Saltar ao contido

Duke Erikson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDuke Erikson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Lyons, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónWayne State College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical, guionista, guitarrista, cantante, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo, guitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGeffen Records Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1275501 Musicbrainz: 1eac2b4a-ec7c-4a10-9eaa-b3fb145b052b Songkick: 3666131 Discogs: 60047 Allmusic: mn0001783910 Editar o valor en Wikidata

Douglas Elwin Erikson, nado en Nebrasca o 15 de xaneiro de 1953, é un compositor, produtor e multiinstrmentista estadounidense coñecido por ser fundador e guitarrista da banda de rock alternativo Garbage. Antes de crear Garbage, Erikson foi membro dos grupos Spooner e Fire Town.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos formou a súa primeira banda, The British. Erikson estudou historia da arte, e pagou os seus estudos facendo numerosos traballos, como carpinteiro ou condutor de camións.

En 1979, a banda de Erikson, Spooner, na cal era o cantante e principal compositor, editou un EP con catro cancións que a converteu nunha das bandas máis populares da rexión. Dous álbums seguiron a ese EP, Every Corner Dance e Wildest Dreams, distribuído por todo o país. En 1987 Duke e Butch Vig, con Phil Davis como cantante, crearon a banda Firetown. Firetown publicou dous álbums e seis sinxelos nun moi curto período de tempo, á parte dun vídeo para o sinxelo "Carry The Torch", pero separáronse en 1989.

Nese momento, o sinxelo de Spooner "Mean Old World" chegou ao número un en Madison, de onde proviña, o cal axudou a que a banda se unise outra vez. Un novo traballo, Fugitive Dance, apareceu seguido dunha xira, antes de que a banda se separase en 1993. Nese tempo Butch Vig xa se fixera un nome como produtor musical.

En 1994, Duke Erikson formou Garbage xunto a Shirley Manson, Butch Vig e Steve Marker.