Don Drácula
Aparencia
Don Drácula | |
---|---|
Tipo | serie de manga ![]() |
Xénero artístico | comedia de terror ![]() |
Lingua | lingua xaponesa ![]() |
Autoría | |
Autor/a | Osamu Tezuka ![]() |
Publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Público obxectivo | Shōnen ![]() |
Número de | |
Partes | 3 vols. ![]() |
Obra derivada | |
Derivados
| |
[ Wikidata ] |
Don Drácula (ドン・ドラキュラ Don Dorakyura) é un manga e un anime xaponés obra de Osamu Tezuka que reinterpreta en clave de humor as aventuras do conde Drácula.
Manga
[editar | editar a fonte]O manga comezou a publicarse no Shūkan Shōnen Champion o 28 de maio de 1979 e rematou o 10 de decembro dese ano. En 1980 publicouse de forma independente en tres volumes.
Anime
[editar | editar a fonte]Tezuka Productions comezou unha versión anime do manga, estaban previstos 26 episodios pero por dificultades financeiras só se remataron 8 e no Xapón só se viron os catro primeiros, emitidos por TV Tokyo en 1982. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1985.