Saltar ao contido

Dubravka Ugrešić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDubravka Ugrešić

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata
Kutina (República Federal Socialista de Iugoslavia) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 2023 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónPrograma Internacional de Escritura
Universidade de Zagreb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, actividade tradutora e ensaio Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutora, escritora, membro da resistencia, guionista, profesora universitaria, escritora de literatura infantil, escritora de non ficción, novelista, ensaísta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zagreb Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon, (p.542–544) >>>:Ugrešić, Dubravka Editar o valor en Wikidata
Sitio webdubravkaugresic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0880111 BNE: XX1652342 Editar o valor en Wikidata

Dubravka Ugrešić, nada en Kutina, Iugoslavia, o 27 de marzo de 1949 e finada en Ámsterdam o 17 de marzo de 2023, foi unha destacada escritora de orixe croata[1] que viviu nos Países Baixos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ugrešić naceu en 1949 en Kutina (Croacia, entón Iugoslavia). Estudou Literatura comparada e Lingua e Literatura rusa na Universidade de Zagreb, compaxinando os seus estudos coa súa actividade como escritora.[2]

A súa novela máis coñecida na antiga Iugoslavia foi Štefica Cvek u raljama života (Estefi nas fauces da vida), unha irónica novela posmodernista que xoga libremente cos clichés e os estereotipos da literatura e a cultura triviais. A novela foi un éxito inmediato e foi levada ao cine en 1984 baixo o título U raljama života, película dirixida por Rajko Grlić. En 1989, Ugrešić uniuse á Asociación para unha Iniciativa Democrática de Iugoslavia, un partido político marxinal que se opuña á independencia de Croacia.

En 1991, co estalido da guerra na antiga Iugoslavia, Ugrešić tomou unha firme postura antibelicista e antinacionalista. Escribiu criticando duramente o nacionalismo (tanto croata como serbio), a estupidez e a criminalidade da guerra; e pronto se converteu en branco dos medios de comunicación nacionalistas croatas, que a catalogaron como "traidora", "inimigo público" e "bruxa".[2]

Por estes motivos, abandonou Croacia en 1993 e continuou escribindo no exilio.[3] A súa escritura foi descrita como accesíbel, intelixente, innovadora e cunha forte carga política e emocional.

Ugrešić viviu en Ámsterdam como escritora independente. De cando en vez daba clases en universidades americanas e europeas, e ocasionalmente escribía para algúns xornais e revistas literarias europeas.

Non ten obra traducida ao galego.

Recibiu varios premios literarios e o recoñecemento internacional polos seus escritos. Na ex Iugoslavia foi galardoada cos premios NIN, Meša Selimović e K.Š. Gjalski entre outros. Tamén recibiu os seguintes premios internacionais:

  1. Postcards from Europe: Dubravka Ugrešić as a Transnational Public Intellectual, or Life Writing in Fragments[1]
  2. 2,0 2,1 Official website «Short Bio Arquivado 18 de outubro de 2007 en Wayback Machine
  3. Editorial Anagrama «Dubravka Ugresic»