Doutrina Hallstein
A Doutrina Hallstein, en honra de Walter Hallstein, era a doutrina que rexía na política exterior da República Federal Alemá, ou RFA, (tamén denominada Alemaña Occidental) entre 1955 e 1969.
Consonte esta doutrina, a RFA tiña o dereito exclusivo de representar internacionalmente a nación alemá, e exceptuando a Unión Soviética, a RFA non estabelecía nin mantiña relacións diplomàticas con ningún estado que recoñecese a soberanía da República Democràtica alemá, RDA, tamén chamada Alemaña Oriental. Tal doutrina é directamente comparábel coa política dunha soa China da República Popular da China a respecto de Taiwán.
O primeiro país ao que se aplicou esta medida foi Iugoslavia en 1957.
A Alemaña Oriental tentou evitar estas medidas abrindo relacións diplomáticas cos países da órbita soviètica e cos estados recentemente decolonizados do Terceiro Mundo.
A doutrina non foi nunca demasiado popular, nin sequer entre os aliados occidentais da RFA, sendo finalmente abandonada coa adopción da Ostpolitik polo Chanceler Willy Brandt, que finalmente levou ao mutuo recoñecemento entre ambas dúas Alemañas.