Saltar ao contido

Domenico Laffi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDomenico Laffi
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1636 Editar o valor en Wikidata
Savigno, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1683 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Actividade
Ocupaciónperegrino, viaxeiro, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1083065


Domenico Laffi, nado en Vedegheto (Savigno, provincia de Boloña) o 3 de agosto de 1636 e finado despois de 1683, foi un peregrino, viaxeiro e escritor de viaxes italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ordenado sacerdote, peregrinou a Santiago de Compostela polo menos en tres ocasións, nos anos 1666, 1670 e 1673, e unha a Xerusalén, nunha viaxe marítima, por Córsega, Sardeña e as costas de África, que comezou en outubro de 1678 e chegou en xaneiro de 1679. Froito desta experiencia foi a publicación en 1683 de Il Viaggio in Levante al Santo Sepolcro di N.S. G. Christo et altri luoghi di Terra Santa. Despois das súas peregrinacións a Santiago, viaxou pola Península Ibérica ata cabo Fisterra, Lisboa, Madrid e mesmo Córdoba e Granada . [1]

  • Viaggio a Ponente a San Giacomo di Galitia e Finisterrae (1673)
  • Viaggio a Levante al Santo Sepolcro di Nostro Signore Giesù Christo et altri luoghi di Terra Santa (1683)
  • Dalla tomba alla culla è un lungo passo. Viaggio da Padova ove morse il glorioso S. Antonio a Lisbona ove nacque (1691)
  1. Russo, Emilio; Caravale, Mario (ed.) (2004). Treccani - Dizionario Biografico degli Italiani (DBI) (Istituto della Enciclopedia Italiana). Vol. 63: Labroca–Laterza https://www.treccani.it/enciclopedia/domenico-laffi_(Dizionario-Biografico)/. Consultado o 2 gener 2021.  Falta o |title= (Axuda)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]