Saltar ao contido

Osamu Tezuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOsamu Tezuka

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 手塚 治虫 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 手塚 治 Editar o valor en Wikidata
3 de novembro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Toyonaka, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Hospital Hanzomon, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSōzen-ji Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Osaka - medicina (década de 1940–)
Instituto Kitano de Osaka
Universidade de Medicina de Nara
escola primaria de Ikeda Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, deseñador de personaxes, guionista, ilustrador, artista, escritor, animador, médico, produtor de cinema, Mangaka, produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 1988 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FillosMakoto Tezuka, Rumiko Tezuka Editar o valor en Wikidata
PaiYutaka Tezuka Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webtezukaosamu.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0856804 Allocine: 30532 Rottentomatoes: celebrity/osamu_tezuka Allmovie: p113914 Metacritic: person/osamu-tezuka TV.com: people/osamu-tezuka
Facebook: tezukaosamu.net BNE: XX1299390 Spotify: 2WLRAHXx59IXh2CwYPBFk8 iTunes: 318460342 Last fm: 手塚治虫 Musicbrainz: a809e15a-c652-49ed-a96d-bdd796905f73 Discogs: 2299499 WikiTree: 手塚-1 Find a Grave: 7738125 Genius: Osamu-tezuka Editar o valor en Wikidata

Osamu Tezuka (手塚 治虫 手塚 治?, Tezuka Osamu), nado en Toyonaka o 3 de novembro de 1928 e finado o 9 de febreiro de 1989, foi un debuxante de manga, animador, produtor, activista e doutor xaponés. É coñecido por ser o creador de Astro Boy, Kimba the White Lion e Black Jack. É a miúdo considerado o "Padriño do Anime" e o equivalente xaponés de Walt Disney, o cal foi a súa maior inspiración durante os seus anos de formación.[1] A súa prolífica obra, as súas técnicas pioneiras e as innovadoras definicións dos xéneros valéronlle os títulos de "o pai do manga", "o deus da BD"[2] e "kamisama do manga".[3] O seu corpo repousa no cemiterio do templo Souzen-ji de Kiryū, Gunma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Osamu Tezuka era o irmán máis vello dos tres fillos que tiña a familia Tezuka en Toyonaka.[4][5] O seu alcume era gashagasha-atama (gashagasha é un termo popular para sucio, e atama significa cabeza). As historias que a súa nai lle contaba de pequeno foron as que inspiraron a súa creatividade. Tezuka medrou en Takarazuka, Hyōgo e a súa nai levábao acotío ó teatro Takarazuka. A Takarazuka Revue, unha obra teatral interpretada integramente por mulleres, incluíndo os papeis masculinos, tamén tivo un grande impacto nos traballos posteriores de Tezuka, como no deseño dos vestidos dos seus personaxes. El dixo que sentía un profundo "sentimento de nostalxia" pola Takarazuka.[6]

Tezuka comezou a debuxar banda deseñada o segundo ano na escola de primaria. Arredor do quinto ano atopou un insecto chamado "Osamushi". O nome do insecto era tan semellante ó seu, que decidiu adoptalo como nome artístico. A súa compañía de animación chamouse Mushi (insecto) Production.[7] Chegou á conclusión de que podería usar o manga como un medio que o axudase a convencer á xente a coidar o mundo. Despois da segunda guerra mundial, creou o seu primeiro traballo (ós 17 anos de idade), Diary of Ma-chan e logo Shin Takarajima, que foron as primeiras obras da idade dourada do manga.[8]

  1. Tezuka Osamu Monogatari, 1992, published by Tezuka Productions.
  2. Patten, Fred (2004). Watching Anime, Reading Manga: 25 Years of Essays and Reviews. Stone Bridge Press. p. 198. ISBN 1-880656-92-2. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 09 de marzo de 2016. 
  4. Patten, Fred (2004). Watching Anime, Reading Manga: 25 Years of Essays and Reviews. Stone Bridge Press. p. 145. ISBN 1-880656-92-2. 
  5. Galbraith, Patrick W. (2009). The Otaku Encyclopedia: An Insider's Guide to the Subculture of Cool Japan. Kodansha International. pp. 220–221. ISBN 978-4-7700-3101-3. 
  6. Gravett, Paul (2004). Manga: 60 Years of Japanese Comics. Harper Design. p. 77. ISBN 1-85669-391-0. 
  7. Foster, Melanie. "Osamu Tezuka, Animation Pioneer". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 2008-02-08. 
  8. Wells, Dominic (2008-09-13). "Osamu Tezuka the master of mighty manga". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 2010-05-20.