Esta é unha listaxe extensa dos espectáculos destacados producidos e representados pola Druid Theatre Company ó longo de corenta e catro anos. Sen embargo, algúns espectáculos foron omitidos.[5]
- Conversations on a Homecoming, de Tom Murphy. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e protagonizada por Paul Brennan, Jane Brennan e Marie Mullan. (1985).
- Bailegangaire, de Tom Murphy. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Siobhán McKenna, Marie Mullan, Mary McEvoy (1985).
- At the Black Pig's Dyke, de Vincent Woods. Estrea mundial (1992), dirixida por Maeliosa Stafford.
- The Beauty Queen of Leenane (A raíña da beleza de Leenane), de Martin McDonagh. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Anna Manahan, Marie Mullen, Tom Murphy e Brian F. O'Byrne (1996).
- The Lonesome West, de Martin McDonagh. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Brian F. O'Byrne, Dawn Bradfield e Maeliosa Stafford (1997).
- A Skull in Connemara, de Martin McDonagh. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Mick Lally, Anna Manahan, Brian F. O'Byrne (1997).
- On Raftery’s Hill, de Marina Carr. Estrea mundial (2000).
- Sive, de John B. Keane. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Anna Manahan, Derbhle Crotty, Ruth Bradley, Eamon Morrissey (2002).
- The Playboy of the Western World, de John Millington Synge. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Cillian Murphy, Anne-Marie Duff, Aisling O'Sullivan, Eamon Morrissey (2004).
- DruidSynge, obras de John Millington Synge. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Aaron Monaghan, Marie Mullen, Catherine Walsh, Eamon Morrissey (2005).
- The Walworth Farce, de Enda Walsh. Estrea mundial, dirixida por Mikel Murfi e interpretada por Aaron Monaghan, Garrett Lombard, Denis Conway (2007).
- My Brilliant Divorce, de Geraldine Aron. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Deirdre O’Kane (2007).
- The Cripple of Inishmaan, de Martin McDonagh. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Aaron Monaghan e Marie Mullen (2008).
- The Gigli Concert, de Tom Murphy. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Denis Conway, Eileen Walsh (2009).
- The New Electric Ballroom, de Enda Walsh. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Rosaleen Linehan, Catherine Walsh, Mikel Murfi (2009).
- Penelope, de Enda Walsh. Estrea mundial, dirixida por Mikel Murfi e interpretada por Aaron Monaghan, Denis Conway, Karl Shiels, Niall Buggy (2010).
- The Silver Tassie, de Sean O'Casey. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Aaron Monaghan, Derbhle Crotty, John Olohan, Eamon Morrissey (2010).
- Big Maggie, de John B. Keane. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Aisling O'Sullivan, Keith Duffy, John Olohan, Charlie Murphy, Sarah Greene. (2011).
- DruidMurphy: Conversations on a Homecoming, A Whistle in the Dark, Famine; de Tom Murphy. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Aaron Monaghan, Marty Rea, Marie Mullen, Garrett Lombard, Rory Nolan, John Olohan, Eileen Walsh, Niall Buggy, Sarah Greene, Gavin Drea (2012).
- The Colleen Bawn, de Dion Boucicault. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Aaron Monaghan, Marie Mullen, Marty Rea, Aisling O'Sullivan, Rory Nolan (2013).
- Be Infants in Evil, de Brian Martin. Estrea mundial presenteda como parte dun programa dobre con Bailegangaire, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marty Rea (2014).
- Brigit, de Tom Murphy. Estrea mundial, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marie Mullen, Catherine Walsh, Aisling O'Sullivan, Marty rea, Jane Brennan, (2014).
- DruidShakespeare: Richard II, Henry IV Part 1, Henry IV Part 2, Henry V, de William Shakespeare, adaptadas por Mark O'Rowe (2015). dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marty Rea, Marie Mullen, Aisling O'Sullivan, Derbhle Crotty, Aaron Monaghan, Rory Nolan, Garrett Lombard, John Olohan, Gavin Drea.
- Helen and I, by Meadhbh McHugh. Estrea mundial, dirixida por Annabelle Comyn e interpretada por Cathy Belton eRebecca O'Mara.
- The Beauty Queen of Leenane, de Martin McDonagh. Twentieth anniversary revival, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marie Mullen, Aisling O'Sullivan, Marty Rea, Aaron Monaghan (2016)
- Waiting for Godot, de Samuel Beckett, dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marty Rea, Aaron Monaghan, Rory Nolan and Garrett Lombard.
- Crestfall, de Mark O'Rowe. Dirixida por Annabelle Comyn e interpretada por Siobhán Cullen, Kate Stanley Brennan e Amy McElhatton (2017).
- King of the Castle, de Eugene McCabe. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marty Rea, John Olohan, Seán McGinley (2017).
- Sive, de John B. Keane. dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marie Mullen, Tommy Tiernan (2018).
- Furniture, de Sonya Kelly. World premiere, dirixida por Cathal Cleary e interpretada por Aisling O'Sullivan, Rebecca O'Mara, Garrett Lombard, Niall Buggy (2018).
- Shelter, de Cristín Kehoe. Estrea mundial, dirixida por Oonagh Murphy e interpretada por Aaron Monaghan, Rory Nolan (2018).
- DruidShakespeare: Richard III, de William Shakespeare. Dirixida por Garry Hynes e interpretada por Marty Rea, Aaron Monaghan, Garrett Lombard, Jane Brennan, Rory Nolan (2018).
Garry Hynes volveu á Druid Theatre Company como directora artística no 1995, despois de rematada a súa etapa no Abbey Theatre (directora artística, 1991–1994). Foi neste tempo que Hynes e a súa colega Anne Butler leron A Raíña a Beleza de Leenane (https://gl.wikipedia.org/wiki/A_ra%C3%AD%C3%B1a_da_beleza_de_Leenane) —un texto enviado por un autor descoñecido chamado Martin McDonagh. (https://gl.wikipedia.org/wiki/Martin_McDonagh) Uns meses despois, o 1 de febreiro do 1996, a obra de McDonagh's tivo a súa estrea mundial no renovado Town Hall Theatre, Galway, en coprodución do Druid e mais do Royal Court Theatre, London. Dirixida porHynes, o reparto estaba formado por catro intérpretes: A fundadora do Druid Marie Mullen como Maureen Foley; Anna Manahan como a súa nai anciá Mag; Brian F. O'Byrne como Ray Dooley; e Tom Murphy comoPato Dooley. A resposta, quer de crítica como de público foi inmediata e extraordinariamente positiva. Como subliñaba the Sunday Times o 10 de marzo do 1996, A Raíña da Beleza de Leenane" foi "unha das estreas máis impresionantes en anos ref>"Raíña da Beleza de Leenane 1996 -Estrea mundial, xira irlandesa e Londres - website archive - Druid Theatre Company, Galway, Ireland". </ref>
O espectáculo xirou por Irlanda antes de mudarse ó Royal Court Theatre, Londres, o 24 de febreiro do 1996. Seguindo o seu camiño aclamado pola crítica, o espectáculo volveu a Irlanda onde fixo unha ampla xira nacional, antes de voltar, outra vez, a Londres, ó West End onde foi representada no Duke of York's Theatre durante varios meses, comezando no 29 de novembro do1996. Logo foi nominado nos Olivier Awards de 1996 para Play of the Year. En febreiro do 1998, o espectáculo foi estreado en America off-Broadway no Linda Gross Theater, en co-producción ca Atlantic Theater Company,[6] antes de se mudar a Broadway's Walter Kerr Theatre o 23 de abril do 1998.[7]
Despois, A Raíña da Beleza de Leenane obtivo seis candidaturas ós 52nd Tony Awards: Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Actriz, Mellor Actriz Secundaria , así como dúas candidaturas a Mellor Actor Secundario. Na cerimonia do 7 de xuño, o espectáculo gañou catro premios: Mellor Actriz (Marie Mullen); Mellor Actriz Secundaria (Anna Manahan); Mellor Actor Secundario (Tom Murphy); e Mellor Dirección para Garry Hynes—un premio histórico, porque Hynes foi a primeira muller en recibir un Tony Award por Dirección.
Ademais, a primeira posta en escena do Druid Theatre recibiu Drama Desk Award do 1998 ó Espectáculo Destacado; o Drama League Award ó Mellor Espectáculo; o Outer Critics Circle Award ó Mellor Espectáculo de Broadway; e mais o Lucille Lortel Awards ó Espectáculo Destacado e Dirección Destacada.[8] Dende entón, a Raíña da Beleza de Leenane foi representada por todo o mundo en diferentes idiomas, pero, para moita xente, a versión orixinal do Druid segue sendo a máis acertada.[9]
No 2016, para celebrar o 20 aniversario deste espectáculo icónico, Druid repuxo A Raíña da Beleza de Leenane con Marie Mullen. Se na primeira montaxe interpretara a Maureen, Mullen agora interpretaba o papel de Mag. Neste espectáculo participaban tamén os membros do elenco do Druid Aisling O'Sullivan (Maureen), Marty Rea e Aaron Monaghan. Nos Irish Theatre Awards do Irish Times dese ano, Hynes gañou o premio a Mellor Dirección mentres Mullen e O'Sullivan obtiñan cadansúa candidatura Mellor Actriz.[10]
No verán do 2005, Druid presentou a primeira posta en escena do catálogo teatral ó completo de John Millington Synge—Riders to the Sea; The Tinker's Wedding; The Well of the Saints'; In the Shadow of the Glen; The Playboy of the Western World; e Deirdre of the Sorrows que estaba sen rematar cando Synge morreu. Cualificada polo The Irish Times como "un dos máis grandes logros da historia do teatro irlandés" ref>"Bringing death to vivid life". </ref> esta representación conxunta das seis pezas foi representada en series de programas dobres durante dous ou tres días.
O DruidSynge foi estreado no Galway Arts Festival do 2005, no Town Hall Theatre no sábado 16 de xullo, seguiron representacións no Olympia Theatre de Dublín e mais o Edinburgh International Festival antes de pechar as actuación do 2005 cunha semana de actuacións nas Illas de Aran Inis Meain nunha serie de localizacións que inclúen unha ó aire libre en Dun Chonchur (unha gran fortaleza circular).[11]
Existe dende 1980 unha forte relación de traballo entre o Druid e o autor irlandés Tom Murphy. No 1985, Druid realizou a estrea mundial de Conversations on a Homecoming e de Bailegangaire—consideradas as mellores obras de Murphy.[12]
No novembro do 2011, Garry Hynes anunciou o segunte espectáculo de gran formato da compañía que se chamaría DruidMurphy—tres obras de Tom Murphy presentadas como unha triloxía. Este acontecemento teatral seria coproducido polo Druid, NUI Galway, o Galway Arts Festival, Lincoln Center Festival de New York City, e maiso Quinnipiac University de Hamden, Connecticut onde reside a maior colección de arte, obxectos e material impreso relacionado ca Great Irish Famine. Aínda que Murphy non escribiu estas obras expresamente como unha triloxía Conversations on a Homecoming (1985), A Whistle in the Dark (1961) e Famine (1968), a idea do Druid pretendía conectalas temáticamente para ofrecer unha ollada luminosa e "valente sobre o impacto da emigración na psicoloxía irlandesa no período dun cento de anos".[13] Como subliñou Garry Hynes: "Murphy escribe unha historia íntima de Irlanda, un país que agora- ca presión da crise da débeda que deviu en crise de identidade - re-examina os materiais e as estratexias retóricas sobre as que se fixo."[14]
DruidMurphy foi estreada no Galway Arts Festival do 2012. Despois do festival, a triloxía fixo unha xira extensa por Irlanda–sendo representada en Cork, Limerick, Waterford, Tuam, Dublin, Inis Mor e Inis Meain nas Aran Islands, antes de presentarse no Oxford Playhouse, e logo no Hampstead Theatre de Londres, the Lincoln Center Festival de New York City, e o Kennedy Center for the Performing Arts de Washington, D.C.[15] As tres foron dirixidas por Garry Hynes cun elenco de dezaseis intérpretes no que se atopaban actores e actrices recorrentes nos espectáculos do Druid como Marie Mullen, Aaron Monaghan, Garrett Lombard, Rory Nolan, Marty Rea, Gavin Drea, Eileen Walsh and John Olohan. A triloxía podía ser vista separadamente en tres días consecutivos, ou como unha sesión única nun só día que duraba arredor das nove horas .[15]
Este acontecemento teatral gañou o premio de Mellor Espectáculo do 2012 nos Irish Theatre Awards do Irish Times e foi amplamente aclamado pola crítica, sendo louvado polo The New York Times como unha "produción teatral épica".[16] DruidMurphy dominaron as categorías de intérpretes con seis candidaturas. Marty Rea, Gavin Drea e Eileen Walsh foron candidatas a Mellor Actor, Mellor Actor Secundario e Mellor Actriz respectivamente polas súas interpretacións en A Whistle in the Dark. Garrett Lombard, Aaron Monaghan e Marie Mullen foron candidatas a Mellor Actor, Mellor Actor Secundario e Mellor Actriz secundaria respectivamente.[17]
No 2014, para celebrar o 40 aniversario da fundación da compañía Druid Theatre, Garry Hynes anunciou a súa intención de dirixir catro das obras históricas de William Shakespeare, comunmente denominadas often por xunto como The Henriad: Richard II; Henry IV, Parte 1; Henry IV, Parte 2; e mais Henry V. Para adaptar estas obras históricas, Hynes convocou ó autor irlandés Mark O'Rowe con quen xa traballara anteriormente cando dirixiu a estrea mundial da súa obra Crestfall no Gate Theatre no 2003.
En marzo do 2015 na presentación pública do DruidShakespeare, Hynes deu a súa opinión de que "actuar é, primeiro e sobre todo, un acto de imaxinación. Esa imaxinación transcende nacionalidade, carácter, xeografía, experiencia; e non vexo por que non había transcender tamén o xénero."Ca decisión do Druid de non fixarse no xénero, os papeis do Rei Ricardo II, do rei Henrique IV e do rei Henrique V foron interpretados por un actor e dúas actrices: Actor e actrices do elenco do Druid Marty Rea, Derbhle Crotty e Aisling O’Sullivan respectivamente.[18]
DruidShakespeare foi estreada no teatro do Druid, o Mick Lally Theatre, preferido sobre o Galway’s Town Hall Theatre— a primeira das grandes producións do Druid. O espectáculo foi cualificado como "unha maratón fascinante"[19] polo The New York Times, o espectáculo duraba algo máis das seis horas e foi vista tanto como unha representación completa nun só día ou dividida en dúas partes en días consecutivos, cun elenco de trece actores—constituído por artistas recorrentes no Druid—interpretando máis de cincuenta personaxes ó longo das catro pezas. Despois xirou por Irlanda antes de ir ó Gerald W. Lynch Theatre de Nova Iorque, de onde tornou a Irlanda onde pechou a programacións do Kilkenny Arts Festival no 2015.
O espectáculo foi aclamado pola crítica, con Peter Crawley do The Irish Times declarando que "[t]non hai nada tan fermoso nin tortuoso como o trono de Inglaterra que vemos nesta extraordinaria posta en escena do Druid".[20] DruidShakespeare dominou os Irish Theatre Awards do The Irish Times do ano 2015 onde gañou Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Actriz (Derbhle Crotty), Mellor Actor (Marty Rea), Mellor Vestiario, e foi candidata a Mellor Actriz (Aisling O’Sullivan), Mellor Actor Secundario (Rory Nolan), Mellor Escenografía, Mellor Son, e a candidatura ó Premio Especial do Xurado pola maneira na que a compañía conseguiu que un grupo de actores traballaran como un elenco compacto, "o ramo deste fenómeno tan extraordinario que é DruidShakespeare."[21]
Druid representou DruidShakespeare: Richard III no 2018, unha continuación do seu Ciclo dos Henriques, que foi coproducida co Abbey Theatre, Dublin. Foi estreada o 22 de setembro no Town Hall Theatre, de Galway antes de presentalo no Abbey Theatre onde estivo entre 3–27 de outubro.[22] No xaneiro do 2019, a lista dos Irish Theatre Awards do The Irish Times anunciou que o espectáculo Richard III do Druid fora recoñecido como Mellor Espectáculo, Mellor Dirección (Garry Hynes), Mellor Actor (Aaron Monaghan), Mellor Escenografía, e Mellor Vestiario. Os gañadores serán proclamados o 31 de marzo.[23]
- ↑ http://www.irishtheatre.ie/companies/30028/druid.
- ↑ www.druid.ie (en inglés) http://www.druid.ie/about/about-druid.
- ↑ http://www.druid.ie/the-mick-lally-theatre/about-the-theatre.
- ↑ http://www.druid.ie/about/the-druids/the-druid-ensemble.
- ↑ "Previous Productions - Druid Theatre".
- ↑ Modelo:Iobdb title
- ↑ Modelo:Ibdb title
- ↑ Infoplease. Sandbox Networks, Inc. Retrieved 10 May 2006.
- ↑ Como apunta Garry Hynes' no adro do programa da montaxe da Raíña da Beleza de Leenane do 2016, p.2-3.
- ↑ "Success at Irish Times Irish Theatre Awards 2017 - Druid Theatre".
- ↑ "Welcome to the DRUID Theatre Company".
- ↑ Troupe, Shelley (2016). "From Druid/Murphy to DruidMurphy". The Oxford Handbook of Modern Irish Theatre. doi:10.1093/oxfordhb/9780198706137.013.26.
- ↑ "Irish Theatre Magazine | Reviews | Current | DruidMurphy".
- ↑ "The life and soul of the diaspora". 2012-09-06.
- ↑ 15,0 15,1 "DruidMurphy – Plays by Tom Murphy - website archive - Druid Theatre Company, Galway, Ireland".
- ↑ "DruidMurphy: Conversations on a Homecoming, A Whistle in the Dark - Druid Theatre".
- ↑ "The best of Irish theatre: This year's nominees".
- ↑ "RTÉ Player".
- ↑ Brantley, Ben (2015-07-19). "Review: 'DruidShakespeare: The History Plays' is Complete with a Crown Fit for Many Kings". The New York Times.
- ↑ "DruidShakespeare: Richard III review – Striking, intoxicating, disturbing".
- ↑ "Irish Times Irish Theatre Awards: And the nominees are . .".
- ↑ "DruidShakespeare: Richard III".
- ↑ "Irish Times Theatre Awards 2018 – Winners". 2018-02-26.
|
|
|
|