Dom za vešanje
Dom za vešanje | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dom za vešanje |
Director | Emir Kusturica |
Produtor | Mirza Pašić Harry Saltzman |
Guión | Emir Kusturica Gordan Mihić |
Intérpretes | Davor Dujmović Bora Todorović Ljubica Adžović Sinolička Trpkova Husnija Hasimović Elvira Sali |
Música | Goran Bregović |
Fotografía | Vilko Filač |
Montaxe | Andrija Zafranović |
Estudio | Forum Sarajevo |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 21 de decembro de 1988 |
Duración | 300 minutos |
Orixe | Iugoslavia |
Xénero | drama, comedia |
Na rede | |
Dom za vešanje, traducido literalmente do serbio como "Casa colgante", e coñecido internacionalmente en inglés como Time of the Gypsies (O tempo dos xitanos), é un filme iugoslavo dirixido por Emir Kusturica, polo que recibiu o premio ao Mellor Director no Festival de Cannes. A película céntrase na vida de Perhan, interpretado por Davor Dujmović, un adolescente xitano con poderes telecinéticos.
A banda sonora foi composta por Goran Bregović e consiste en gran parte en versións de composicións populares xitanas. A canción "Ederlezi" aparece en numerosas escenas da película, incluída a máis espectacular, na que os xitanos celebran o día de San Xurxo. Gran parte do elenco da obra é de etnia xitana.
Argumento
[editar | editar a fonte]Perhan vive no sur de Iugoslavia coa súa devota avoa Hatidža (Ljubica Adžović), o seu tolo tío Merdžan e a súa irmá Danira, que padece osteomielite. Perhan está namorado de Azra (Silonicka Trpkova), pero a nai desta desprézao pola súa pobreza e por ser fillo bastardo dun esloveno non xitano. Un día chega Ahmed (Bora Todorovic), un xitano que fixo fortuna en Italia e que solicita os poderes máxicos de Hatidža para curar ao seu fillo. A cambio, Ahmed levará a Danira a Liubliana, para ser curada da súa enfermidade. Perhan acompañaraa. Despois de deixar a Danira no hospital, Ahmed leva a Perhan a Milán, onde este descobre os turbios negocios de Ahmed.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Davor Dujmović como Perhan.
- Bora Todorović como Ahmed.
- Ljubica Adžović como Hatidža (avoa).
- Sinolička Trpkova como Azra.
- Husnija Hasimović como Merdžan (tío).
- Elvira Sali como Danira.
- Zabit Memedov como Zabit.
- Suada Karišik como Džamila.
- Sedrije Halim como Ruza, nai de Azra.
Versións
[editar | editar a fonte]Aínda que a versión que se distribuíu durante a súa estrea en cines ten unha duración de 142 minutos, a versión orixinal completa para a televisión iugoslava ten uns 300 minutos de duración.
Premios
[editar | editar a fonte]No Festival de Cannes de 1989, Emir Kusturica gañou o premio ao mellor director, e a película foi tamén nomeada á Palma de Ouro.[1] Na 26ª edición dos premios Guldbagge en Suecia, Dom za vešanje gañou o premio á mellor película estranxeira.[2] Ademais, foi nomeada á mellor película estranxeira nos premios César de 1990 en Francia.
Ano | Cerimonia | Categoría | Galardoado | Resultado |
---|---|---|---|---|
1989 | Festival de Cannes de 1989 | Mellor director | Emir Kusturica | Gañador[3] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Festival de Cannes: Time of the Gypsies". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 1 de agosto de 2009.
- ↑ "Dom za vesanje (1989)". Swedish Film Institute. 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Premios do Festival de Cannes de 1989". festival-cannes.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2016. Consultado o 9 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Iugoslavia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 62ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dom za vešanje na IMDb (en inglés).