Robert James Eidlitz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1864 |
Morte | 18 de maio de 1935 (71 anos) Nova York. Estados Unidos. |
País de nacionalidade | estadounidense. |
Relixión | Xudaísmo. |
Educación | Universidade Cornell. Universidade Técnica de Berlín. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arquitectura. |
Premios | |
(1917): Medalla Huntington (ANS). |
Robert James Eidlitz, nado o 25 de marzo de 1864 en Nova York e finado o 18 de maio de 1935 na mesma cidade, foi un numismático e arquitecto estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Robert J. Eidlitz naceu en Nova York o 25 de marzo de 1864, nunha familia de ascendencia xudía de Bohemia.[1] Cursou os seus estudos superiores inicialmente na Universidade Cornell, onde se graduou en 1885, e posteriormente na Universidade Técnica de Berlín, onde estudou Arquitectura.[2][3][4]
Eidlitz arquitecto e construtor
[editar | editar a fonte]Eidlitz comezou a súa vida laboral na empresa de construción propiedade do seu pai, Marc Eidlitz & Son, Inc.,[3] encargada de construír algúns dos edificios máis destacados de Nova York, como o do Banco da Reserva Federal, o Museo Cloisters, a Academia de Medicina de Nova York, o Yale Club, a Astor Library, o edificio AT&T ou un anexo do edificio da Bolsa de Nova York en Wall Street. En 1928 foi nomeado presidente da compañía, logo do falecemento do seu irmán máis vello.[2][4]
Eidlitz numismático
[editar | editar a fonte]Paralelamente á súa dedicación á arquitectura, Eidlitz foi un entusiasta numismático e coleccionista de medallas de temática arquitectónica, asunto sobre o que publicou un manual en 1927.[2][5] En 1910 ingresou na American Numismatic Society (ANS) e desde 1916 ata a súa morte en 1935 formou parte do seu consello de dirección.[4] Nesta institución promoveu a emisión dunha serie de medallas conmemorativas e participou na comisión que estableceu un dos galardóns máis destacados dos que ofrece a ANS: o premio Sanford Saltus de Medalla.[4]
Tamén como construtor, a empresa de Eidlitz encargouse da construción na década de 1920 dunha nova á do edificio Audubon Terrace, que foi a sede da American Numismatic Society ata 2008.[3] Tras a súa morte, a ANS estableceu en 1955 o Fondo Eidlitz para o Mantemento de Edificios, a partir dun legado que deixara para tal fin o propio Eidlitz.[6] De igual xeito, tamén doou á Sociedade a súa colección de medallas sobre arquitectura.[3][4]
Robert Eidlitz faleceu en Nova York o 18 de maio de 1935, aos 71 anos.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Estes son traballos monográficos sobre medallística publicados por Robert James Eidlitz:[8]
- (1924). Medals and medallions of Thomas Jefferson. Nova York.
- (1927). Medals and Medallions Relating to Architects. Nova York.
- (1928). Medallic Portraits of Matthew Boulton and James Watt. Nova York.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rechcigl, M. (2018).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Rechcigl, M. (2021).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Smith, P. (2012).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Eidlitz, Robert J. (Robert James), 1864-1935". American Numismatic Society.
- ↑ Véxase (1927) en "Publicacións".
- ↑ Adelson, H. L. (1958). The American Numismatic Society 1858-1958. American Numismatic Society, Nova York. Páxina 283.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Eidlitz, Robert James 1864-1935". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rechcigl, M. (2018). "Robert James Eidlitz". En American Jews with Czechoslovak Roots. Páxina 219.
- Rechcigl, M. (2021). "Robert James Eidlitz (1864-1935)". En American Men and Women in Medicine, Applied Sciences and Engineering with Roots in Czechoslovakia. Authorhouse, Bloomington. ISBN 978-1-6655-1598-9
- Smith, P. (2012). "Eidlitz, Robert James". En American Numismatic Biographies. Páxina 114.
- Nados en 1864
- Finados en 1935
- Nados en Nova York
- Numismáticos dos Estados Unidos de América
- Galardoados coa medalla Huntington
- Arquitectos dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores de non ficción
- Escritores en lingua inglesa
- Alumnos da Universidade Cornell
- Alumnos da Universidade Técnica de Berlín
- Estadounidenses de ascendencia xudeocheca