División de Honra de Rugby 2023-2024
Tipo | División de Honra de Rugby |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Española de Rugby |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2023-2024 |
Número de edición | 57 |
Competición | |
Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club |
A tempada 2023-2024 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 57ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]O torneo está formado por tres fases. A primeira fase consiste nunha liga a unha volta na que cada equipo xoga once encontros, un contra cada equipo rival. Cando remata esta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa pasan á segunda fase dentro do Grupo A, e os seis últimos equipos da táboa pasan á segunda fase dentro do Grupo B. Na segunda fase cada equipo xoga cinco encontros, un contra cada equipo do seu grupo. Trala segunda fase os seis equipos do Grupo A e os dous mellores equipos do Grupo B se clasifican para cuartos de final, o último equipo do Grupo B perde a categoría, e o penúltimo equipo do Grupo B ten que disputar a promoción contra o segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.
Sistema de puntuación
[editar | editar a fonte]- Cada vitoria suma 4 puntos.
- Cada empate suma 2 puntos.
- O equipo que gaña o encontro anotando 3 ensaios ou máis que o rival acada un punto bonus.
- O equipo que perde o encontro por unha diferenza de 7 tantos ou menos acada un punto bonus.
Criterio de desempate
[editar | editar a fonte]No caso de que dous ou máis equipos estean empatados a puntos cando remate a primeira fase, os criterios de desempate serán os seguintes:
- 1º - Maior número de partidos gañados
- 2º - Maior diferenza entre tantos anotados e tantos encaixados
Primeira fase
[editar | editar a fonte]A primeira fase da División de Honra comezou o 1 de outubro de 2023 e rematou o 27 de xaneiro de 2024. Contou con once xornadas de competición nas que cada equipo xogou once encontros. Tralo remate da primeira fase todos os equipos xogaron unha vez contra os seus once rivais. Esta primeira fase sirve para separar os seis mellores equipos dos seis peores que competirán pola permanencia na segunda fase.
Táboa
[editar | editar a fonte]Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | CD Aparejadores | 49 | 11 | 10 | 0 | 1 | |||
2 | VRAC | 47 | 11 | 10 | 0 | 1 | |||
3 | CR Ciencias | 32 | 11 | 6 | 1 | 4 | |||
4 | C Alcobendas R | 28 | 11 | 6 | 0 | 5 | |||
5 | UE Santboiana | 28 | 11 | 6 | 1 | 4 | |||
6 | CR El Salvador | 24 | 11 | 5 | 1 | 5 | |||
7 | CR Cisneros | 19 | 11 | 4 | 0 | 7 | |||
8 | FC Barcelona | 19 | 11 | 4 | 0 | 7 | |||
9 | Ordizia RE | 18 | 11 | 4 | 0 | 7 | |||
10 | CP Les Abelles | 16 | 11 | 4 | 1 | 6 | |||
11 | Belenos RC | 16 | 11 | 3 | 0 | 8 | |||
12 | Pozuelo RU | 9 | 11 | 2 | 0 | 9 | |||
Campión de inverno. Os seis primeiros pasaron ó Grupo A. Os seis últimos pasaron ó Grupo B. |
- Fonte: ferugby.es
Segunda fase
[editar | editar a fonte]Nesta segunda fase da liga cada equipo xogou contra tódolos equipos do seu grupo, tendo cada equipo cinco encontros. Nesta segunda fase da liga non se partía de cero puntos, mantíñanse os puntos acadados por cada equipo durante a primeira fase.
Grupo A
[editar | editar a fonte]Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | CD Aparejadores | 66 | 16 | 14 | 0 | 2 | |||
2 | VRAC | 61* | 16* | 13* | 0 | 3 | |||
3 | CR Ciencias | 45* | 16* | 9 | 1 | 6* | |||
4 | CR El Salvador | 39 | 16 | 8 | 1 | 7 | |||
5 | C Alcobendas R | 34 | 16 | 7 | 0 | 9 | |||
6 | UE Santboiana | 33 | 16 | 7 | 1 | 8 | |||
Clasificados para Cuartos de Final. |
- Fonte: ferugby.es VRAC e Ciencias non se enfrontaron na derradeira xornada da liga regular por mor dunha incoparecencia do Ciencias producida o 14 de abril de 2024. O comité de disciplina da FER acordou declarar gañador do encontro non disputado ó VRAC por 21-0 e sancionar ó Ciencias con dous puntos.[1]
Grupo B
[editar | editar a fonte]Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | CR Cisneros | 37 | 16 | 8 | 0 | 8 | |||
2 | CP Les Abelles | 30 | 16 | 7 | 1 | 8 | |||
3 | Ordizia RE | 29 | 16 | 6 | 0 | 10 | |||
4 | Pozuelo RU | 26 | 16 | 6 | 0 | 10 | |||
5 | FC Barcelona | 26 | 16 | 5 | 0 | 11 | |||
6 | Belenos RC | 21 | 16 | 4 | 0 | 12 | |||
Clasificados para Cuartos de Final. Promoción. Descenso. |
- Fonte: ferugby.es
Eliminatorias polo título
[editar | editar a fonte]Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
1. CD Aparejadores | 53 | |||||||||
8. CP Les Abelles | 7 | |||||||||
1. CD Aparejadores | 16 | |||||||||
4. CR El Salvador | 12 | |||||||||
4. CR El Salvador | 36 | |||||||||
5. C Alcobendas R | 17 | |||||||||
1. CD Aparejadores | 19 | |||||||||
2. VRAC | 20 | |||||||||
2. VRAC | 30 | |||||||||
7. CR Cisneros | 21 | |||||||||
2. VRAC | 14 | |||||||||
3. CR Ciencias | 10 | |||||||||
3. CR Ciencias | 37 | |||||||||
6. UE Santboiana | 15 | |||||||||
A final da División de Honra tivo lugar no campo de San Amaro de Burgos o 26 de maio de 2024. Nela enfrontáronse os dous primeiros clasificados da liga regular, que viñan de disputar a final na pasada tempada. O VRAC gañou o encontro por 20 tantos a 19, acadando o seu décimo terceiro título de liga.
Promoción
[editar | editar a fonte]Como penúltimo clasificado, o FC Barcelona disputou a promoción pola permanencia contra o AD Ingenieros Industriales, subcampión da segunda categoría do rugby nacional. O encontro tivo lugar no Centro Deportivo Municipal Pinares de Venecia de Zaragoza o 25 de maio e o conxunto culé venceu por 34 tantos a 3, conservando deste xeito a súa praza na División de Honra.
Como último clasificado, o Belenos RC perdeu a categoría. A súa praza será ocupada o vindeiro ano polo CR La Vila, campión da División de Honra B.