Don Quijote (Ponteareas)
Don Quijote | |
---|---|
Localidade | Ponteareas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Don Quijote foi un periódico editado en Ponteareas entre 1921 e 1925.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 30 de abril de 1921. Dirixido por Prudencio Medal. Utilizou catro subtítulos diferentes: Quincenario de la guasa. No pertenece al trust, Quincenario satírico, Quincenario conservador e Quincenario político. De periodicidade irregular. Cesou a súa publicación en xuño de 1922 para reaparecer en xuño de 1924 con novidades no deseño (ampliación do formato e da paxinación) coma e no contido (incremento das seccións, como "Página femenina"). Constaba das seccións Menudencias, Nuestras dulcineas, Quixotescas, Xeringazos e Paliques. Publicou contos e poemas centrados na sátira de Vidales Tomé (en castelán) e en galego relatos de Rogelio Rivero, Manuel Lugrís Freire, Labarta Pose e José Fernández López, e outros asinados cos pseudónimos Xan de Pilonia, Xan d'Outeiro, Xan da Crus, Somorrostro, Farruco, Alrivraros e San Benito. Tamén publicou poemas de Rosalía de Castro e Xavier Prado Rodríguez e textos breves. Cesou definitivamente a súa publicación o 31 de agosto de 1925.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.