Donato Fuejo
Donato Fuejo Lago, nado en Vigo o 27 de outubro de 1926, é un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os estudos de Medicina nas universidades de Cádiz e Sevilla, licenciándose con Premio Extraordinario e doutorándose como especialista en pulmón e corazón. O seu pai foi un dos primeiros médicos españois que estudaron na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación Rockefeller.
Foi Xefe clínico do Hospital Universitario de la Paz e participou no primeiro transplante de corazón que se realizou en España xunto a Cristóbal Martínez Bordiú e Vital Aza.
Tivo os seus primeiros contactos coa actividade política durante a década de 1950 ao coñecer a Enrique Tierno Galván, integrándose no Partido Socialista Popular (PSP) (denominado entón Partido Socialista do Interior) e sendo un dos fundadores da Xunta Democrática. Precisamente, a convocatoria dunha rolda de prensa da Plataforma levouno a Carabanchel durante un tempo.
Nas primeiras eleccións democráticas celebradas en 1977 foi un dos tres deputados elixidos pola circunscrición electoral de Madrid na candidatura do PSP-Unidade Socialista, xunto a Tierno Galván e Raúl Morodo. Membro do Grupo Mixto do Congreso, participou de forma moi activa nas reunións e negociacións para a elaboración da Constitución Española de 1978. Despois da fusión entre o PSP e o Partido Socialista Obreiro Español, volveu ser elixido deputado, agora nas listas do PSOE pola circunscrición de Madrid na primeira e II lexislatura. Foi membro da Executiva Federal do PSOE. Foi nomeado Vicepresidente da Organización Mundial da Saúde, cargo do que dimitiu pouco tempo despois. Ocupou a presidencia da Comisión do Defensor do Pobo no Congreso dos Deputados e foi elixido vogal do Consello de Seguridade Nuclear, onde pasou a ser o seu presidente desde 1987 a 1994.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Donato Fuejo: "Tengo la garantía de que me controla el Parlamento", Diario ABC, 21 de maio de 1988, pp. 22. (en castelán).
- Entrevista con Donato Fuejo, El País, 18 de xaneiro de 2008 (en castelán).
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 24 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
- Ficha no Consello de Seguridade Nuclear.