Olivier Picard
Olivier Picard, nado o 4 de marzo de 1940 en Bernay, Normandía, é un historiador, arqueólogo e numismático francés especializado na Antiga Grecia.[1]
Picardo foi director da Escola Francesa de Atenas e é membro da Académie des inscriptions et belles-lettres.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Olivier Picard naceu na vila normanda de Bernay o 4 de marzo de 1940, o maior dos fillos dos historiadores e arqueólogos Gilbert Charles-Picard e de Colette Durand, e neto do helenista Charles Picard. Graduouse en educación secundaria en 1957 no instituto Fustel de Coulanges, en Estrasburgo.[2]
Picard formouse na École normale supérieure (1960) e acadou a agregación para a docencia da historia no ensino secundario en 1964. No período 1966-1971 foi membro da Escola Francesa de Atenas.[1] En 1976 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada Chalcis et la Confédération eubéenne.[2]
Comezou a docencia universitaria como profesor axudante na Universidade de París-Nanterre (París X) en 1971, e xa como profesor titular entre 1979 e 1992.[1][2]
Entre 1981 e 1992 dirixiu a Escola Francesa de Atenas e logo regresou durante un ano o seu posto na Universidade de París-Nanterre.[3] Finalmente, en 1993 foi nomeado profesor da Universidade de París Sorbona (París IV), na que desde 2004 dirixiu a escola de doutoramento "Mundos antigos e medievais".[1][2]
Como arqueólogo, participou nas escavacións de Thasos et Lato.[1] Entre 1996 e 1999 dirixiu a Maison Archéologie & Ethnologie René-Ginouvès, establecida no campus da Universidade París-Nasterre. Así mesmo, Picard presidiu a Asociación de Estudos gregos (1997-1998), de cuxa revista Revue des Études grecques foi nomeado director en 2000.[1][2]
Entre 1995 e 1997 foi o presidente da Sociedade Francesa de Numismática.[4][5] Tamén codirixiu a revista desta sociedade, Revue numismatique, desde 1997 ata 2014.[1][2][6]
No verán de 1999 foi o profesor encargado do seminario estival da American Numismatic Society.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Olivier Picard foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París, en 2001. No seu país tamén foi recoñecido como cabaleiro da Lexión de Honor, oficial da Orde nacional do Mérito e comendador da Orde das Palmas Académicas.[1][2]
Premios
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Picard foi autor dun bo número de artigos publicados en diferentes revistas especializadas, así como de máis dunah ducia de traballos monográficos:[9][10][11][12][13]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1971). Collection Hélène Stathatos. Bd. IV, 1: Bijoux et petits objets
- (1979). Chalcis et la confédération eubéenne. Étude de numismatique et d’histoire. École Française d'Athènes, Atenas.
- (1980). Les Grecs devant la menace perse. Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782718118192
- (1981). Catalogue de la donation Henry Vernin. Monnaies grecques (con G. Reynaud). Archives de la ville de Marseille, Cabinet des médailles, Marsella.
- (1992). La redécouverte de Delphes. École française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869580503
- (2000). Guerre et économie dans l’alliance athénienne (490-322 av. J.-C.). Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782718192918
- (2003). Royaumes et cités hellénistiques de 323 à 55 av. J.-C. Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782718194509
- (2005). L’exception égyptienne? Production et échanges monétaires en Égypte hellénistique et romaine (con F. Duyrat). Institut français d'archéologie orientale, O Cairo. ISBN 9782724704105
- (2007). Monnaies de Bronze de Marseille, Analyse, classement, politique monétaire (con J. N. Barrandon). Centre national de la recherche scientifique, París. ISBN 9782271064950
- (2008). Économies et sociétés en Grèce ancienne (478-88 av. J.-C.): oikonomia et économie (con M. Brunet). Société d'édition d'enseignement supérieur, París. ISBN 9782301000040
- (2011). Nomisma, La circulation monétaire dans le monde grec antique (con Th. Faucher, M. C. Marcellesi). École Française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869582248
- (2012). Les monnaies des fouilles du Centre d’Études alexandrines, Les monnayages de bronze à Alexandrie de la conquête d’Alexandre à l’Égypte moderne. Centre d'études alexandrines, París. ISBN 9782111286160
- (2017). The Hellenistic harbour of Amathus : underwater excavations, 1984-1986 (con J. Y. Empereur et al.). École française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869584464
- (2019). Thasos: heurs et malheurs d'un Eldorado antique (con M. Brunet et al.). Ecole française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782708410473
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Picard, Olivier". Académie des inscriptions et belles-lettres.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Curriculum Vitae: Olivier Picard". Academia.edu
- ↑ "1981-1992. Direction O. Picard". École française d'Athènes.
- ↑ "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxinas 7-50 (para anos posteriores cómpre examinar cada número concreto da revista a través de Persée).
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "2012 and 2013 Huntington Awards for excellence in numismatic scholarship". Coins Weekly. 28 de marzo de 2013.
- ↑ "Bibliographie. Olivier Picard". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Febreiro de 2014.
- ↑ "Digital Library Numis Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Picard, Olivier (1940-)". Persee.fr
- ↑ "Picard, Olivier". WorldCat Identities.
- ↑ "Olivier Picard". Academia.edu
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Conferencia de Olivier Picard (vídeo): "La pénétration de la monnaie grecque en Asie" (2015).
Predecesor: Sylvie de Turckheim-Pey |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1995-1997 |
Sucesor: Jean Hiernard |
- Nados en 1940
- Nados no departamento de Eure
- Galardoados coa medalla Huntington
- Numismáticos de Francia
- Historiadores de Francia
- Arqueólogos de Francia
- Historiadores de Historia Antiga
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres
- Alumnos da École Normale Supérieure
- Profesores da Universidade París Oeste
- Profesores da Universidade de París-Sorbona