Shpresa Gjongecaj
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1952 Tirana, Albania |
País de nacionalidade | Albanesa |
Educación | Universidade de Tirana |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | arqueóloga |
Premios | |
2020: Jeton de Vermeil (SFN). | |
Shpresa Gjongecaj Vangjeli, nada o 6 de febreiro de 1952 en Tirana, é unha arqueóloga e numismática albanesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shpresa Gjongecaj ingresou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Tirana en 1969 e graduouse en Linguas clásicas (latín e grego antigo) en 1973. Posteriormente recibiu formación de especialización en numismática con Olivier Picard na Sorbona (París IV) e na Escola Francesa de Atenas, con Michel Amandry no Gabinete de Medallas de París e con Giovani Gorini na Universidade de Padua, entre outras institucións académicas. En 1983 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada "Moedas de cidades ilirias", baixo a dirección de Selim Islami.[1]
Desde 1974 está vinculada profesionalmente ao Instituto Arqueolóxico Albanés. Entre 1999 e 2007 foi a xefa do seu Departamento de Antigüidades, e de 2008 a 2013 exerceu o cargo de directora da institución.[1][2]
Gjongecaj é tamén profesora de numismática na Universidade de Tirana e participou en diversas expedicións arqueolóxicas.[1]
Entre outros encontros internacionais, cómpre salientar a súa participación nos Congresos Internacionais de Numismática de Bruxelas (1991) e de Berlín (1997), organizados polo Consello Internacional de Numismática.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma da prodicón bibliográfica de Shpresa Gjongecaj ao longo da súa traxectoria:[4][5][6][7]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (2015). Thesare me monedha antike të gjetura në Shqipëri (shek. V-I p.Kr) [""Tesouros de moedas antigas achados en Albania (séculos V-I a.C)"]. Tirana. ISBN 978-9928-147-30-1
- (2019). Trésors de monnaies antiques trouvés en Albanie (Ve-Ier siècle av. J.-C.) (con O. Picard). École française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869583153[8]
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1995). "Le monnayage d'argent d'Égine et le trésor de Hollm (Albanie) 1991" (con H. Nicolet-Pierre). En Bulletin de Correspondance Hellénique, 119-1. Páxinas 283-338.
- (1998). "Le trésor de Dimalla 1973 et le passage du monnayage hellénistique au monnayage impérial à Apollonia d'Illyrie" (con O. Picard). En Bulletin de Correspondance Hellénique, 122-2. Páxinas 511-527.
- (2001). "Apollonia et le monnayage épirote : le trésor de Bakërr" (con O. Picard). En Revue Numismatique, 157. Páxinas 323-249.
- (2003). "Monnaies d’Apollonia" (con O. Picard). En Iliria, 31. Páxinas 259-266.
- (2010). "Le monnayage de Phoinikè sous l’empire romain". En Revue Numismatique, 166. Páxinas 383-396.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Curriculum Vitae: Shpresa Gjongecaj-Vangjeli". Akademia e Studimeve Albanologjike (Asa.edu.al)
- ↑ "Gjongecaj, Shpresa". BNF Catlogue général.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Gjongecaj, Shpresa". WorldCat Identities.
- ↑ "Gjongecaj, Shpresa". Persee.fr
- ↑ "Gjongecaj, Shpresa Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Shpresa Gjongecaj Vangjeli". Academia.edu
- ↑ Recensión da obra por A. Meadows. En Bryn Mawr Classical Review (2021).