Edward Thomas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1813 |
Morte | 10 de febreiro de 1886 (72 anos) Kensington, Gran Londres Inglaterra |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | East India Company College. |
Actividade | |
Campo de traballo | Antigüidades e numismática. |
Ocupación | anticuario |
Membro de | Royal Society (1871–) |
Premios | |
(1885): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Lista
|
Edward Thomas, nado o 31 de decembro de 1813 en Londres e finado o 10 de febreiro en 1886 en Kensington, Gran Londres, foi un funcionario inglés da East India Company coñecido polos seus traballos sobre numismática e antigüidades da India.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Edward Thomas era fillo do cirurxián galés Honoratus Leigh Thomas (1769-1846) e foi educado na East India College en Haileybury, Hertfordshire, unha institución académica onde se preparaban os futuros funcionarios da India Británica.[1][3][4]
Trasladouse á India en 1832 para prestar os seus servizos en Bengala, mais a súa má saúde obrigouno a pasar varias tempadas de baixa médica en Inglaterra. Este problema motivou que tivese que rexeitar o posto de secretario de Asuntos Exteriores do Goberno da India que lle ofreceu o administrador colonial, Lord Dalhousie, en 1852.[1][3]
Logo de exercer durante un curto período como xuíz en Delhi, Thomas foi nomeado xuíz superintendente dos territorios de Saugor e Nerbudda, ata que se retirou en 1857.[1][5]
A partir do seu retiro, dedicouse en exclusiva ás actividades académicas, sobre todo acudindo a reunións en sociedades eruditas e escribindo sobre arqueoloxía e numismática asiáticas.[5] Durante catro décadas foi membro da Asiatic Society, da que exerceu como tesoureiro durante 25 anos.[1]
Edward Thomas morreu en Kensington, no distrito de Kensington e Chelsea, no Gran Londres, o 10 de febreiro de 1886.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Como resultado dos seus traballos, Tomas foi elixido en 1871 membro da Royal Society e en 1884 foi nomeado Compañeiro da Orde do Imperio da India. Entre outras institucións académicas, foi tamén membro correspondente do Instituto de Francia (1873) e membro honorífico da Academia Rusa, en San Petersburgo.[1][5]
Premios
[editar | editar a fonte]- (1885): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Thomas está considerado como un autor de estudos anovadores en varias áreas do saber, como a numismática (cuñaxes bactrianas e indoescíticas, e moedas sasánidas), a metroloxía india, ou as xoias e as inscricións persas. Moitos dos seus numerosos artigos apareceron publicados na revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society (entre 1847 e 1883) e tamén no Journal of the Royal Asiatic Society.[1][7][8][9]
Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]- (1848). The epoch of the Sah kings of Surashtra, illustrated by their coins. T. R. Harrison, Londres.
- (1858). Essays on Indian antiquities, historic, numismatic and palaeographic. Vol. I. (con J. Prinsep). J. Murray, Londres.
- (1858). Essays on Indian antiquities, historic, numismatic and palaeographic. Vol. II. (con J. Prinsep). J. Murray, Londres.
- (1866). The initial coinage of Bengal, introduced by the Muhammadans on their conquest of the country, A.H. 600 to 800 (A.D. 1203-1397). S. Austin, Hertford.
- (1868). Early Sassanian Inscriptions, seals and coins. Trübner, Londres.
- (1871). Chronicles of the Pathán Kings of Delhi, ilustrated by coins, inscriptions and othes antiquarian remains. Trübner, Londres
- (1871). The revenue resources of the Mughal Empire in India. Trübner, Londres.
- (1873). The initial coinage of Bengal under the early Muhammadan conquerors. Part II: embracing the preliminary period between A.H. 614-634 (A.D. 1217-1236-7). Trübner, Londres.
- (1874). Ancient Indian Weights [serie International Numismata Orientalia, parte 1]. Trübner, Londres.
- (1876). Records of the Gupta Dinasty, ilustrated by inscriptions, written history, local tradition and coins. Londres.
- (1877). Jainism or The Early Faith of Asoka. Trübner, Londres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Lane-Poole, S. (1885-1900).
- ↑ Cooper, T. (1884).
- ↑ 3,0 3,1 Cooper, T. (1884). Páxina 1.041.
- ↑ "Haileybury College". En The New International Encyclopædia. 1905.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Cooper, T. (1884). Páxina 1.042.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Edward Thomas (1813-1886)". BnF.fr
- ↑ "Thomas, Edward 1813-1886 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Thomas, Edward 1813-1886". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lane-Poole, S. (1885-1900). "Thomas, Edward". En Dictionary of National Biography. Vol. 56. Smith, Elder & Co., Londres. Páxina 178.
- Cooper, T. (1884). "Thomas, Edward". En Men of the Time. A Dictionary of Contemporaries. 11ª ed. Routledge, Londres. Páxina 1.041-1.042.