Charles Roach Smith
![]() Retrato e sinatura de Charles Roach Smith | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1807 Shanklin, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 2 de agosto de 1890 (82 anos)![]() ![]() |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Museum of London Antiquities. |
Actividade | |
Campo de traballo | Antigüidades, numismática, arqueoloxía. |
Ocupación | antropólogo, arqueólogo, numismático ![]() |
Membro de | Lancashire and Cheshire Antiquarian Society (en) ![]() Société des antiquaires de l'Ouest (en) ![]() British Archaeological Association (en) ![]() Société des antiquaires de Picardie (en) ![]() Société nationale des Antiquaires de France (en) ![]() Société des antiquaires de Normandie (en) ![]() London and Middlesex Archaeological Society (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
(1883): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography ![]() |
Lista
|
Charles Roach Smith, nado o 20 de agosto de 1807 na Illa de Wight e finado o 2 de agosto de 1890 en Strood, condado de Kent, foi un anticuario, arqueólogo afeccionado e numismático inglés, pioneiro no estudo estatístico dos achados de moedas romanas.[1]
Pertenceu a diversas sociedades científicas, como a Sociedade de Anticuarios de Londres ou a Sociedade Numismática de Londres, e foi fundador da Asociación Arqueolóxica Británica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e formación
[editar | editar a fonte]Roach Smith naceu en Landguard Manor, Shanklin, na Illa de Wight, o máis novo dos fillos do granxeiro John Smith, e da súa muller, Ann, filla de Henry Roach, de Arreton Manor. O seu pai morreu cando Charles era un neno e desde aquela pasou a vivir na casa do seu avó materno, en Arreton. A súa nai morreu cara a 1824.[2]
Roach Smith asistiu a unha pequena escola en Swaythling, Southampton, e cando o seu mestre foi destinado a St. Cross, preto de Winchester, Charles marchou con el. Arredor de 1820, continuou a súa educación nunha escola meirande en Lymington, Hampshire.[2]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]En 1821 traballou durante uns meses no despacho do avogado Francis Worsley, en Newport, Illa de Wight, e en 1822 comezou a traballar como aprendiz cun químico de Chichester, West Sussex, con quen permaneceu seis anos. En 1834 estableceu o seu propio negocio como químico en Lothbury, na Cidade de Londres, e entre 1840 e 1860 trasladouse a Finsbury Circus, na mesma cidade.[2]
Xa desde a súa infancia, Roach Smith sentiu interese por coleccionar antigüidades, e foi apoiado polo anticuario Alfred John Kempe nesta afección. Durante vinte anos seguiu de preto as escavacións producidas en Londres e o dragado do río Támese, tanto como coleccionista como para o seu estudo, e en 1854 publicou un estudo sobre as antigüidades aloxadas no daquela existente Museo de Londres, procedentes das escavacións da cidade.[3] Estes obxectos foron incorporados anos máis tarde ao Museo Británico, onde formaron o núcleo da colección nacional de antigüidades romano-británicas.[1][2]
Roach Smith pasou a ser considerado axiña como a primeira autoridade do Londres romano. Foi un innovador ao lles prestar atención aos sitios arqueolóxicos urbanos, e a súa obra Illustrations of Roman London (1859) foron o traballo principal neste tema ata 1909.[2][4]
Sociedades científicas
[editar | editar a fonte]Roach Smith pertenceu a moi diversas sociedades científicas, tanto británicas como do estranxeiro. Foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres en 1836. Pertenceu tamén á Real Sociedade de Anticuarios do Norte e ás Sociedades de Anticuarios de Francia, de Normandía, de Picardía, do Oeste, e de Morini. Así mesmo, durante moitos anos correu a cargo do artigo mensual da sección Antiquarian Notes na revista The Gentleman's Magazine.[2][5]
Durante máis de cincuenta anos foi moi activo nas actividades da London Numismatic Society (antecedente da Royal Numismatic Society), da que foi un dos seus secretarios entre 1841 e 1844. Tamén foi autor de numerosas contribucións á súa revista Numismatic Chronicle.[2]
Xunto co tamén anticuario Thomas Wright, fundou a Asociación Arqueolóxica Británica en 1843, e participou activamente no seu xornal. En 1855 foi membro fundador da Sociedade Arqueolóxica de Londres e Middlesex. Logo do seu retiro en Strood, asistiu con regularidade ás actividades da Sociedade Arqueolóxica de Kent e contribuíu con numerosos artigos en Archaeologia Cantiana.[2]
Foi tamén membro honorífico das sociedades arqueolóxicas de Madrid, Wiesbaden, Mayence, Treyes, Chester, Cheshire e Lancashire, Suffolk, e Surrey, así como da Real Sociedade de Literatura, da Sociedade de Anticuarios de Escocia e da Société d'émulation d'Abbeville.[2][5][6]
Derradeiros anos
[editar | editar a fonte]Logo de diminuír a súa dedicación á actividade académica, adquiriu, para vivir a súa xubilación, unha pequena propiedade en Strood, Kent, con algún terreo de horta. Aí dedicouse fundamentalmente á pomoloxía e á obtención de viño. Sobre isto publicou un opúsculo en 1863 titulado On the Scarcity of Home-grown Fruits in Great Britain, previamente aparecido como artigo en Proceedings of the Historical Society of Lancashire and Cheshire, do que se distribuíron mil copias en Francia e en Alemaña.[7] Roach Smith avogaba pola conveniencia da plantación do terreo baleiro nas beiras das vías do ferrocarril con maceiras ananas e outras clases de árbores froiteiras, e esta foi unha suxestión amplamente adoptada noutros países e dun xeito máis limitado en Inglaterra.[2]
Roach Smith non casou. Logo dunha curta convalecencia de seis días, faleceu o 2 de agosto de 1890 e foi soterrado no cemiterio de Frindsbury.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1852): Membro honorífico da London Numismatic Society.[2]
- (1883): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Monografías
[editar | editar a fonte]- (1848-1880). Collectanea antiqua: etchings and notices of ancient remains, illustrative habits, customs, and history of past ages. Vol. 1 (1848); Vol. 2 (1852); Vol. 3 (n/d); Vol. 4 (1857); Vol. 5 (1861); Vol. 6 (1868); Vol. 7 (1880). J. R. Smith, Londres.
- (1850). Roman History From Coins. Londres.
- (1850). The Antiquities of Richborough, Reculver, and Lymne, in Kent. J. R. Smith, Londres.
- (1854). Catalogue of the London Antiquities. Londres.
- (1855). Notes on some of the antiquities of France, made during a fortnight's excursion in the summer of 1865. Londres.
- (1858). Report on excavations made upon the site of the Roman castrum at Pevensey in Sussex, in 1852. Londres.
- (1859). Illustrations of Roman London. Londres.
- (1863). On the Scarcity of Home Grow Fruits in Great Britain, with Remedial Suggestions. Brakell, Liverpool.
- (1874). The Rural Life of Shakespeare, as illustrated by his works. Londres.
- (1871). A Catalogue of Anglo-Saxon and other Antiquities discovered at Faversham, in Kent, and bequeathed by William Gibbs of that town to the South Kensington Museum. Eyre & Spottiswoode, Londres. [2ª ed. en 1873]
- (1877). Remarks on Shakespeare: his birthplace, etc.: suggested by a visit to Stratford-on-Avon in the autumn of 1868. Bell and Sons, Londres.
- (1889). A Dictionary of Roman Coins, Republican and Imperial (con S. W. Stevenson e F. W. Madden). Bell and Sons, Londres.
- (1883-1991). Retrospections, Social and Archaeological. Vol 1 (1883); Vol. 2 (1886); Vol. 3 (1991). Bell and Sons, Londres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Charles Roach Smith". The British Museum.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Prideaux Courtney, W. (1898). Páxinas 26-27.
- ↑ Véxase (1854) en "Publicacións".
- ↑ Véxase (1859) en "Publicacións".
- ↑ 5,0 5,1 Véxase (1854) En "Publicacións". Portada e páxinas iii, iv e v.
- ↑ Scott, S. (2017).
- ↑ Véxase (1863) en "Publicacións".
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prideaux Courtney, W. (1898). "Smith, Charles Roach". En Dictionary of National Biography. 53. Londres: Smith, Elder & Co.
- Rhodes, M. (2004). "Smith, Charles Roach (1806-1890)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- "Obituary: Charles Roach Smith., F.S.A". En Journal of the British Archaeological Association. Vol 46.1890. Nº 3.
- Scott, S. (2017). "'Gratefully dedicated to the subscribers': The archaeological publishing projects and achievements of Charles Roach Smith". En Internet Archaeology. 46.