Jørgen Steen Jensen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1938 |
Conservador Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca | |
1966 – | |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinamarquesa. |
Educación | Universidade de Copenhague |
Q89547790 | Estudos de numismática medieval dinamarquesa. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, historiografía e museoloxía. |
Ocupación | historiador, numismático, conservador |
Empregador | Museu Nacional da Dinamarca (pt) (1958–) |
Membro de | Real Academia Danesa de Ciencias e Letras (2001–) Royal Danish Society for Fatherland History (en) (1981–) |
Familia | |
Cónxuxe | Inge Lise Pedersen |
Premios | |
- (1990): Medalla Elias Brenner (SNF). - (1997): Medalla da RNS. | |
Lista
|
Jørgen Steen Jensen, nado o 1 de novembro de 1938, é un historiador, numismático e museólogo dinamarqués.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jørgen Steen Jensen iniciou en 1957 os seus estudos de Historia na Universidade de Copenhague.[3]
Ingresou no Museo Nacional de Dinamarca, en Copenhague, en 1958. En 1966 acadou o posto de conservador da Colección Real de Moedas e Medallas e en 1983 sucedeu a Otto Mørkholm como conservador xefe e director dese gabinete numismático, ata a súa xubilación en 2007.[1][2]
É autor de varios libros fundamentalmente sobre numismática dinamarquesa da Idade Media e en 1978 foi editor de Nordisk Numismatisk Årsskrift, a revista da Unión Numismática Nórdica, cargo que exerceu ata 2002.
En 1980 foi nomeado membro da Real Sociedade Dinamarquesa para a Historia da Patria, e foi secretario desta entidade entre 1995 e 2000.[4] En 2001 foi elixido membro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras.[5] Así mesmo, é membro honorífico do Consello Internacional de Numismática.[3]
Jørgen Steen Jensen está casado desde 1971 con Inge Lise Pedersen, unha lingüista da Universidade de Copenhague especializada en dialectoloxía dinamarquesa.[6]
En 1998, a Unión Numismática Nórdica publicou un libro en homenaxe a Jørgen Steen Jensen co gallo do 60 aniversario, promovido por Jens Christian Moesgaard e Preben Nielsen.[7] Co mesmo motivo, a Sociedade Numismática Danesa emitiu unha medalla conmemorativa.[1]
Un novo libro homenaxe foi publicado en 2007 con motivo do seu retiro da Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca.[8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1989): Cabaleiro da Orde de Dannembrog.
- (1989): Cabaleiro da Orde da Estrela Polar.
- (1990): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca.[9]
- (1997): Medalla da Royal Numismatic Sociey, de Londres.[10]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Jørgen Steen Jensen ao longo da súa traxectoria académica:[11][12][13]
- (1971). Hertug Hans den Yngre: en biografi, katalog over mønter og fortegnelse over møntfund. Historisk Samfund for Als og Sundeved, Sønderborg. ISBN 9788798020219
- (1975). Sylloge of coins of the British Isles. 22: Royal collection of coins and medals, National Museum Copenhagen. Part 5: Hiberno-Norse and Anglo-Irish Coins (con G. Galster e M. Dolley). Oxford University Press. ISBN 9780197259498
- (1979). Medaljen över Jan Baptist Tęczyński och Cecilia Vasa: ett stycke 1500-talshistoria. Numismatiska litteratursällsk, Goteburgo. ISBN 9789197005289
- (1981). Den Kongelige mønt- og medaillesamling, 1781-1981. Nationalmuseet, Copenhague. ISBN 9788748002906
- (1985). Møntsamlere og forskere : Dansk numismatisk forening 1885-1985. Dansk numismatisk forening. ISBN 9788788385014
- (1992). Danmarks middelalderlige skattefund c.1050-c.1550 / Denmark's mediaeval treasure-hoards c.1050-c.1550. Det Kongelige Nordiske Oldskriftselskab, Copenhague. ISBN 9788787483230
- (1995). Tusindtallets danske mønter fra den Kongelige mont- og medaillesamling / Danish coins from the 11th century in the Royal Collection of Coins and Medals. Nationalmuseet, Copenhague. ISBN 9788716120113
- (2000). Christian VIII & the National Museum (con B. B. Rasmussen). National Museum of Denmark, Copenhague. ISBN 9788789438054
- (2005). The great numismatic collections on the Baltic : from coin collections of the sovereigns to national research institutions. Polytechnical University, San Petersburgo. ISBN 9785742209720
- (2011). Biografier: Danmarks Middelalder og Renæssance ; inspektører og redaktører 1838-2010. Nationalmuseet, Copenhague. ISBN 9788776021641
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Jørgen Steen Jensen (f. 1938)". Danskmoent.dk
- ↑ 2,0 2,1 "Jørgen Steen Jensen". Lex.dk
- ↑ 3,0 3,1 "Penge på hjernen. Historikeren Jørgen Steen Jensen, der fylder 75 år 1. november, ved mere om kroner og øre end de fleste". En Berlingske. 6 de decembro de 2020.
- ↑ "Indenlandske medlemmer Arquivado 20 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". Det Kongelige Danske Selskab for Fædrelandets Historie.
- ↑ "Royal Academy". Det Kongelige Danske Videnskabernes Selskab.
- ↑ "Inge Lise Pedersen (1939-)". Dansk kvindebiografisk leksikon.
- ↑ "Moesgaard, Jens Christian og Nielsen, Preben (red): Ord med mening. Festskrift til Jørgen Steen Jensen, København 1998". Danskmoent.dk
- ↑ M. Anderson (2007) (ed.). Magister Monetae Studies in Honour of Jorgen Steen Jensen. National Museum. ISBN 9788776020828
- ↑ "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Jensen, Jørgen Steen". Regesta Imperii.
- ↑ "Jensen, Jørgen Steen". WorldCat Identities.
- ↑ "Steen Jensen, Jørgen 1938- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Krmnicek, S. (2014). "Mørkholm, Otto Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine.". En Brill’s New Pauly Supplements I - Volume 6 : History of classical Scholarship - A Biographical Dictionary. ISBN 978-3-476-02033-8
- Le Rider, G.; Jenkins, K. et al. (1989). Kraay-Mørkholm essays. Numismatic studies in memory of C. M. Kraay and O. Mørkholm. Institut Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art, Louvain-La-Neuve.
- Santamas, M. L. (1983). "Otto Mørkholm, 1930-1983 : in memoriam". En Cyprus Numismatic Society Numismatic Report. Vol. 14. Páxinas 7-10.
- Skaare, K. (1983). "Otto Mørkholm, 28.VII.1930-16.VII.1983". En Compte rendu 30. Commission internationale de numismatique. Páxinas 23-24.
- Thompson, M. (1983). "Otto Mørkholm, 1980-1983". En ANS Newsletter. American Numismatic Society. Páxina 3.