Jon Morgan Searle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1930 Buckfast, Devon |
Morte | 13 de marzo de 2012 Xibraltar |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade McGill |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Cónxuxe | Lina Searle |
Fillos | Dominique Searle |
Jon Morgan Searle, nado en Buckfast (Devon) o 22 de xuño de 1930 e finado en Xibraltar o 13 de marzo de 2012, foi un xornalista xibraltareño e editor do Gibraltar Chronicle. Tamén foi correspondente da axencia de noticias Reuters e do The Times de Londres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa infancia, mudouse para o Canadá despois da morte de súa nai, e foi creado por amigos da familia. Formouse en artes plásticas na Universidade McGill, no Quebec, antes de regresar ao Reino Unido, onde serviu no Royal Army Educational Corps.[1]
Durante o servizo militar, foi enviado a Xibraltar, por primeira vez, onde ensinou arte e coñeceu a súa futura esposa, Lina. A parella volveu a Inglaterra, onde Lina estudou fisioterapia en Manchester e Jon graduouse en socioloxía en Liverpool. Despois de completar os seus estudos, a parella viviu por algún tempo en Coventry, antes de regresar a Xibraltar.[1]
No Peñón, Searle traballou como oficial de xustiza e profesor na Escola St. Jago, en finais dos anos 1950. Neste momento, apareceu unha oportunidade para integrar o equipo de xornalistas do Gibraltar Chronicle, e en 1966, Searle converteuse en editor do xornal, cargo que ocupou ata 1986. Durante este tempo el tamén foi correspondente da Reuters e The Times de Londres, informando sobre Xibraltar e toda a rexión.[1]
Searle tamén actuou como secretario da Biblioteca Garrison por moitos anos. O seu fillo, Dominique tamén se fixo editor do Chronicle en 1996.[2]
Jon Searle morreu o 13 de marzo de 2012.[1]
Autobiografía
[editar | editar a fonte]- Song for a new life[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gibraltar Chronicle, ed. (2012-03-14). "Former Chronicle editor dies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-01-2013. Consultado o 30-09-2012.
- ↑ Gibraltar Chronicle (ed.). "Previous Editors" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20-11-2012. Consultado o 30-09-2012.
- ↑ This is Devon, ed. (05-05-2012). "Buckfast boy cast adrift by WWII" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14-01-2013. Consultado o 30-09-2012.