Laurie Asher Lawrence
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1857. |
Morte | 5 de xullo de 1949. Londres. Inglaterra. |
País de nacionalidade | Británica |
Relixión | Xudía. |
Educación | Hospital St Bartholomew, Londres. |
Q89547790 | Estudos de numismática medieval inglesa. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e medicina. |
Ocupación | cirurxián, numismático |
Familia | |
Irmáns | Esther Lawrence Gerald Lawrence Reina Lawrence |
Premios | |
· 1917: Medalla da RNS. · 1917: Medalla Sanford Saltus (BNS). | |
Laurie Asher Lawrence, nado en Londres o 23 de outubro de 1857 e finado en Hampstead, Londres, o 5 de xullo de 1949, foi un numismático inglés especializado na moeda medieval de Inglaterra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Laurie Asher Lawrence naceu en Londres o 23 de outubro de 1857, o maior dos nove fillos de Emily Asher e de John Moss Lawrence, director dunha compañía e pertencente a unha familia xudía.[1][2]
Cursou a súa educación secundaria na University College School e posteriormente estudou Medicina no Hospital St Bartholomew, de Londres. Posteriormente completou a súa formación médica en Viena.[1]
Carreira médica
[editar | editar a fonte]En 1883 acadou a cualificación como médico da Society of Apothecaries e o 24 de xaneiro de 1884 ingresou no Real Colexio de Cirurxiáns de Gran Btretaña e Irlanda.[1]
Traballou como cirurxián xefe no hospital St Bartholomew entre 1884 e 1885; posteriormente como cirurxián a cargo do departamento de gorxa e oído no hospital Seamen, de Greenwich, e finalmente como cirurxián consultor do Western General Dispensary.[1][3]
Desde o 9 de xuño de 1888 formou parte do Real Colexio de Cirurxiáns de Inglaterra.[1][4] Ese mesmo ano ingresou tamén na Real Sociedade Médica e Cirúrxica de Londres.[5]
Carreira numismática
[editar | editar a fonte]No entanto, o seu recoñecemento vénlle polas súas contribucións no ámbito numismático.
Lawrence ingresou na Royal Numismatic Society o 17 de decembro de 1885,[6] e un lustro máis tarde, en 1890, fixo a súa primeira publicación na revista Numismatic Chronicle (NC), desta Sociedade, co título "A Baronial Coin of Eustace Fitz-John",[7] sobre unha moeda da súa propia colección. A este artigo seguiuno un bo número de contribucións arredor da moeda inglesa medieval.[4]
Tamén foi un dos impulsores da creación da British Numismatic Society desde a súa primeira sesión do 30 de novembro de 1903, e posteriormente foi vicepresidente desta entidade e editor do seu xornal British Numismatic Journal (BNJ).[4]
Lawrence formou parte tamén da Sociedade de Anticuarios de Londres.[1][8]
A súa obra máis representativa foi "Coinage of Edward III from 1351", publicada inicialmente en catro partes en Numismatic Chronicle, entre 1926 e 1933, e posteriormente en forma de libro, cun limiar e un apéndice, en 1937.[4][9]
Lawrence foi un asiduo visitante do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, onde non só investigaba para os seus estudos numismáticos, senón que tamén realizaba vendas e intercambios de moedas e outras antigüidades.[10] Esta colaboración mutua foi recoñecida polo Departamento, que o nomeou conservador axudante honorífico.[8]
As "coleccións Lawrence"
[editar | editar a fonte]Paralelamente ao seu labor como erudito, Lawrence foi conformando desde a década de 1880 unha nutrida colección de moeda inglesa medieval e emisións da Antiga Roma na Britania que foi catalogada en 1903 para a súa venda en Sotheby (24-27 de febreiro).[11] Nesta venda pública concedeulle dereito prioritario ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico para que puidese adquirir as moedas da súa colección xeral que fosen do seu interese.[8] A parte de ouro de Eduardo III tivo ese fin e foi adquirida na súa integridade, mais non así o resto da súa colección, que acabou disperso en diversas vendas públicas.[12]
Mais logo desta primeira colección xurdiron outras que seguiu cultivando ao longo da súa vida. No seu testamento, legou ao Museo Británico a súa colección de moeda falsa de época. [12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Lawrence casou en xuño de 1886 con Elizabeth Rachel Joseph (finada en 1937), con quen tivo catro fillos e unha filla.[1][13]
Morreu na súa residencia do número 44 de Belsize Square en Hampstead, Londres, o 5 de xullo de 1949 aos 91 anos.[4][1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1917): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres (ex aequo con H. B. E. Fox).[14]
- (1917). Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society, de Londres.[15]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Escolma de artigos en Numismatic Chronnicle
[editar | editar a fonte]- (1890). "On a baronial coin of Eustace Fitz-John". En Numismatic Cronicle. 3ª serie. Vol. 10. Páxinas 42-47.
- (1893). "Coinage of Æthebald". En Numismatic Cronicle. 3ª serie. Vol. 13. Páxinas 40-45.
- (1893). "Silver coins of Edward III". En Numismatic Cronicle. 3ª serie. Vol. 13. Páxinas 46-59.
- (1897). "On some coins of William I and II". En Numismatic Cronicle. 3ª serie. Vol. 17. Páxinas 226-234.
- (1897). "On the mint of Barnstaple". En Numismatic Cronicle. 3ª serie. Vol. 17. Páxinas 302-308.
- (1905). "The coinage of Henry IV". En Numismatic Cronicle. 4ª serie. Vol. 5. Páxinas 83-99.
- (1916). "More chronology of the short-cross period". En Numismatic Cronicle. 4ª serie. Vol. 16. Páxinas 356-377.
- (1918). "On the coinage of Henry VII". Numismatic Cronicle. 4ª serie. Vol. 18. Páxinas 205-261.
- (1919). "The martlet and rose half-groats of Henry VII". Numismatic Cronicle. 5ª serie. Vol. 19. Páxinas 257-264.
- (1921). "On a second specimen of the crown of the rose". En Numismatic Cronicle. 5ª serie. Vol. 1. Páxinas 102-107.
- (1926). "The coinage of Edward III from 1351". En Numismatic Cronicle. 5ª serie. Vol. 6. Páxinas 417-469.
- (1929). "II: 1354-1356 (series E, F, G)". NC. 5ª serie. Vol. 9. Páxinas 106-168.
- (1932). "III: 1356.1361 (series G and transitional)" NC. 5ª serie. Vol. 12. Páxinas 96-174. (1933). "IV: 1362-1377 (Treaty and post-Treaty Periods)". NC. 5ª serie. Vol. 13. Páxinas 15-79
- (1935) "The origin of the Roman serrati" (con E. A. Sydenham). En Numismatic Cronicle. 5ª serie. Vol. 15. Páxinas 209-231.
- (1940). "On roman plated coins" (con E. A. Sydenham). En Numismatic Cronicle. 5ª serie. Vol. 20. Páxinas 190-202.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Lawrence, Laurie Asher (1857 - 1949)". Royal College of Surgeons of England.
- ↑ Pagan, H. (2020). Parte I. Páxinas 2-3.
- ↑ Pagan, H. (2020). Parte I. Páxina 1.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Blunt, C. E. (1949). Páxina 95.
- ↑ "Resident Fellows". En Medico-Chirurgical Transactions. Vol. 82. Longmans, Londres. Páxinas xxvi, lxiii.
- ↑ Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 65.
- ↑ Véxase (1890) en "Publicacións".
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Dr Laurie A Lawrence". The British Museum.
- ↑ Véxase (1926) en "Publicacións".
- ↑ Sutherland, C. H. V. (1950).
- ↑ Pagan, H. (2020). Parte I, páxina 1, e Parte II.
- ↑ 12,0 12,1 Blunt, C. E. (1949). Páxina 96.
- ↑ Pagan, H. (2020). Parte I. Páxina4.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blunt, C. E. (1949). "Obituaries: L. A. Lawrence". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 26.
- Pagan, H. (2020). "Laurie Asher Lawrence and his first collection".
- Part I: Professional life, playing cards, family, houses. En BNS Research Blog, 14 de xillo de 2020.
- Part II: the manuscript catalogue". En BNS Research Blog, 22 de xullo de 2020.
- Sutherland, C. H. V. (1950). "Proceedings of the Royal Numismatic Society". En Numismatic Chronicle. 6ª serie. Vol. 10. Páxina 6.