Saltar ao contido

Dodrans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deseño dun dodrans feito por Henry Cohen para súa obra Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain

O dodrans (voz latina) ou dodrante foi unha moeda da Antiga Roma de bronce emitida con carácter excepcional durante o período da República.[1][2][3]

O dodrans ou dodrante, concibido cun valor de nove onzas e equivalente ás tres cuartas partes dun ás, foi emitido exclusivamente en dúas ocasións: en 127 a. de C, polo cónsul Marco Cecilio Metelo, e en 126 a. de C., polo maxistrado C. Cassio, quen paralelamente emitiu tamén outra denominación á marxe das regulares do sistema monetario: o bes.[4]

O dodrans de Metelo

[editar | editar a fonte]

A emisión máis antiga, a de Metello, amosa no seu anverso o busto de Vulcano ollando á dereita, cun sombreiro cónico (píleo) rodeado por unha coroa de loureiro; pinzas no ombreiro e S ••• detrás.

No reverso presenta a característica proa de barco das moedas romanas desta época, arredor M•METELLUS sobre escudo Macedonio, e S ••• abaixo.[5]

Ademais do dodrans, Metelo emitiu tamén un denario, un semis, un triens e un cuadrante.

O escudo macedonio e as grilandas de loureiro aluden á vitoria obtida polo pai do monetario, Quinto Cecilio Metelo Macedónico, en 148 a. de C, en tanto que a Vulcano se lle atribuía ser un devanceiro da familia de Metelo.

O dodrans de Cassio

[editar | editar a fonte]

No seu anverso preséntase a Vulcano ollando á dereita, con píleo e pinzas no ombreiro, e S ••• detrás. No reverso, un arco, C. CASSI arriba e S ••• á fronte.[6]

Este mesmo monetario, ademais do dodrans, emitiu algúns escasos exemplares de bes, de denario e de cuadrante.[7]

  1. "Dodrans". En Encyclopedie Methodique. Tomo 2. París. 1788. Páxina 430.
  2. "Dodrans". En Roman bronze coins. Submultiples of the as. www.monete-romane.com
  3. "Dodrans". En Smith, William et. al. (1890).
  4. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dodrans".
  5. Crawford, M. H. (1974). Páxina 288.
  6. Crawford, M. H. (1974). Páxina 290.
  7. "Dodrans". Descrición e fotografías do dodrans de Cassio e do de Metelo, en Numismatics.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]