Andrew Burnett
Andrew Burnett (esquerda) en 2011 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1952 Reino Unido |
33º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
2013 – 2018 ← Nicholas Mayhew – Roger Bland → | |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | - Universidade de Oxford - Museo Británico |
Q89547790 | - Estudos de moeda da Antiga Roma. - Dirección do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística. |
Ocupación | conservador, numismático |
Empregador | Museo Británico |
Premios | |
- (1978-1987-1991): Premio Lhotka. - (1993) Medalla da Royal Numismatic Society. - (2006): Premio Ya’akov Meshorer (Museo de Israel). - (2007) Medalla Huntington (ANS. - (2012): Comendador da Orde do Imperio Británico. - (2016): Membro honorífico da SRNB - (2020): Premio Derek Allen (BA). | |
Membro de: Academia Británica. Sociedade de Anticuarios de Londres. Real Sociedade de Numismática Sociedade Real de Numismática de Bélxica. |
Andrew Michael Burnett, nado o 23 de maio de 1952, é un numismático e conservador museístico británico especializado na moeda da Antiga Roma.[1][2]
Burnett graduouse na Universidade de Oxford e formouse tamén no Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Londres.[3]
Burnett dirixiu o Museo Británico desde 2003 ata 2013, e anteriormente fora conservador do Departamento de Moedas e Medallas desta institución entre 1992 e 2003.[1]
En 2013 foi elixido presidente da Real Sociedade de Numismática, de Londres, cargo que ocupou ata 2018.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 6 de maio de 1982, Burnett foi elixido membro da prestixiosa Sociedade de Anticuarios de Londres e un ano máis tarde, en 2003, da Academia Británica, que é a academia do Reino Unido para as humanidades e as ciencias sociais.[1][3][5]
En 2012 recibiu o nomeamento como Comendador da Orde do Imperio Británico "polos seus servizos ao Museo Británico e á numismática".[6]
En 2006 outorgóuselle o premio Ya’akov Meshorer, do Museo de Israel, en Xerusalén.[7]
En 1993 recibiu a medalla da Royal Numismatic Society.[8] Desa mesma entidade xa recibira o premio Lhotka nas edicións de 1978, 1987 e 1991.[9]
En 2020 foi galardoado co premio Derek Allen, da Academia Británica, "pola súa salientable contribución ao desenvolvemento do estudo das cuñaxes do Imperio Romano e unha carreira de servizo público".[10]
Burnett é profesor honorario de arqueoloxía da universidade pública londiniense University College London.
En 2016 foi elixido membro honorífico da Real Sociedade Numismática de Bélxica, con ocasión do 175 aniversario da institución.[11]
Na súa honra publicouse ademais un Festschrift académico en 2015, que foi editado por Roger Bland e Dario Calomino co título de Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett.[12][13]
Publicacións numismáticas
[editar | editar a fonte]Roman Provincial Coinage
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Roman Provincial Coinage.
Xunto con outros autores, participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia, e do que foi editor xeral. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[14][15]
Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Burnett:[16]
- (1992): The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC–AD 69). Con P. P. Ripollès e M. Amandry. Londres. ISBN 0 7141-0871-5
- (1999): Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69–96). Con M. Amandry e I. Carradice. ISBN 978-0714108988
- (2015): Roman Provincial Coinage. Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98–138). Con M. Amandry, W. Metcalf et al.
- (1998): Roman Provincial Coinage. Supplement 1. Con M. Amandry e P. P. Ripollès.
- (2006): Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Con M. Amandry, P. P. Ripollès e I. Carradice. ISBN 978-84-690-5987-6. Texto en liña.
- (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Con M. Amandry, P. P. Ripollès, I. Carradice et al. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-333-1. Texto en liña
- (2015): Roman Provincial Coinage. Consolidated supplement I-III. Con M. Amandry, A. Burnett, I. Carradice et al. General Editors. ISBN 978-1-910807-06-4. Texto en liña.
- (2017): Roman Provincial Coinage. Supplement 4. Con M. Amandry, A. Burnett et al. Texto en liña.
Coin Hoards from Roman Britain
[editar | editar a fonte]Andrew Burnett foi tamén autor e editor dalgúns volumes da serie Coin Hoards from Roman Britain, publicada polo Museo Británico, na que se catalogan e se analizan os achados de moedas romanas nas Illas británicas. Estes son os volumes da serie que contaron coa súa participación:
- (1979): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 1. Con R. A. G. Carson. ISBN 9780861590049
- (1981): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 2. ISBN 9780861590315
- (1984): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 4. ISBN 9780861590438
- (1984): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 5. ISBN 9780861590490
- (1986): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 6. Con R. F. Bland. ISBN 9780861590582
- (1987): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 7. ISBN 9780861590599
- (1988): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 8. The Normanby hoard and other Roman coin hoards. Con R. F. Bland. ISBN 9780714108704
Outras obras
[editar | editar a fonte]Ademais dun bo número de artigos publicados fundamentalmente en revistas do ámbito numismático, Burnett é autor de diversas monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:[17][18][19]
- (1977): The coins of late antiquity AD 400-700. British Museum. Londres. ISBN 9780714100678
- (1981): Coin hoards from Roman Britain. Vol. 2. British Museum. Londres. Con R. A. G. Carson. ISBN 9780861590315
- (1987): The Coinage of the Roman world in the Late Republic : Proceedings of a colloquium held at the British museum in September 1985. Bar Publishing. Oxford. Con M. H. Crawford. ISBN 9780860544203
- (1987): Coinage in the Roman world. Spink & Son Ltd. Londres. ISBN 978-0900652844
- (1998): Coins of Macedonia and Rome: essays in honour of Charles Hersh. Spink. Londres. Con R. Witschonke et al. ISBN 9781902040028
- (1991). Coins (Interpreting the Past). University of California Press. Berkeley. ISBN 978-0520076280
- (1991): La numismatique romaine. De la République au Haut-Empire. Ed. Errance. ISBN 978-2903442699
- (2001): Behind the scenes at the British Museum. British Museum Press. Londres. Con J. Reeve. ISBN 978-0714121963
- (2005): Coinage and Identity in the Roman Provinces. Oxford University Press. Con C. Hougego e V. Heuchert.
- (2017): Roman coins, money, and society in Elizabethan England : Sir Thomas Smith's On the wages of the Roman footsoldier. American Numismatic Society. Nova York. Con R. Simpson et al. ISBN 9780897223522
- (2018): Coins of the Roman revolution (49BC-AD14) : evidence without hindsight. Classical Press of Wales. Con A. Powel. ISBN 9781910589762
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Dr Andrew Burnett FBA. Numismatics Greek and Roman Numismatics". The British Academy.
- ↑ "Dr Andrew Burnett FBA CBE". Gresham College.
- ↑ 3,0 3,1 "Dr Andrew Burnett CBE FBA Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Royal Armouries.
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "About the fellowship Arquivado 15 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Society of Antiquaries of London.
- ↑ The London Gazette. Suplemento 60009. Páxina 7. 31 de decembro de 2011.
- ↑ "The Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem.
- ↑ "The Society’s Medal". Na web de The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Derek Allen Prize". The British Academy.
- ↑ "Membres honoraires – Honoraire leden (1/12/2017)". Socieété Royale de Numismatique de Belgique.
- ↑ Bland, R.; Calomino, D. (eds.). Studies in ancient coinage in honour of Andrew Burnett. Spink & Son. Londres. ISBN 978-1907427572
- ↑ Kampmann, U. "Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett". En Coins Week. 5 de novembro de 2015.
- ↑ "Team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ "Project". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ "Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
- ↑ "Burnett, Andrew Michael Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
- ↑ "Burnett, Andrew". En WorldCat.
- ↑ "Andrew Burnett". En Dialnet.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 2016 Salton lecture by Dr Andrew Burnet. American Numismatic Society.
- Medalla da British Art Medal Society dedicada a Andreu Barnett Arquivado 20 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
Predecesor: Nicholas Mayhew |
Presidente da Royal Numismatic Society 2013 - 2018 |
Sucesor: Roger Bland |
- Nados en 1952
- Nados no Reino Unido
- Numismáticos do Reino Unido
- Persoas relacionadas co Museo Británico
- Presidentes da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados co Jeton de Vermeil
- Galardoados co premio Derek Allen
- Galardoados co premio Lhotka
- Directores de museos
- Membros da Academia Británica
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres
- Escritores do Reino Unido
- Historiadores do Reino Unido