes que tiveron que pasar por unha fase de ascenso disputada na primavera de 1970, e na que participaron un total de 16 equipos: tres de Castela, tres de Cataluña, tres de Andalucía, dous de Valencia, dous de Euskadi/Navarra, dous de Asturias e un de Valladolid. Chegaron á final o El Salvador (eliminando ó CN Sevilla, ó Canoe e ó CN Barcelona) e a Santboiana (eliminando ó Macarena, ó Anoeta e ó Olímpico).[1] A final desta fase de ascenso foi xogada o 17 de maio en Madrid e rematou cun 20-9 a prol do equipo de Valladolid.[2] Daquela aínda non estaba decidido que a liga aumentase de 6 a 8 participantes, de xeito que o resultado significaba o ascenso directo dos gañadores e unha incógnita para os perdedores. Finalmente en setembro a federación acordou a ampliación do torneo mantendo na máxima categoría a tódolos participantes da primeira edición, e acollendo nela ós dous finalistas da fase de ascenso.[3]

Sistema de puntuación

[editar | editar a fonte]

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
España División de Honra — Tempada 1970/71
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Comunidade de Madrid Canoe NC 39 14 12 1 1 212 83
2 Castela e León CR El Salvador 34 14 10 0 4 182 122
3 Cataluña FC Barcelona 32 14 9 0 5 192 122
4 Cataluña UE Santboiana 29 14 7 1 6 124 146
5 At.San Sebastián 28 14 7 0 7 166 127
6 Cataluña CEU Barcelona 22 14 4 0 10 91 195
7 Comunidade de Madrid CR Cisneros 21 * 14 4 0 10 84 161
8 Comunidade de Madrid CAU Madrid 18 14 2 0 12 90 185
Cisneros foi sancionado cun punto por incomparecencia.

<<<< 1969/70 — Tempadas — 1971/72 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).
En rosa      a posición de promoción de permanencia (7º).
En vermello      a posición de descenso directo (8º).


  • O Canoe NC conseguiu o campionato nacional de liga, con 39 puntos en 14 xornadas. Foi o 1º título de liga para o club madrileño.
  • Eliminatoria de Promoción (Valencia): Colegio Mayor Cisneros - Club Natación Barcelona  6-16

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]