Saltar ao contido

Dosinia lupinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dosinia lupinus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Superfamilia: Veneroidea
Familia: Veneridae
Xénero: Dosinia
Especie: D. lupinus
Nome binomial
Dosinia lupinus
(Linnaeus, 1758)[1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Arctoe nitidissima Risso, 1826
  • Arctoe parckinsonia Risso, 1826
  • Artemis modesta Reeve, 1850
  • Arthemis comta Lovén, 1846
  • Dosinia lincta Pulteney, 1799)
  • Dosinia lupinus lincta (Pulteney, 1799)
  • Venus lincta Pulteney, 1799
  • Venus lupinus Linnaeus, 1758 (orixial)

Dosinia lupinus, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, moi semellante ao reló (Dosinia exoleta), pero de menor tamaño, presente nas augas de Galicia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten unha cuncha semellante á de Dosinia exoleta, da que difire por ter un contorno un pouco máis ovalado, máis afiado no ápice, e ter a cor abrancazada brillante, ademais de por ser de menor tamaño, xa que só alcanza os 30 mm de diámetro, contra os 60 mm aos que pode chegar D. exoleta.[2]

A escultura da cuncha e a decoración son tamén semellantes aos da especie anteriormente citada.[3]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Dosinia lupinus habita nas costas do Atlántico nororienteal, desde Islandia até África occidental, e no Mediterráneo.[1]

Vive enterrada en fondos areosos da zona infralitoral, estanco citada a súa presenza en Galicia nas rías do arco Ártabro e nas de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dosinia lupunis (Linnaeus, 1758) no WoRMS. (Consultado o 04-12-2013).
  2. 2,0 2,1 Rolán e Otero (1996), p. 253.
  3. Ramonell, R. (1985), p. 121.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3.
  • Rolán, Emilio e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]