Dores André
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 ![]() Vigo, España ![]() |
Residencia | Vigo Zaragoza San Francisco ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bailarina de ballet, deseñadora ![]() |
Período de actividade | 2004 ![]() |
Empregador | San Francisco Ballet (en) ![]() ![]() ![]() |
Profesores | María de Ávila ![]() |
Dores André Rodríguez, nada en Vigo, é unha bailarina de ballet galega. Dende o ano 2015 é prima ballerina no Ballet de San Francisco.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando tiña 11 anos comezou a practicar ballet nun estudio de Vigo. Tan só dous anos máis tarde, a mestra de ballet María de Ávila descubriuna nunha competición e recrutouna na súa escola de Zaragoza.[2][3] Con 17 anos ía competir no Premio de Lausana, pero tivo que retirarse por unha lesión na perna. Após iso, considerou estudar na universidade, pero finalmente escolleu continuar a súa carreira no ballet.[4]
Durante un curto período de tempo bailou para unha compañía de Florencia, en Italia, pero despois participou nas audicións do Ballet de San Francisco. Pasou a formar parte da compañía en 2004, solista en 2012 e bailarina principal en 2015. Ao longo da súa traxectoria foi o papel principal na Cinsenta, Myrtha en Giselle, Xulieta en Romeo e Xulieta e Olga en Onegin. Tamén participou en Bound To de Christopher Wheeldon e Hurry Up, We’re Dreaming de Justin Peck. En 2018 volveu bailar nunha gala en Zaragoza, onde se formou.[1][2]
Como deseñadora, André deseñou traxes para o Ballet Nacional de Estonia e o Ballet Idaho. En xuño de 2020 estaba a traballar nos traxes para A Bela Dormente do Ballet Real de Nova Zelandia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dores André". San Francisco Ballet. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Dores André: The Spanish Ballerina Pirouetting Her Way to Stardom". Brit + Co. 12 de xullo de 2017.
- ↑ "Dores André – Principal, San Francisco Ballet". Dancetabs. 2 de setembro de 2015.
- ↑ "Dores André". Zarely. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "San Francisco Ballet Principal Dores André Moonlights as a Costume Designer". Dance Magazine. 29 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dores André Arquivado 30 de decembro de 2022 en Wayback Machine. - Perfil no Ballet de San Francisco. (en inglés)
- Dores André e Joseph Walsh en Coppélia
- Dores André e Wei Wang en Bluebird Pas de Deux