Martin Price
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1939 Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 28 de abril de 1995 (56 anos) Londres ![]() |
Director of the British School at Athens (en) ![]() | |
1994 – 1995 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Cambridge |
Q89547790 | Estudo e catalogación da moeda da Antiga Grecia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, antigüidades |
Ocupación | numismático, anticuario, conservador ![]() |
Empregador | Museo Británico ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Zenaki ![]() |
Premios | |
(1981 e 1988): Premio Lhotka. (1982): Premio literario AINP. (1992): Medalla da Royal Numismatic Society. (1994) Medalla Gunnar Holst | |
![]() | |
Membro de: Museo Británico. Instituto Alemán de Arqueoloxía. Real Sociedade de Numismática. Escola Británica de Atenas. |
Martin Jessop Price, nado o 27 de marzo de 1939 en Londres e finado na mesma cidade o 29 de abril de 1995, foi un numismático e anticuario británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo dos seus estudos na King's School de Canterbury e no Queens's College da Universidade de Cambridge, Price especializouse en estudos clásicos. Nesa universidade acadou o seu doutoramento en 1967 baixo a dirección de Edward Robinson, cunha tese acerca da introdución da moeda de bronce no mundo grego.[2]
En 1961 obtivo unha bolsa para a Escola Británica de Arqueoloxía de Atenas, nunha convocatoria de intercambios de investigadores promovida polo Goberno grego.[2]
No relativo á súa vida persoal, en 1965 casou con Maria Zenaki, con quen tivo dous fillos e unha filla.[2]
A partir de 1966 comezou a traballar no Museo Británico, no Departamento de Moedas e Medallas, ocupándose principalmente das moedas da Antiga Grecia, e en 1978 converteuse en conservador interino da institución.[2]
Foi membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía e, no curso 1986-1987, exerceu como profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[2]
Price foi un dos responsables do proxecto Sylloge Nummorum Graecorum da Academia Británica, e a el débeselle ademais a redacción e a edición de catro estudos vinculados a esta iniciativa.[3]
En 1992 foi merecedor da prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society.[2][4] Previamente, en 1981 e en 1988, fora xa recoñecido co premio Lhotka, desa mesma entidade británica,[5] e en 1982 co premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[6] En 2009 recibiu tamén a Medalla Gunnar Holst, concedida en Goteburgo, Suecia.[7]
En 1994, na súa condición de estudoso da numismática grega ao máis alto nivel mundial, foi nomeado director da Escola Británica de Atenas, aínda que o seu falecemento aos poucos meses impediu que puidese levar a cabo os seus proxectos nesa institución.[2]En 1998, tres anos despois da súa morte, publicouse na súa honra unha colección de estudos de numismática grega.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- (1974): Coins of the Macedonians. British Museum. Londres. ISBN 9780714108278
- (1975): Archaic Greek Silver: the 'Asyut' Hoard. Vecchi. Londres. Con Nancy Wagoner.
- (1975): Coins and the Bible. Vecchi. Londres.
- (1975-1994): Coin Hoards (ed.). Volumes: I (1975), II (1976), III (1977), IV (1978), V (1979), VI (1981), VII (1985), VIII (1994). Royal Numismatic Society; Special Publications. Londres. ISSN 0140 1149.
- (1977): Coins and Their Cities: Architecture on the Ancient Coins of Greece, Rome and Palestine. Vecchi. Londres. Con Bluma Trell. ISBN 9780814315866
- (1983): Monnaies du monde entier. Bordas. París. Con J. Belaubre. ISBN 9782040128814
- (1986): A survey of numismatic research. 1978-1984 (ed.). International Association of Professional Numismatists.
- (1988): Coinage in the Greek World. Spink & Son. Londres. Con I. Carradice. ISBN 978-0900652820
- (1991): The Coinage in the Name of Alexander the Great and Philip Arrhidaeus. 2 volumes. British Museum / Swiss Numismatic Society. Londres. ISBN 9783908103004
- (1993): Essays in honour of Robert Carson and Kenneth Jenkins (ed.). Spink & Son. Londres. ISBN 9780907605386
- (2001): Historia Numorum. Italy. British Museum. Londres. Con A. Burnett, M. H. Crawford et al. ISBN 9780714118017
Bolsas de investigación Martin Price
[editar | editar a fonte]A Royal Numismatic Society estableceu en 1997, con carácter anual, o Fondo Martin Price de Numismática da Antiga Grecia, en memoria do insigne numismático, que foi membro, directivo e medallista da sociedade. O fondo utilízase en forma de bolsas de investigación para a promoción do estudo da numismática dese período no seu sentido máis amplo, e cos investigadores novos como obxectivo prioritario.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Price, Martin, 1939-1995". En Library of the Congress Authorities.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Bland, R. "Obituary: Martin Price Arquivado 21 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Independent. 4 de maio de 1995.
- ↑ "About the authors and contributors: Martin J. Price". En The Seven Wonders of the Ancient World. Routledge. 1988. Páxina 11. ISBN 0-415-05036-7
- ↑ "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Setembro de 2012. Páxina 114.
- ↑ Ashton, R.; Hurter, S. et al. (1998) Studies in Greek Numismatics in Memory of Martin Jessop Price. Spink & Son. Londres. ISBN 9780907605959
- ↑ "The Martin Price Fund for Ancient Greek Numismatics". The Royal Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold-Biucchi, C. (1995). "M. J. Price". En ANS Newsletter. 66. American Numismatic Society. Páxina 8.
- Nados en 1939
- Finados en 1995
- Nados en Londres
- Numismáticos do Reino Unido
- Alumnos da Universidade de Cambridge
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Gunnar Holst
- Galardoados co premio Lhotka
- Persoas relacionadas co Museo Británico
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Escritores do Reino Unido
- Historiadores do Reino Unido