Dominique Searle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1960 Xibraltar |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade de Essex |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Pai | Jon Morgan Searle |
Premios | |
Dominique Searle, MBE, nado o 2 de abril de 1960 é un xornalista de Xibraltar, fillo do tamén xornalista Jon Morgan Searle.[1] Está casado e ten tres fillos.[2]
Biografía
[editar | editar a fonte]Searle naceu en Xibraltar, no vello St. Bernard's Hospital, onde a súa nai traballaba. Foi un dos primeiros alumnos admitidos na Bayside Comprehensive School. O seu primeiro traballo foi na cafetaría House of Sacarello.[2]
Tras o seu tempo en Bayside, Searle viaxou ao Reino Unido para estudar na Universidade de Essex, onde se formou en Literatura, e gañou un máster en Socioloxía da Literatura. Essex tamén foi onde coñeceu á súa esposa, Sattie. En 1984, a parella volveu para Xibraltar, onde Searle comezou a traballar para o Gibraltar Chronicle. En 1996, converteuse en editor do xornal, substituíndo a Francisco Cantos.[2][3]
En 2004, durante o tricentenario do Xibraltar británico,[4] Searle recibiu un MBE polo seu traballo no Chronicle.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campo de Gibraltar (ed.). "John Searle muere a la edad de 81 años" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05-07-2012. Consultado o 29-09-2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Sonia Golt (Xaneiro de 2010). Gibraltar Magazine, ed. "Dominique Searle: The Man Behind The Pen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-07-2012. Consultado o 29-09-2012.
- ↑ Gibraltar Chronicle (ed.). "Previous Editors" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20-11-2012. Consultado o 29-09-2012.
- ↑ llanito.net (ed.). "300th Anniversary of British Gibraltar". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 2012-09-29.