Philip Mossman
Nome orixinal | Philip Llewellyn Mossman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de outubro de 1933 |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Dartmouth College. Universidade Harvard. |
Q89547790 | Estudos de moeda estadounidense da época colonial. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e medicina. |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ranlett (1963). |
Premios | |
2005: Medalla Huntington (ANA). |
Philip Llewellyn Mossman, nado en Worcester, Massachusetts o 10 de outubro de 1933, é un médico e numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico
[editar | editar a fonte]Philip Mossman graduouse en Medicina no Dartmouth College, de Hanover, Nova Hampshire, en 1955, e logo acadou o mestrado na Facultade de Medicina da Universidade Harvard, en 1958.[1]
Como médico, foi director de rehabilitación do Eastern Maine Medical Center, en Maine.[1]
Numismático
[editar | editar a fonte]Mossman é coleccionista de moedas coloniais estadounidenses e publicou varios traballos sobre este tema.[1]
Tamén foi editor da publicación periódica The Colonial Newsletter, a partir de 1997.[1]
Mossman é membro da American Numismatic Society,[2] entidade que en 2006 o recoñeceu coa Medalla Huntington correspondente a 2005.[3][4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mossman casou o 15 de xuño de 1963 con Mary Ranlett, con quen tivo tres fillos.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis significativos publicados por Philip Mossman ao longo da súa traxectoria:
- (1993): Money of the American Colonies and Confederation. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222495 [5]
- (1996). Coinage of the American Confederation Period. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222631
- (2013). From Crime to Punishment. Counterfeit and Debased Currencies in Colonial and Pre-Federal America. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897223270 [6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smith, P. (2012).
- ↑ "ANS Fellows 2022". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ "The Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "2006 Huntington Award to Philip Mossman, "Counterfeit & Altered Bills of Credit from 1690"". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ Recensión do libro, en Revue Numismatique, por T. V. Buttrey.
- ↑ Recensión do libro, en Coin Week, por C. Morgan e H. Walker.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Mossman, Philip Llewellyn". En American Numismatic Biographies. Páxina 306.