Druída
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
Os druídas eran unha elevada clase social dentro das tribos celtas, desempeñaban funcións relixiosas, médicas e de ensino. Os privilexios dos que gozaban (non tomaban parte nas guerras e estaban exentos do pagamento dos impostos) atraían moitos rapaces da nobreza gala para tomaren o ensino necesario e convertérense en druídas. Os coñecementos transmitíanse oralmente durante unha aprendizaxe de vinte anos na que estudaban a natureza e os rituais celtas.
Historia
[editar | editar a fonte]Xulio César é a principal fonte primaria sobre os druídas, na súa obra Comentarios sobre a guerra das Galias, pero pode ser que recibise o algúns datos do filósofo estoico Posidonio, cuxo relato se confirma coas sagas irlandesas medievais temperás. A descrición de César da asemblea anual dos druidas e a elección dun archidruida ou arquidruída tamén está confirmada por unha saga irlandesa.[1]
A romanización e posteriormente o cristianismo perseguiron os druídas até que acabaron por disolver a relixión celta, da cal os druídas eran os principais depositarios.
Romanización
[editar | editar a fonte]Coa conquista romana das rexións celtas da Europa continental e das Illas Británicas, iniciouse un proceso de romanización que implicou cambios políticos, militares, culturais e relixiosos. A administración romana tendía a integrar as elites locais coa poboación indíxena procurando unha gobernanza máis efectiva, o que levou a unha certa asimilación cultural e relixiosa. Os druídas, como líderes espirituais e culturais, atopáronse en crecente desacordo coa novo orde, e foron reprimidos na Galia polos romanos baixo Tiberio (emperador entre o ano 14 e o 37) e probabelmente en Britania un pouco máis tarde.[1][2]
Impacto do cristianismo
[editar | editar a fonte]Coa chegada do cristianismo, aumentou aínda máis a presión sobre a estrutura relixiosa celta. Os druídas, cuxas prácticas e crenzas diferían substancialmente das cristiás, foron vistas como pagás e incompatíbeis coa nova fe. Isto levou a unha persecución e ao declive da súa influencia e prácticas.[3][4]
Herdanza e legado
[editar | editar a fonte]A pesar da súa desaparición como unha clase influente, a herdanza dos druídas sobrevive na cultura celta a través da mitoloxía, da literatura e das tradicións orais. En Irlanda perdieron as súas funcións sacerdotais após a chegada do cristianismo e sobreviviron como poetas, historiadores e xuíces (filid, senchaidi e brithemain). Algúns eruditos cren que os brahmanas hindús en Oriente e os druídas celtas en Occidente foron supervivencias laterais dun antigo sacerdocio indoeuropeo.[1]
Na cultura popular, os druídas son frecuentemente retratados como sabios místicos ou magos, especialmente en personaxes de bandas deseñadas como Panoramix de Asterix, e en videoxogos e literatura de fantasía, onde son asociados coa natureza, a maxia e a curación.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Descoñécese a etimoloxía da palabra "druída", mais Plinio o Vello relacionábaa co termo grego drus (aciñeira); non obstante, actualmente os historiadores cren que o máis probable é que proceda do termo celta dru-uid-es, que significa "os moi sabios".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Druid". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-01-14.
- ↑ Hutton, Ronald (2009-01-01). Blood and Mistletoe: The History of the Druids in Britain (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-14485-7.
- ↑ Harney, Lorcan (2017). "Christianising pagan worlds in conversion-era Ireland: archaeological evidence for the origins of Irish ecclesiastical sites". Proceedings of the Royal Irish Academy: Archaeology, Culture, History, Literature 117C: 103–130. ISSN 0035-8991. doi:10.3318/priac.2017.117.07.
- ↑ Murphy, Sinead (2017-11-13). "The History and Religious Practices of the Irish and Celtic Druids." (en inglés). Consultado o 2024-01-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Celtas |
- Amergin Glúingel
- Cailleach
- Eisteddfod
- Neopaganismo celta
- Romanización
- Romanización de Galiza
- Xulio César
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Druidas - Celtiberia.net (en castelán)