Humberto Francisco Burzio
![]() Humberto Francisco Burzio en 1970 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo 1902 |
Morte | 18 de agosto de 1980 (78 anos).![]() ![]() |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Escola Superior de Comercio de Buenos Aires. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiografía, numismática e Forzas Armadas. |
Ocupación | historiador, diplomático, mariño, numismático ![]() |
Membro de | |
Premios | |
· (1960):
Medalla Huntington (ANS). · (1960): Conde Garriga (ANE). | |
Humberto Francisco Burzio, nado en Buenos Aires o 2 de xullo de 1902 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1980, foi un historiador naval, numismático, militar e diplomático arxentino.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Humberto Francisco Burzio naceu o 2 de xullo de 1902 en Buenos Aires, fillo de Genoveva Tuté e de Francisco Burzio.[2]
En 1917 comezou na Escola Superior de Comercio de Buenos Aires os estudos de Perito Mercantil, título que acadou en 1921.[2]
En 1923 ingresou na Armada Arxentina como gardamariña contador, especialidade na que se mantivo durante toda a súa carreira militar, ata o grao de capitán de navío,[3] co que accedeu ao retiro en 1964. En 1948 formou parte da delegación oficial do seu país na celebración en Sevilla do sétimo centenario da fundación da Mariña de Castela.[2]
Burzio foi un importante coleccionista de moedas e medallas e dedicou boa parte da súa vida á investigación numismática e tamén sobre a historia marítima e militar.[2] Os seus estudos sobre numismática hispanoamericana sitúano como sucesor do chileno José Toribio Medina.[4]
Entre outras entidades académicas e asociativas, foi desde 1939 membro de número do Instituto Bonaerense de Numismática e Antigüidades,[5] que presidiu entre 1951 e 1955. Tamén presidiu a Comisión de Numismática e Sixilografía Relixiosa; foi membro da Academia Nacional de Historia da República Arxentina desde 1946,[6] membro correspondente da Academia Chilena da Historia, socio de honra da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos,[7] membro de honra da Sociedade Numismática do Perú e, desde 1946, membro correspondente da American Numismatic Society.[2][3][4]
No ámbito público, Burzio ocupou o posto de Embaixador da República Arxentina no Perú[8][9] e o de director do o Museo Histórico Nacional da Arxentina.[3][10] Ademais, foi o creador do Departamento de Estudos Históricos Navais da Arxentina.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1960): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[11]
- (1960): Premio Javier Conde Garriga, da Asociación Numismática Española, de Madrid.[12]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe non exhaustiva dos traballos monográficos publicados por Humberto Francisco Burzio ao longo da súa carreira académica:"[13]
Obra numismática
[editar | editar a fonte]- (1940). Medallas del litigio de límites argentino chileno. Instituto Bonaerense de Numismática y Antigüedades.
- (1945). La ceca de la Villa Imperial de Potosí y la moneda colonial. Peuser, Buenos Aires.
- (1945). Historia numismática de la Armada Argentina. Ministerio de Marina, Buenos Aires.
- (1949). La moneda de la Tierra y de cuenta en el régimen monetario colonial hispano-americano. Maestre, Madrid.
- (1956-1958). Diccionario de la moneda hispanoamericana (3 volumes). FHB José Toribio Medina, Santiago de Chile.
- (1957). La medalla y el escudo a los libertadores de Montevideo: 1814. Buenos Aires.
- (1958). La ceca de Lima: 1565-1824. FNMT, Madrid.
- (1961). La marina en la moneda romana. Secretaria de Estado de Marina, Buenos Aires.
- (1981). Buenos Aires en la medalla. Municipalidad de Buenos Aires (póstuma)
Obra marítima e militar
[editar | editar a fonte]- (1940). Nociones marítimas argentinas. Liga Naval Argentina, Buenos Aires.
- (1957). Almirante Guillermo Brown: síntesis biográfica. Comisión Provincial de Homenaje al Almirante Guillermo Brown, La Plata.
- (1960). Armada Nacional. Reseña histórica de su origen y desarrollo orgánico. Centro Naval, Buenos Aires.
- (1968). Historia del torpedo y sus buques en la Armada Argentina 1874-1900. Dep. de Estudios Históricos Navales, Buenos Aires.
- (1972). Historia de la Escuela Naval Militar. Departamento de Estudios Históricos Navales, Buenos Aires.
Outros
[editar | editar a fonte]- (1962). Historia de la Pirámide de Mayo (con R. Zabala). Academia Nacional de la Historia, Buenos Aires.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Burzio, Humberto F. 1902-1980". Biblioteca Nacional Mariano Moreno.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Burzio, Humberto F.". En Quien es quien [...] (1955)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Blasco, M. E. (2022). "Historia y museos. Operaciones políticas sobre la memoria reciente en la Argentina de segunda mitad del siglo XX". En Coordenadas. Revista de Historia local y regional. Ano IX. Nº 1. ISSN 2362-4752. Páxina 176.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 De Ávila Martel, A. (1981). Páxinas 337-338.
- ↑ "Miembros de Número Arquivado 24 de maio de 2022 en Wayback Machine.". Instituto Bonaerense de Numismática y Antigüedades.
- ↑ "Académicos de Número (1893-2021)". Academia Nacional de la Historia de la República.
- ↑ "Socios de Honor, vocales natos de la junta directiva". En Numisma. Ano 1. Nº 1. 1951. Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos. Páxina 83
- ↑ Directorio de Relaciones Oficiales. Instituto Interamericano de Ciencias Agrícolas de la OEA. San José, Costa Rica. 1964. Páxina 40.
- ↑ Boletín de la Biblioteca Nacional. Lima. 1º trimestre. 1962. Páxinas 60-62.
- ↑ "Disertación [...] por el director del Museo Histórico Nacional [...] Don Humberto F. Burzio, el 7 de octubre de 1960". En Museo Histórico Nacional. Serie II. Nº XIX. 1962.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ Titvla de Felipe Nateu y Llopis. Universidade de Barcelona. 1984. Páxina 98. ISBN 84-7528-160-85.
- ↑ "Burzio, Humberto F.". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De Ávila Martel, A. (1981). "Humberto H. Burzio. 1902-1980". En Boletín de la Academia Chilena de la Historia. Nº 92. Páxinas 337-338.
- "Burzio, Humberto F.". En Quien es quien en La Argentina. Biografías contemporáneas. 2ª ed. Ed.Kraft, Buenos Aires. 1955. Páxina 120.
Obituarios
[editar | editar a fonte]- "Capitán de navío Humberto Burzio. Falleció ayer". En Diario La Prensa. 19 de agosto de 1980.
- "Inhumáronse los restos del capitán Humberto F. Burzio". En Diario La Prensa. 20 de agosto de 1980.